Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Química  »  Información da Materia

G1041108 - Matemáticas II (Formación Básica Transversal) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Matemática Aplicada
  • Áreas: Matemática Aplicada
  • Centro: Facultade de Química
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
BURGUERA GONZALEZ, MARGARITA.NON
Irago Baúlde, Hipolito.NON
MUÑOZ SOLA, RAFAEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_06OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_07HorariosClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_08HorariosClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_05HorariosClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_06HorariosClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    1) Introducir ao/á alumno/a no cálculo integral de funcións de varias variables e na resolución de ecuacións diferenciais, de xeito que domine as técnicas básicas de resolución dos problemas propostos.

    2) Coñecer e saber empregar os conceptos básicos dos diversos temas estudados na clase tendo en conta a súa relación con problemas reais e, asemade, con outras materias da titulación.

    3) Esbozar algúns métodos básicos de resolución aproximada de ecuacións diferenciais.

    4) Introducir ao/á alumno/a no manexo do software MATLAB como apoio ás clases teóricas.

    Contidos
    1) Complementos de cálculo integral nunha variable: integrais impropias.

    2) Cálculo integral de funcións de varias variables e aplicacións.
    a. Integral dobre sobre un rectángulo. Propiedades. Integración iterada. Teorema de Fubini. Integral dobre sobre conxuntos máis xerais.
    b. Integral triple.
    c. Cambio de variable en integrais dobres e triples a coordenadas polares, cilíndricas e esféricas.
    d. Aplicacións da integral múltiple: cálculo de áreas e volumes.

    3) Ecuacións Diferenciais e a súa aplicación ó modelado de procesos químicos.
    a. Introdución ás ecuacións diferenciais ordinarias (EDO). EDO de primeira orde en variables separadas e lineais. Aplicación á resolución de problemas de reaccións químicas de primeira e segunda orde. Introdución á resolución aproximada de ecuacións diferenciais.
    b. Ecuacións diferenciais lineais de segunda orde: Resolución de ecuacións lineais con coeficientes constantes. Método de coeficientes indeterminados. Partícula nun pozo unidimensional.
    c. Transformada de Laplace e a súa aplicación á resolución de ecuacións diferenciais e sistemas de ecuacións diferenciais lineais. Sistemas de ecuacións diferenciais lineais en cinética química. Introdución á transformada de Fourier.
    d. Introdución ás ecuacións en derivadas parciais: : ecuación de ondas e ecuación de Schrödinger. Método de separación de variables. Introdución ás series de Fourier.

    4) Prácticas de Matlab aplicadas aos contidos da materia.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía Básica:
    - E. Steiner. “Matemáticas para las ciencias aplicadas”. Reverté. 2005.
    - Apuntes elaborados polos profesores da materia e proporcionados aos/ás alumnos/as.

    Bibliografía Complementaria:
    - George B. Thomas. “Cálculo", Vol.2: Varias variables. Pearson- Addison-Wesley Iberoamericana. 2006.
    - R. Kent Nagle, Edward B. Saff, Arthur David Snider. “Ecuaciones diferenciales y problemas con valores en la frontera”. Pearson, 2005.
    - César Pérez López. “MATLAB y sus aplicaciones en las Ciencias y la Ingeniería”. Prentice Hall. 2007.

    Competencias
    1) Ter destreza no cálculo de integrais. Coñecer as aplicacións das integrais ó cálculo de áreas e volumes.

    2) Adquirir a capacidade de resolver ecuacións diferenciais ordinarias elementais, con especial énfase no caso linear, e de aplicalas ao modelado matemático de procesos fisicoquímicos.

    3) Comprender a necesidade de empregar métodos numéricos para a resolución aproximada das ecuacións diferenciais cando non se poidan resolver de maneira exacta.

    4) Relacionar os problemas modelados mediante ecuacións diferenciais co estudado noutras materias da titulación.

    5) Adquirir destreza no manexo do software matemático Matlab con vistas a practicar de xeito informático as habilidades acadadas nas clases teóricas.

    6) Adquirir os fundamentos matemáticos necesarios para poder entender aqueles aspectos da Física e da Química que non son meramente conceptuais e que necesitan destas ferramentas operativas para a dedución das relacións entre as variables e as funcións físicoquímicas que aparecen principalmente nos módulos de Física, Química Física e Enxeñería Química.

    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía da ensinanza comprenderá as seguintes actividades formativas:

    Clases expositivas (CE): O profesor impartirá contidos teóricos, problemas ou exemplos xerais, para o cal pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos. O profesor usará como texto base o libro da sección “bibliografía básica”.

    Clases interactivas en grupo reducido (CIR): Clase teórico/práctica na que se propoñen, e os/as estudantes resolven, aplicacións da teoría, problemas, exercicios… O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos. O profesor publicará na páxina virtual da materia boletíns de problemas de cada tema; os/as estudantes resolverán nestas clases os de especial interese. O profesor pode propoñer a realización dun pequeno traballo para a súa exposición na clase.

    Clases interactivas con ordenador en grupo reducido (CIO): Os/as estudantes utilizarán o ordenador na Aula de Informática da Facultade. Empregarase o código Matlab. O profesor publicará na páxina virtual da materia os contidos de cada práctica; en cada práctica de ordenador, o profesor explicará ao/á alumno/a, sobre exemplos concretos, os comandos de Matlab precisos para a resolución dos problemas plantexados na mesma. O profesor pedirá a entrega da resolución dalgúns problemas análogos aos abordados nas prácticas para a súa posterior corrección.

    Titorías de pizarra en grupo moi reducido (T): supervisaranse os traballo dirixidos, aclararanse dúbidas sobre a teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas, presentacións, exposicións, debates ou comentarios de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos.

    Titorías: Os profesores están á disposición dos/das estudantes no horario de titorías que a universidade publica convenientemente para resolver calquera cuestión relacionada coa materia.

    Sistema de evaluación
    O/a alumno/a ten dereito a unha convocatoria que consta de dúas oportunidades.

    A asistencia ás clases de pizarra en grupo reducido (seminarios), ás tutorías e ás prácticas de ordenador é obrigatoria. O/a alumno/a non terá dereito a presentarse ao exame en ningunha das dúas oportunidades se non asistiu polo menos ao 80% das clases presenciais de carácter obrigatorio. A asistencia controlarase pasando follas de firmas nas clases interactivas. O/a alumno/a non será avaliable (non presentado) cando non teña asistido a ningunha clase interactiva.

    A cualificación na primeira e na segunda oportunidades farase mediante a avaliación continua e a realización dun exame final. A cualificación final numérica do/da alumno/a será o máximo das seguintes notas: a nota do exame final, e a obtida ponderando esta última coa avaliación continua, dándolle a esta última un peso do 30%.

    A avaliación continua comprenderá o seguimento do traballo persoal do/da estudante por medio de dalgunhas das seguintes actividades:

    1) Participación construtiva do/da estudante na aula.
    2) Exercicios entregados relativos ás prácticas de ordenador.
    3) Control da primeira metade da materia.
    4) Traballos realizados.


    A nota final numérica calcularase da seguinte forma:

    Nota final numérica = Máximo { Nota A , 0.7xNota A+0.3xNota B },

    onde

    Nota A é a nota do exame (sobre 10);
    Nota B é a nota da avaliación continua (sobre 10); para a Nota B teranse en conta:

    Seminarios (50%)
    Prácticas de ordenador (40%)
    Titorías (10%).

    O/a alumno/a que obteña unha cualificación de suspenso na primeira oportunidade, se se presenta á segunda terá como cualificación o máximo das dúas notas finais obtidas.

    Ao efecto exclusivo da concesión da cualificación de Matrícula de Honra terase en conta non só a nota final numérica senón tamén criterios obxectivos relacionados coa avaliación continua.


    SISTEMA DE AVALIACIÓN DO ALUMNADO REPETIDOR:

    Todos/as os/as alumnos/as repetidores/as deberán someterse ao mesmo réxime do alumnado ordinario.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas de clase: 32 (CE)+ 12(CIR) + 6(CIO) +1 (T) .

    Horas de estudio: 75

    Horas de realización do examen final: 4

    Tempo de preparación do exame: 20

    Total de horas de traballo: 150

    Recomendacións para o estudo da materia
    1) Asistencia ás clases expositivas da materia.

    2) Dedicar ao estudio da materia un tempo regularmente distribuído ao longo do cuadrimestre.

    3) Unha vez finalizado o estudo dun tema, é útil facer un resumo dos procedementos importantes de cálculo, resaltando as fórmulas básicas que se deben recordar.

    4) Comprobar o grado de asimilación dos conceptos e de adquisición das técnicas básicas de cálculo resolvendo os exercicios propostos na clase e nos boletíns de problemas.

    5) Facer uso do horario de titorías.