G1041110 - Química Xeral IV (Química Xeral) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 7.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Química Orgánica
- Áreas: Química Orgánica
- Centro: Facultade de Química
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia• Coñecer as bases estructurais da Química Orgánica.
• Coñecer os principios básicos da estereoquímica.
• Comprender os principios básicos da reactividade orgánica.
• Adquirir coñecementos básicos sobre a química da vida.
• Adquirir nocións básicas de Química Nuclear.
ContidosPARTE TEÓRICA DA MATERIA.
Tema 1.- ESTRUCTURA DOS COMPOSTOS ORGÁNICOS.
1. Introducción ós compostos orgánicos e as súas estructuras.
2. Alcanos.
3. Cicloalcanos.
4. Estereoisomería nos compostos orgánicos.
5. Alquenos e alquinos.
6. Hidrocarburos aromáticos.
7. Grupos funcionais nos compostos orgánicos.
8. Da fórmula molecular á estructura molecular.
Tema 2.- REACCIÓNS DOS COMPOSTOS ORGÁNICOS.
1. Introducción ás reaccións orgánicas.
2. Reacción SN2.
3. Introducción ás reaccións de eliminación.
4. Reaccións dos alcois.
5. Introducción ás reaccións de adición: reaccións dos alquenos.
6. Sustitución electrófila aromática.
7. Reaccións dos alcanos.
8. Polímeros e reaccións de polimerización.
9. Síntese de compostos orgánicos.
Tema 3.- QUÍMICA DOS SERES VIVOS.
1. Estructura química da materia viva. Unha visión panorámica.
2. Lípidos.
3. Hidratos de carbono.
4. Proteínas.
5. Aspectos do metabolismo.
6. Ácidos nucleicos.
Tema 4.- QUÍMICA NUCLEAR
1. A radioactividade.
2. Estado natural dos isótopos radioactivos.
3. Reaccións nucleares e radioactividade inducida artificialmente.
4. Elementos transuránicos.
5. Velocidade de desintegración radioactiva.
6. Enerxías implicadas nas reaccións nucleares.
7. Estabilidade nuclear.
8. Fisión nuclear.
9. Fusión nuclear.
10. Efecto da radiación sobre a materia.
11. Aplicacións dos radioisótopos.
PARTE EXPERIMENTAL DA MATERIA.
Práctica 1. Seguridade no Laboratorio de Química. Material de Laboratorio. Introducción ás Técnicas de Laboratorio.
Práctica 2. Extracción Líquido-Líquido. Cristalización.
Práctica 3. Técnicas Cromatográficas: Cromatografía en Columna e Cromatografía en Capa Fina.
Práctica 4. Preparación de Polímeros de Adición e Condensación: Poliestireno e Poliamida (Nylon 6,6).
Práctica 5. Esterificación polo método de Fischer: Preparación do Acetato de Etilo.
Práctica 6. Hidrólise de Ésteres: Obtención do Xabón.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRÁFÍA BÁSICA.
- QUÍMICA GENERAL, 10ª edición. Ralph H. Petrucci, William S. Harwood y F. Geoffrey Herring. Pearson Educación, S.A. Madrid, 2011.
BIBLIOGRÁFÍA COMPLEMENTARIA.
Bibliografía de prácticas:
• Martínez Grau, Ma Á. y Csákÿ, A. G., Técnicas experimentales en síntesis orgánica, Ed. Síntesis, Madrid, 2001-2008.
• L.M. Harwood y C. J. Moody “Experimental Organic Chemistry” Ed. Blackwell Scientific Publications.
• Material didáctico da Universidade de Barcelona: “Operaciones básicas en el laboratorio de Química”: http://www.ub.edu/oblq
• Material didáctico da Universidade Complutense de Madrid: http://wn.com/ucomplutensemadrid
A MATERIA CONTA UNHA PÁXINA NO CAMPUS VIRTUAL DA USC
CompetenciasCompetencias xerais.
• Manexar os conceptos, métodos e resultados básicos de Química Nuclear, Química Orgánica e Productos Naturais.
• Ser capaz de realizar operacións básicas de Química Orgánica de forma precisa e reflectir os resultados obtidos e a súa análise de forma ordeada nun caderno de laboratorio.
Competencias específicas.
• Adquirir coñecementos básicos de Química Nuclear.
• Adquirir unha compresión adecuada das bases estructurais dos compostos orgánicos, incluindo o coñecemento dos grupos funcionais máis importantes.
• Adquirir unha comprensión básica da estereoquímica orgánica e do manexo de modelos moleculares.
• Coñecer as reaccións básicas máis importantes da Química Orgánica.
• Adquirir un coñecemento básico da estructura dos compostos orgánicos naturais máis importantes: azúcares, ácidos nucleicos, aminoácidos, proteínas e ácidos grasos.
Competencias transversais.
• Ser capaz de traballar en grupo tanto na resolución como na discusión de problemas.
Metodoloxía da ensinanza I) ACTIVIDADES DOCENTES PRESENCIAIS: consistirán en clases expositivas, clases interactivas en grupo reducido (seminarios e clases de problemas), clases interactivas de prácticas no laboratorio e clases interactivas en grupo moi reducido (titorías):
A) Clases expositivas en grupo grande ("L" nas táboas horarias):
Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia...). O profesor pode contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non necesitan manexalos en clase. Ademáis manexaranse modelos moleculares (temas 1, 2 e 3) e recomendarase a súa utilización ós alumnos. Habitualmente estas clases seguirán os contidos do Manual de referencia da asignatura proposto na Guía docente da materia. A asistencia a estas clases non é obrigatoria, pero resulta moi recomendable.
B) Clases interactivas en grupo reducido (seminarios, "S" nas táboas horarias):
Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios... O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ó profesor (algúns dos propostos en boletíns de problemas que o profesor entrega ós alumnos con a suficiente antelación); resolución de exercicios na aula, etc. O profesor pode contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non os manexarán en clase. Recomendarase a utilización de modelos moleculares ós alumnos. Inclúense as probas de avaliación se as houbese. A asistencia a estas clases é obligatoria.
C) Clases prácticas de laboratorio (grupos de prácticas, "G" nas táboas horarias):
Inclúense aquí as clases que teñen lugar no laboratorio de prácticas. Nelas o alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio de química e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. Para estas prácticas, o alumno disporá dun Manual de prácticas de laboratorio, que incluirá consideracións xerais sobre o traballo no laboratorio, así como un guión de cada unha das prácticas a realizar, que constará dunha breve presentación dos fundamentos, a metodoloxía a seguir e a indicación dos cálculos a realizar e resultados a presentar. O alumno deberá acudir a cada sesión de prácticas tendo lido atentamente o contenido deste Manual. O comenzaren cada sesión de prácticas, os alumnos responderán durante 5 ou 10 minutos a unhas cuestións previas que o profesor cualificará e terá en conta para a nota de prácticas. Tras unha explicación do profesor, o alumno realizará individualmente as experiencias e cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica. Ó finalizar a sesión, os alumnos responderán durante 5 ou 10 minutos a unhas cuestiones posteriores relacionadas coa práctica que o profesor cualificará e terá en conta para a nota de prácticas.
Deberase levar ó día un diario de laboratorio no que se recollan, na forma establecida no Manual de prácticas, os procedementos seguidos e os resultados obtidos. É un requisito adicional para a avaliación e será revisado polo profesor ó final de cada sesión de prácticas.
A asistencia a estas clases é obligatoria. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente no Decanato, aceptándose razóns de exame e de saúde, así como aqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente. A práctica non realizada recuperarase de acordo co profesor e dentro do horario previsto para a asignatura.
D) Titorías de pizarra en grupo moi reducido ("T" nas táboas horarias):
Titorías programadas polo profesor e coordinadas polo Centro. En xeral, suporán para cada alumno 2 horas por cuatrimestre e materia. Propóñense actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dudas sobre a teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas, etc. En moitos casos o profesor esixirá ós alumnos a entrega de exercicios previa á celebración da titoría. Estas entregas virán recollidas no calendario de actividades que van realizar os alumnos ó longo do curso e que aparece na Guía Docente da asignatura. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
II) ACTIVIDADES DOCENTES NON PRESENCIAIS: traballo persoal do alumno adicado á preparación da materia.
III) AULA VIRTUAL: a través da cal se facilitará todo o material relativo á materia: Guía docente, presentacións, boletíns de exercicios, avisos, etc.
Sistema de evaluación1. A cualificación de cada alumno realizarase mediante unha avaliación continua e mediante a realización dun exame final, estando condicionado o acceso ao exame á participación en polo menos o 80% das actividades docentes presenciais de asistencia obrigatoria (seminarios, titorías e prácticas de laboratorio). En calquera caso, será obrigatorio asistir polo menos a unha das dúas titorías programadas. As prácticas non realizadas recuperaranse de acordo co profesor.
O profesor verificará a asistencia ás clases segundo o sistema de control de asistencias oficial da Facultade de Química. As ausencias deberán ser xustificadas documentalmente no Decanato da Facultade.
A avaliación continua (N1) terá un peso do 40% na cuantificación da materia e constará de 3 compoñentes: clases interactivas en grupo reducido (seminarios, 40%), clases interactivas en grupo moi reducido (tutorías, 10%) e prácticas de laboratorio (50%). Os seminarios e as titorías incluirán exercicios e traballos realizados presencialmente e exercicios entregados ao profesor.
Para a avaliación das prácticas de laboratorio, os items a avaliar serán os seguintes: test previo, organización e pulcritude no laboratorio, execución da práctica e test final.
O exame final versará sobre a totalidade dos contidos da materia e incluirá cuestións relativas ás prácticas de laboratorio, que contribuirán nun 15% á nota global do exame (N2).
A cualificación do alumno, que non será inferior á do exame final nin á obtida ponderándoa coa nota da avaliación continua, obterase como resultado de aplicar a fórmula seguinte:
Nota final= máximo (0,4 x N1 + 0,6 x N2, N2)
N1= nota numérica correspondente á avaliación continua (escala 0-10).
N2= nota numérica correspondente ó exame final (escala 0-10).
En todo caso, para aprobar a materia, será requisito imprescindible ter a cualificación de apto nas prácticas de laboratorio.
Os alumnos repetidores terán o mesmo réxime de asistencia ás clases que os que cursan a asignatura por primeira vez, coas seguintes salvedades:
• Ós estudantes repetidores que teñan aprobadas as prácticas de laboratorio, conservaráselle a cualificación obtida durante un máximo de dous cursos académicos. Polo tanto, no terán que realizar novamente as prácticas de laboratorio, pero deberán asistir ás restantes clases interactivas (Seminarios e Titorías) en igualdade de condicións que os restantes alumnos, para non perder o dereito a examinarse da materia.
• Os alumnos repetidores que no teñan obtido a cualificación de apto nas prácticas de laboratorio, pero teñan superada a parte correspondente ós contidos teóricos da asignatura, deberán realizar de novo as prácticas de laboratorio, conservándoselles durante un máximo de dous cursos académicos a nota do exame e a nota correspondente ós apartados restantes da avaliación continua (Seminarios e Titorías).
Tempo de estudo e traballo persoalTraballo presencial: 18 (CE) + 07 (CIS) + 02 (CIT) + 24 (CIL)
Total de horas de traballo presente na aula ou no laboratorio: 51 horas
Traballo persoal do alumno:
Estudo autónomo individual ou en grupo 46
Resolución de exercicios, ou outros traballos 31
Resolución de exercicios de recapitulación propostos 10
Preparación do traballo de laboratorio e elaboración da memoria de prácticas 12
Total de horas de traballo persoal do alumno 99
HORAS TOTAIS DE TRABALLO: 51 + 99= 150 horas.
Recomendacións para o estudo da materia• Asistir ás clases expositivas
• Manter o estudo da materia “ó día”
• Unha vez finalizada a lectura dun tema no Manual de referencia, é útil facer un resumo dos puntos importantes, identificando os conceptos e reaccións químicas que se deben lembrar.
• A resolución dos exercicios é fundamental para a aprendizaxe desta materia. Para os exercicios de estereoquímica, aconséllase utilizar modelos moleculares. Para os exercicios de reactividade, resulta de utilidade seguir os seguintes pasos: 1) identificar os grupos funcionais; 2) identificar as transformacións que poden experimentar ditos grupos e as condicións de reacción; 3) ter en conta a estereoquímica das sustancias de partida.
• É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, deben repasarse os conceptos teóricos importantes en cada experimento e, a continuación, debe lerse con atención o guión da práctica, intentando entender os obxectivos e o desenrolo do experimento proposto.
• Calquera dúbida deberá ser consultada co profesor.