G1041222 - Química Física I (Química Física) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 28.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 14.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 56.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Química Física
- Áreas: Química Física
- Centro: Facultade de Química
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia- Coñecer os principios da Mecánica Cuántica e a súa aplicación á estrutura de átomos e moléculas.
- Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química.
- Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos.
ContidosAplicación da mecánica cuántica ao estudo de sistemas sinxelos, dos átomos e das moléculas. Laboratorio de experimentación con especial énfase na utilización de computadores para o estudo de sistemas mecanocuánticos sinxelos, de átomos e moléculas.
Temario:
Tema 1. Introducción
Tema 2. Operadores en mecánica cuántica
Tema 3. Principios da mecánica cuántica
Tema 4. A partícula nunha caixa
Tema 5. O oscilador harmónico e o rotor ríxido
Tema 6. Átomo de hidróxeno
Tema 7. Métodos aproximados en mecánica cuántica
Tema 8. Átomos polielectrónicos
Tema 9. Moléculas
Prácticas de Laboratorio:
1A. CONSTRUCIÓN E OPTIMIZACIÓN DE MOLÉCULAS. OBTENCIÓN DE ENTALPÍAS DE FORMACIÓN.
1B. ESTUDO CONFORMACIONAL DO ÁCIDO OXÁLICO
2. ESPECTRO INFRAVERMELLO DO ÁCIDO ACÉTICO
3. POTENCIAIS ELECTROSTÁTICOS COMO INDICADORES DE ACIDEZ
4. PROCURAS DE ESTADOS DE TRANSICIÓN. OBTENCIÓN DE ENERXÍAS DE ACTIVACIÓN
Bibliografía básica e complementaria"Atkins Quimica Física", Atkins e de Paula, 8ª ed. Ed. Panamericana, 2008.
"Atkins' Physical Chemistry", Atkins and de Paula, 8th Ed. Oxford University Press, 2006.
CompetenciasXERAIS:
- Que poidan aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
- Que teñan capacidade de comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Química tanto a un público especializado como non especializado.
- Que sexan capaces de estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
ESPECÍFICAS:
- Capacidade para demostrar o coñecemento e comprensión dos feitos esenciais, conceptos, principios e teorías relacionadas coas áreas da Química.
- Resolución de problemas cualitativos e cuantitativos segundo modelos previamente desenvolvidos.
- Capacidade para relacionar a Química con outras disciplinas.
TRANSVERSAIS:
- Resolución de problemas.
- Razoamento crítico.
- Compromiso ético.
- Aprendizaxe autónoma
- Motivación pola calidade.
Metodoloxía da ensinanza As actividades presenciais do alumno consistirán en:
1) Clases expositivas en grupo grande: Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia...). O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non necesitan manexalos en clase. Habitualmente estas clases seguirán os contidos dun Manual de referencia proposto na Guía Docente da materia. A asistencia a estas clases non é obrigatoria.
2) Clases interactivas en grupo reducido (seminarios): Clase teórico/práctica na que se propón e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios... O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor (algúns dos propostos en boletíns de problemas que o profesor entrega aos alumnos coa suficiente antelación); resolución de exercicios no aula, etc. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non os manexarán en clase. Inclúense as probas de avaliación se as houber. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
3) Clases interactivas con computador en grupo reducido: Inclúense aquí as clases nas que o alumno utiliza o computador en aula de informática (clases de informática, uso de paquetes para ilustración práctica da teoría, etc.). O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor (algúns dos propostos en boletíns de problemas que o profesor entrega aos alumnos coa suficiente antelación); resolución de exercicios no aula, etc. Inclúense as probas de avaliación se as houber. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
4) Tutorías de encerado en grupo moi reducido: Tutorías programadas polo profesor e coordinadas polo Centro. En xeral, suporán para cada alumno 2 horas por cuadrimestre e materia. Proponse actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas; así como a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos. En moitos casos o profesor esixirá aos alumnos a entrega de exercicios previa á celebración da tutoría. Estas entregas virán recollidas no calendario de actividades que van realizar os alumnos ao longo do curso da Guía Docente da materia correspondente. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose razóns de exame e de saúde, así como aqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente. As actividades presenciais obrigatorias non realizadas recuperaranse de acordo co profesor e dentro do horario previsto para a materia.
Toda a información desta materia relevante para o alumno está dispoñible a través da USC virtual.
Sistema de evaluaciónO alumno non será avaliable se non asiste polo menos ao 80% no seu conxunto das clases presenciais de carácter obrigatorio. É obrigatoria a asistencia polo menos a unha das tutorías programadas. As actividades presenciais obrigatorias non realizadas intentarán recuperarse de acordo co profesor e dentro do horario previsto para a materia. As ausencias deberán estar debidamente documentadas.
A avaliación consistirá en dúas partes:
1) Avaliación continua, que poderá constar á súa vez de:
i. Exercicios realizados nos seminarios (Ex_sem)
ii. Traballo nas tutorías (Tut)
iii. Clases interactivas con computador (Com)
2) Exame final (EF)
A cualificación do alumno non será inferior á do exame final nin á obtida ponderándoa coa avaliación continua.
3) Cada apartado anterior contabilizará para a nota final do alumno do seguinte xeito:
Ex_sem 30%
Tut 5%
Com 5%
EF 60%
Todo o anterior tamén é aplicable os alumnos repetidores coa excepción das prácticas de ordenador, que só terán que repetilas se as teñen suspensas.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NO AULA-----HORAS------TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO---------HORAS
Clases expositivas en grupo grande-------28-------Estudo autónomo individual ou en grupo-------50
Clases interactivas en grupo reducido-----14-------Resolución de exercicios ou outros traballos----26
Tutorías en grupos moi reducidos---------2---------Elaboración de exercicios propostos-------------8
Clases interactivas con computador
en grupo reducido-------------------------12-------Resolución de exercicios------------------------10
Total traballo presencial no aula-----------56-------Total traballo persoal do alumno---------------94
Recomendacións para o estudo da materiaEsta materia require coñecementos importantes de matemáticas e de física. Por iso, recoméndase que o alumno supere as materias de matemáticas e de física do primeiro curso do grao.
O alumno debe repasar os conceptos teóricos introducidos nos distintos temas utilizando o manual de referencia e os resumos. O grao de acerto na resolución dos exercicios propostos proporciona unha medida da preparación do alumno para afrontar o exame final da materia. Aqueles alumnos que atopen dificultades importantes á hora de traballar as actividades propostas deben de acudir nas horas de tutoría do profesor, co obxectivo de que este poida analizar o problema e axudar a resolver devanditas dificultades. É moi importante á hora de preparar o exame resolver algúns dos exercicios que figuran ao final de cada un dos capítulos do manual de referencia.
ObservaciónsEsta materia require coñecementos importantes de matemáticas e de física. Por iso, recoméndase que o alumno supere as materias de matemáticas e de física do primeiro curso do grao.