G1041223 - Química Inorgánica I (Química Inorgánica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 23.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 20.00
- Clase Interactiva Seminario: 8.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 53.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Química Inorgánica
- Áreas: Química Inorgánica
- Centro: Facultade de Química
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia•Coñecer a estrutura da Táboa Periódica dos elementos e poder predicir as súas propiedades.
•Coñecer os elementos químicos non metálicos e os seus compostos, as súas formas de obtención, estrutura, propiedades e reactividade.
•Coñecer os trazos estruturais dos compostos químicos, incluíndo a estereoquímica, así como as principais técnicas de investigación estrutural.
•Relacionar as propiedades macroscópicas coas de átomos e moléculas.
•Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química.
ContidosQuímica descritiva dos elementos non metálicos e dos seus compostos máis importantes: Estudio da estrutura, enlace, aspectos termodinámicos, cinéticos e reactividade.
Obtención de elementos e compostos. Reaccións características dalgúns elementos inorgánicos non metálicos e dos seus compostos.
Programa de teoría:
Tema 0. Introdución: La Táboa Periódica dos elementos. Reactividade en química inorgánica.
Tema 1. O hidróxeno
Tema 2. Elementos do grupo 17: os halóxenos
Tema 3. Elementos do grupo 16. O osíxeno
Tema 4. O xofre e os seus compostos
Tema 5. Elementos do grupo 15. O nitróxeno
Tema 6. Estudio do fósforo
Tema 7. Elementos do grupo 14. O carbono e o silicio
Tema 8. Elementos do grupo 13. Estudio do boro
Tema 9. Elementos do grupo 18: os gases nobres
Programa de prácticas:
Práctica 1. - Preparación de tetrayoduro de estaño
Práctica 2. - Preparación de hidroxenocarbonato sódico
Práctica 3. - Preparación de nitrato e cloruro de chumbo
Práctica 4. - Reactividade dalgúns elementos non metálicos
Práctica 5. - Preparación de peroxoborato sódico
Bibliografía básica e complementariaBásica (manual de referencia)
• Rayner-Canham, G. "Química Inorgánica Descritiva" 2ª Ed.; Pearson Educación, 2000.
Complementaria
• Química Xeral, R.H. Petrucci, F.G. Herring, J.D. Madura e C. Bissonnette, 10ª Ed., Pearson Educación, 2011.
• Quiñoá, E., Riguera, R., Vila J.M., Nomenclatura e formulación dos compostos inorgánicos, 2ª Ed.; McGraw-Hill, 2010.
• Rayner-Canham, G., Overton, T. "Descriptive Inorganic Chemistry" 5ª Ed.; W.H. Freeman, 2010.
• Housecroft C.E., Sharpe A.G., "Química Inorgánica" 2ª Ed.; Pearson Educación, 2006.
• Shriver & Atkins, "Química Inorgánica" 4ª Ed.; McGraw-Hill, 2008.
CompetenciasCompetencias xerais:
• Capacidade de relacionar o comportamento químico (reactividade) co enlace que mantén unido aos seus átomos, a través dun razoamento crítico.
• Capacidade de plasmar todos estes coñecementos a través da linguaxe química (fórmulas e ecuacións químicas).
• Desenvolvemento dunha sensibilidade ecolóxica.
Competencias específicas:
Avaliación/reforzamento de competencias adquiridas no módulo de Química Xeral:
1. Saber facer cálculos estequiométricos: axustar reaccións, cálculos a partir de rendementos, cálculos con disolucións.
2. Saber facer configuracións electrónicas de átomos ou ións.
3. Ser capaces de poñer en práctica os conceptos básicos do enlace químico na resolución de problemas en Química Inorgánica. Ser capaces de escribir fórmulas estruturais (desenvolvidas -fórmulas de Lewis-) de calquera composto.
4. Ser capaz de aplicar os coñecementos básicos das teorías de Enlace de Valencia e de orbitais moleculares para explicar ou facer predicións da estrutura e propiedades dos compostos químicos.
5. Ser capaz de aplicar os conceptos básicos da teoría da hibridación e de la T.R.P.E.C.V. a compostos inorgánicos.
6. Ser capaz de aplicar os coñecementos elementais de reactividade química adquiridos en la Química Xeral III para as reaccións ácido-base, redox e de precipitación.
7. Ser capaz de aplicar os coñecementos básicos de termodinámica e cinética química, adquiridos en la Química Xeral II, ao campo de la Química Inorgánica.
8. Ser capaz de aplicar os coñecementos básicos do equilibrio químico, adquiridos en la Química Xeral III, ás reaccións inorgánicas.
Competencias específicas a adquirir na materia:
9. Coñecer as características máis importantes da Táboa Periódica dos elementos e a súa utilización práctica para sistematizar as propiedades dos elementos.
10. Coñecer os tipos máis importantes de reaccións químicas e ser capaz de explicar ou facer predicións do comportamento químico das especies químicas inorgánicas. Relacionada con competencias: 3-6
11. Alcanzar un coñecemento xeral do estado natural, as características químicas xerais, as propiedades (especialmente no que se refire á súa reactividade), os métodos de obtención e as aplicacións dos elementos non metálicos, e dos seus compostos máis importantes.
12. Ser capaz de explicar ou facer predicións das propiedades das substancias químicas (en especial da súa reactividade) a partir das súas fórmulas estruturais (das súas propiedades de enlace). Relacionada con competencias: 3-6
13. Habilidade para manipular os reactivos químicos e compostos inorgánicos con seguridade.
14. Planificar e levar a cabo experimentalmente sínteses sinxelas de compostos inorgánicos, con seguridade e utilizando as técnicas axeitadas.
15. Comprender e utilizar a información bibliográfica e técnica referida aos compostos inorgánicos.
Metodoloxía da ensinanza A) Clases expositivas en grupo grande: Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia,...). O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non necesitan manexalos en clase. Habitualmente estas clases seguirán os contidos dun "Manual de Referencia” proposto na Guía Docente da materia. A asistencia a estas clases non é obrigatoria.
B) Clases interactivas en grupo reducido: Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios,... O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios o profesor (poden ser algúns dos propostos en boletíns de problemas que o profesor entrega aos alumnos coa suficiente antelación); resolución de exercicios na aula, etc. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non os manexarán en clase. Inclúense as probas de avaliación se as houbera. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
C) Clases prácticas de laboratorio: Inclúense aquí as clases que teñen lugar nun laboratorio de prácticas. Nelas o alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio de química e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. Para estas prácticas, o alumno disporá dun manual de prácticas de laboratorio, que incluirá consideracións xerais sobre o traballo no laboratorio, así como un guión de cada unha das prácticas a realizar, que constará dunha breve presentación dos fundamentos, a metodoloxía a seguir e a indicación dos cálculos a realizar e resultados a presentar. O alumno deberá a acudir a cada sesión de prácticas lendo atentamente o contido deste manual. Ao comezar cada sesión de prácticas, nunha aula, os alumnos responden durante 5 ou 10 minutos a unhas cuestións previas que o profesor cualifica e ten en conta para a nota de prácticas. Tras unha explicación do profesor, o alumno realizará individualmente, ou en grupos de dous, as experiencias e cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica, recollendo no diario de laboratorio o desenvolvemento da práctica e os cálculos e resultados que procedan, presentando o mesmo día ou na próxima sesión os resultados, que serán avaliados.
A asistencia a estas clases é obrigatoria. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose razóns de exame e de saúde, así como aqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente. A práctica non realizada recuperarase de acordo co profesor e dentro do horario previsto para a materia.
E) Titorías de lousa en grupo moi reducido: Titorías programadas polo profesor e coordinadas polo Centro. En xeral, suporán para cada alumno 2 horas por cuadrimestre e materia. Propóñense actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas; así como a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos. En moitos casos o profesor poderá esixir aos alumnos a entrega de exercicios previa á celebración da titoría. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
F) O alumno poderá atopar material de apoio no Campus Virtual de la USC
Sistema de evaluaciónIndicacións xerais
a) A avaliación desta materia farase mediante avaliación continua e a realización dun exame final, estando condicionado o acceso ao exame á asistencia, polo menos, ao 80% das clases interactivas (prácticas de laboratorio, seminarios e titorías), verificada segundo o sistema oficial de control de asistencias establecido polo Centro. En todo caso, requirirase a asistencia a polo menos e 50% das titorías e a realización da totalidade das prácticas de laboratorio. Para iso, organizaranse as debidas recuperacións, de acordo co profesor, sempre que a inasistencia estea debidamente xustificada, de acordo co regulamento establecido a este respecto por la USC.
b) A avaliación continua farase mediante a valoración de: controis escritos, a participación do estudante na aula, exercicios realizados nas clases expositivas e nos seminarios, o traballo realizado nas titorías e as prácticas de laboratorio. Constará de tres compoñentes que contabilizarán na nota final do alumno coas porcentaxes seguintes: prácticas de laboratorio, 20%; participación na aula, seminarios e titorías, 20%. O alumno debe alcanzar a cualificación de apto nas prácticas de laboratorio para superar a materia.
c) O exame final incluirá todos os aspectos da materia.
d) A nota final de cada estudante na materia obterase como resultado de aplicar a seguinte fórmula:
Nota final = Máximo(N2, N1 x 0,4 + N2 x 0,6)
Sendo N1 a nota numérica correspondente á avaliación continua (escala 0-10) e N2 a nota numérica do exame final (escala 0-10).
e) Os alumnos repetidores terán o mesmo réxime de asistencia ás clases que os que cursan a materia por primeira vez, coas salvidades seguintes:
o Aos estudantes repetidores que aprobaran as prácticas de laboratorio nunha edición previa, conservaráselles a cualificación obtida neste apartado durante un máximo de dous cursos académicos. Polo tanto, non terán que realizar novamente as prácticas de laboratorio, pero asistirán ás restantes clases interactivas (seminarios e titorías), en igualdade de condicións que os restantes alumnos, para non perder o dereito a examinarse da materia.
o Os alumnos repetidores que na edición previa obtiveran a cualificación de non apto nas prácticas de laboratorio, pero superaran a parte correspondente aos contidos teóricos da materia, estarán exentos de asistir ás clases interactivas, agás as prácticas de laboratorio, conservándoselles durante un máximo de dous cursos académicos a nota do exame e a correspondente aos apartados restantes da avaliación continua (seminarios e titorías). Se, tras repetir as prácticas de laboratorio, obtivesen a cualificación de apto, serán aprobados na materia cunha nota e cualificación, que será a que resulte de aplicar a fórmula do apartado d.
f) Os restantes estudantes repetidores terán o mesmo réxime de asistencia a clases e o mesmo sistema de avaliación que os alumnos matriculados por primeira vez na materia.
Indicacións específicas
Clases expositivas:
Dentro da porcentaxe do 20% da nota da avaliación continua correspondente á participación na aula, seminarios e titorías, o 5% corresponderá á participación activa nas clases expositivas.
Clases interactivas (seminarios e titorías en grupo reducido):
O 15% da nota final corresponderá á avaliación continua nas clases interactivas. Tal como aparece recollido no apartado anterior, a avaliación farase mediante a valoración: da participación do estudante na aula (fundamentalmente exercicios realizados no encerado); de exercicios recollidos e de pequenos controis escritos periódicos.
O traballo proposto para realizar nestas clases aparece recollido nunha serie de boletíns que se porán a disposición dos alumnos coa suficiente antelación (polo menos dúas semanas antes da clase correspondente) na Aula Virtual da materia. Todos os exercicios propostos nestes boletíns teñen que traerse concienzudamente traballados a clase. Estes exercicios resolveranse no encerado, coa participación dos alumnos (procurarase que, ao longo do curso, todos os alumnos matriculados interveñan e teñan polo menos unha nota por este concepto). O/a alumno/a chamado para resolver un destes exercicios entregará unha copia escrita ao profesor. O que non o teña suficientemente traballado será cualificado cun 0 nesta proba.
Prácticas de laboratorio:
Os alumnos deben de facer unha preparación teórica básica antes de realizar o traballo de laboratorio en cada práctica proposta. Esa preparación básica consistirá fundamentalmente en ler o guión para coñecer o obxectivo da práctica, saber o que se vai facer e por que e realizar os cálculos necesarios para o seu desenvolvemento experimental. Antes de iniciar cada quenda de prácticas, os alumnos serán convocados para realizar un exercicio previo á realización das sesións prácticas, onde se avaliará se a ten suficientemente ben preparada. Para a avaliación das prácticas de laboratorio os ítems a avaliar serán os seguintes: organización e pulcritude no laboratorio, execución da práctica, memoria e cuestións.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA (HORAS)
Clases expositivas en grupo grande: 23
Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios): 8
Titorías: 2
Prácticas de laboratorio: 20
Exame: 3
Total horas traballo presencial na aula ou no laboratorio: 56
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO (HORAS)
Estudio autónomo, individual ou en grupo (de Clases expositivas): 35
Resolución de exercicios e problemas propostos: 32
Resolución dun exercicio. Repaso para as titorías: 6
Preparación do traballo de laboratorio e elaboración da memoria das prácticas: 8
Repaso de preparación para o exame: 13
Total horas traballo persoal do alumno: 94
Recomendacións para o estudo da materia• É aconsellable asistir ás clases expositivas.
• É importante manter o estudio da materia "ao día".
• Recoméndase a preparación de cada un dos temas utilizando o manual de referencia proposto para esta materia e, en caso necesario, algún manual complementario.
• Unha vez finalizada a lectura dun tema no manual de referencia, é útil facer un resumo dos puntos importantes, identificando os aspectos básicos relativos a cada grupo de elementos químicos que se deben recordar e asegurándose de coñecer tanto as súas propiedades como as reaccións químicas nas que poden participar.
• A relación entre os contidos de cada un dos temas é fundamental para a aprendizaxe desta materia. Pode resultar de axuda realizar esquemas para aspectos como enlace, obtención e reactividade.
• É altamente desexable a asistencia e participación activa nas clases de seminario, nas que se resolverán os exercicios formulados, comentando as dificultades ao resto de compañeiros de seminario.
• Recoméndase a utilización das horas de titoría para resolver as dúbidas que xurdan ao longo do curso.
• É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, débense repasar os conceptos teóricos importantes en cada experimento e, a continuación, é necesario ler con atención o guión da práctica, intentando entender os obxectivos e o desenvolvemento do experimento proposto. Calquera dúbida que puidese xurdir deberá ser consultada co profesor.