G1041225 - Química Inorgánica II (Química Inorgánica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 28.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 54.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Química Inorgánica
- Áreas: Química Inorgánica
- Centro: Facultade de Química
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaEsta asignatura considera aspectos básicos para o módulo de Química Inorgánica xa que proporciona ó alumno os coñecementos acerca da reactividade e estabilidade das sustancias, as súas estructuras e aspectos básicos sobre a determinación destas.
ContidosPrograma de clases teóricas:
Tema 1. ÁCIDOS E BASES
Tema 2. PROCESOS REDOX
Tema 3. SIMETRÍA MOLECULAR
Tema 4. SÓLIDOS INORGÁNICOS
Tema 5. COMPOSTOS DE COORDINACIÓN
Tema 6. DETERMINACIÓN ESTRUCTURAL
Programa de clases prácticas:
Práctica 1.- CORROSIÓN
Práctica 2.- SULFATO DE TETRAAMMÍNCOBRE(II)
Práctica 3. – PREPARACIÓN E CARACTERIZACIÓN DUN COMPOSTO DE COORDINACIÓN DE COBALTO
Práctica 4. – TRIS(OXALATO)FERRATO(III) POTÁSICO TRIHIDRATADO
Bibliografía básica e complementariaBásica (manual de referencia).
Housecroft, C.E. e Sharpe, A.G.; Química Inorgánica, 2ª ed.; Pearson/Prentice Hall, 2006
Complementaria.
Shriver&Atkins; Química Inorgánica, 4ª ed.; McGraw-Hill, 2006
Rodgers, G.E.; Química Inorgánica. Introducción a la química de coordinación, del estado sólido y descriptiva; McGraw-Hill, 1995
Petrucci, R.H., Harwood, W.S e Herring, F.G.; Química General, 8ª ed.; Pearson/Prentice Hall, 2010
CompetenciasCompetencias xerais.
• Recoñece-las diferentes características ácido/base, oxidante/reductor das sustancias para comprender posibles interaccións entre elas
• Manexa-los conceptos, métodos e resultados básicos da Simetría molecular.
• Coñece-las estructuras máis importantes dos Sólidos inorgánicos e as razóns que determinan a adopción dunha ou outra.
• Coñece-los diferentes aspectos básicos sobre a natureza, formación e estructuras dos Compostos de coordinación, así como os seus diferentes tipos.
• Coñece-los fundamentos dos métodos máis importantes empregados para a Determinación estructural das sustancias.
• Capacidade para planificar, no ámbito da Química Inorgánica, a resolución de cuestións teóricas e problemas numéricos e analizar de forma crítica os resultados obtidos.
• Capacidade para realizar en forma adecuada experiencias de laboratorio e comunicar e analizar ordeadamente os resultados obtidos nun caderno de laboratorio.
• Comprender e manexa-la información bibliográfica e técnica referida a sustancias inorgánicas.
Competencias específicas.
• Poder resolver calquera problema básico relativo á determinación da simetría das moléculas e as súas implicacións nas súas propiedades.
• Comprende-las estructuras dos sólidos inorgánicos, relacionalas e deduci-lo seu comportamento.
• Comprende-la formación e propiedades dos compostos de coordinación.
• Alcanzar un coñecemento xeral das diferentes técnicas de determinación estructural das sustancias, para sabe-la oportunidade da súa aplicación e a natureza dos datos que poden proporcionar.
• Obter coñecementos básicos, pero amplos, dos aspectos considerados na asignatura, que permitan obter coñecementos máis específicos sobre tales temas.
• Alcanza-la capacidade de explicar de forma comprensible fenómenos e procesos relacionados con aspectos básicos da Química Inorgánica.
• Dispoñer dos coñecementos e as habilidades experimentais suficientes para utilizar correctamente e con seguridade os productos e o material habituais nun laboratorio químico estando ó tanto das súas características máis importantes, incluíndo perigosidade e posibles riscos.
• Planificar e levar a cabo experimentalmente sínteses sinxelas de compostos inorgánicos, con seguridade e utilizando as técnicas adecuadas.
• Te-la destreza de adquirir habilidades experimentais que lle leven a asimilar outras máis complexas.
Competencias transversais.
• Capacidade de análise y síntese.
• Capacidade para manexa-la bibliografía inorgánica en canto a súa procura e aplicación.
• Capacidade para traballar en grupo tanto na resolución como na discusión de problemas.
Metodoloxía da ensinanza Actividades formativas na aula coa presencia do profesor
A) Clases expositivas en grupo grande (“CE” nas táboas horarias): Lección impartida polo profesor con posibles formatos diferentes (de teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia, …). O profesor pode apoiarse en medios audiovisuais e informáticos. As clases habitualmente seguirán os contidos da bibliografía indicada na Guía Docente da asignatura. A asistencia a estas clases é moi recomendable.
B) Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios, “S” nas táboas horarias): Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven cuestións relacionadas coa teoría, aplicacións, exercicios, problemas, etc. (nestas clases, o alumno participa activamente de distintas formas e entrega ó profesor de exercicios que se teñen proposto con suficiente antelación), resolución de exercicios na aula, etc. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non os manexarán en clase. Pódense incluir probas de avaliación. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
C) Clases prácticas de laboratorio: Inclúense aquí as clases que teñen lugar nun laboratorio de prácticas. Nelas o alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio de química e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. Para estas prácticas, o alumno disporá dun manual de prácticas de laboratorio, que incluirá consideracións xerais sobre o traballo no laboratorio, así como un guión de cada unha das prácticas a realizar. Este constará dunha breve presentación dos fundamentos, a metodoloxía a seguir e a indicación dos cálculos a realizar e resultados a presentar. O alumno deberá acudir a cada sesión de prácticas tendo lido atentamente o contido deste manual. Ó comezo de cada sesión de prácticas, os alumnos responden durante uns minutos a unhas cuestións previas que o profesor cualifica e ten en conta para a nota de prácticas. Tras unha explicación do profesor, o alumno realizará individualmente, ou en grupos de dous, as experiencias e cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica, recollendo no diario de laboratorio o desenvolvemento da práctica e os cálculos e resultados que procedan, presentando o mesmo día ou na próxima sesión os resultados, que serán avaliados. Este diario de laboratorio entregarase ó final do período de prácticas para a súa avaliación.
A realización e superación das prácticas de laboratorio farase, obrigatoriamente, dentro do calendario establecido para a realización das mesmas. A asistencia a estas clases prácticas é obrigatoria. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose razóns de exame e de saúde, así como aqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente. A práctica non realizada se recuperará de acordo co profesor e dentro do horario previsto para a asignatura.
D) Titorías de pizarra en grupo moi reducido (“T” nas táboas horarias): Titorías programadas polo profesor e coordinadas polo Centro. En xeral, suporán para cada alumno 2 horas. Inclúense actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre a teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas; así como a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais o realizados en pequenos grupos. En moitos casos o profesor esixirá ós alumnos a entrega de exercicios con anterioridade á celebración da titoría. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
A asistencia as clases obrigatorias será no grupo que cada un teña asignado, e non se admitirán cambios de grupo que non estean convenientemente xustificados.
Sistema de evaluación1 O alumno non será avaliado se non asiste ó 80% das clases presenciais de carácter obrigatorio: seminarios, titorías e prácticas. As ausencias deberán estar debidamente documentadas.
2 A avaliación consistirá en dúas partes:
2.1) Avaliación continua, que consta a súa vez de:
i. Exercicios entregados ó profesor (Ej_entr)
ii. Exercicios realizados nos seminarios (Ej_sem)
iii. Traballo nas titorías (Tut)
iv. Prácticas laboratorio (Pract)
2.2) Exame final (EF)
3 Cada subapartado do apartado 2.1 contabilizará para a nota final do alumno da seguinte maneira:
Ej_entr e Ej_sem 15%
Tut 5%
Pract 20%
EF 60%
Para supera-la materia, o alumno debe acadar un mínimo de 5 puntos, coas cualificaciones correspondentes a avaliación continua (seminarios, titorías e prácticas) e ó exame final iguais ou superiores a 3 puntos (escala de 0 a 10).
4 Para a avaliación das prácticas de laboratorio, os ítems a avaliar serán os seguintes:
• Cuestións previas
• Organización e pulcritude no laboratorio
• Execución da práctica
• Cuestións finais
• Diario de laboratorio
A práctica non realizada se recuperará de acordo co profesor e dentro do horario previsto para a asignatura. Para supera-la materia, o alumno debe acadar a cualificación de apto na avaliación das prácticas.
5 O exame final versará sobre tódolos aspectos da asignatura.
Ós alumnos matriculados que xa teñan aprobadas as prácticas de laboratorio, conservaráselles esta cualificación durante un máximo de dous cursos académicos, non tendo, polo tanto, que realizar de novo as prácticas. Para non perder o dereito a presentarse ó exame da asignatura, únicamente será obrigatoria a asistencia ó 80% das clases interactivas restantes.
Os alumnos repetidores que non acadasen unha cualificación de apto nas prácticas de laboratorio nunha edición previa desta materia, pero si superasen a parte correspondente ós contidos teóricos, estarán exentos de asistir ás clases interactivas, agás as prácticas de laboratorio, conservándoselles durante un máximo de dous cursos a nota do exame e a do resto dos apartados da avaliación continua.
Os restantes alumnos repetidores terán o mesmo réxime de asistencia as clases interactivas e o mesmo sistema de avaliación que os alumnos matriculados por primeira vez.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PERSOAL DO ALUMNO HORAS
Estudio autónomo individual ou en grupo 46
Resolución de exercicios, ou outros traballos 26
Preparación de presentacións orais,
escritas, elaboración de exercicios propostos;
actividades en biblioteca ou similar 12
Preparación do traballo de laboratorio e
elaboración do caderno de prácticas 12
Total horas traballo persoal do alumno 96
Recomendacións para o estudo da materia• É moi importante asistir ás clases expositivas.
• É moi importante manter “ó día” o estudio da materia.
• Unha vez finalizada a lectura dun tema no manual de referencia, é útil facer un resumo dos aspectos importantes, identificando os puntos fundamentais e as relacións básicas que se deben recordar, e asegurándose de coñecer tanto o seu significado como as condicións nas que se poden aplicar.
• A resolución de problemas é importante para o aprendizaxe desta materia. Pode resultar de axuda seguir estes pasos: (1) Facer unha lista con toda a información relevante que proporciona o enunciado. (2) Facer unha lista coas cantidades que se deban calcular. (3) Identifica-las ecuacións a utilizar na resolución do problema e aplicalas correctamente.
• É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, débense repasa-los conceptos teóricos importantes en cada experimento e, a continuación, é necesario ler con atención o guión da práctica, intentando entende-los obxectivos e o desenvolvemento do experimento proposto. Calquera dúbida que poidera xurdir deberá ser consultada co profesor.