G1041226 - Química Analítica II (Química Analítica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 23.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 20.00
- Clase Interactiva Seminario: 8.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 53.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Áreas: Química Analítica
- Centro: Facultade de Química
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO1: Comprender a necesidade das técnicas de separación na resolución de problemas analíticos
O2: Clasificar as diferentes técnicas de separación
O3: Coñecer o fundamento teórico, a metodoloxía e a instrumentación das distintas técnicas de separación
O4: Resolver problemas numéricos sobre os contidos específicos da materia
O5: Saber seleccionar a técnica de separación máis axeitada para resolver problemas analíticos concretos
O6: Aprender a manexar de forma práctica algunhas das técnicas de separación
ContidosTema 1.- Introdución ás técnicas analíticas de separación
-As técnicas de separación no proceso analítico
-Fundamentos e clasificación
Tema 2.- Separacións por extracción e lixiviación
-Extracción líquido-líquido: Fundamento teórico dos equilibrios de distribución. Eficacia e selectividade. Técnicas e aplicacións.
-Lixiviación: extracción sólido-líquido, extracción con fluídos supercríticos.
-Extracción e microextracción en fase sólida.
Tema 3.- Introdución ás técnicas de separación cromatográficas
-Descrición xeral da cromatografía
-Clasificacións
-Cromatogramas
-Factor de retención. Factor de separación
-Medida da eficacia: teoría cinética.
-Resolución. Optimización das separacións
-Cuantificación: métodos de calibrado
Tema 4.- Cromatografía líquida
-Cromatografía líquida en columna: introdución, instrumentación.
-Tipos: absorción, reparto, cambio iónico, exclusión por tamaños e afinidade.
-Cromatografía plana: cromatografía en papel e en capa fina.
Tema 5.- Cromatografía de gases: fundamento, instrumentación e aplicacións.
Tema6.- Técnicas de separación electroforéticas: fundamento, tipos. Introdución á electroforese capilar.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS
-Aspectos prácticos da extracción líquido-líquido: extracción simple, multiple, influencia do pH, influencia da formación de complexos
-Aplicacións da cromatografía de gases: separación, identificación e cuantificación de contaminantes (p.ej. hidrocarburos alifáticos).
-Aplicacións da cromatografía de líquida de alta resolución: separación, identificación e cuantificación de compoñentes de alimentos, bebidas ou fármacos (p.ej. Cafeína, vitaminas, paracetamol, etc).
Bibliografía básica e complementaria1. Manual de referencia: D. C. HARRIS, "Análisis Químico Cuantitativo". Editorial Reverté, 3ª ed. (6ª del inglés), Barcelona (2007).
2. Bibliografía Complementaria:
a) D.A. SKOOG; D.M. WEST; F.J. HOLLER; S.R. CROUCH
“Química Analítica”
Thomson .8ª Ed. Madrid. 2005.
b) R. CELA, R.A. LORENZO Y Mª. C. CASAIS
"Técnicas de Separación en Química Analítica". Ed. Síntesis Madrid (2002)
c) M. VALCÁRCEL CASES, A. GÓMEZ HENS.
"Técnicas Analíticas de Separación". Editorial Reverté, Barcelona (1988).
CompetenciasCompetencias xenéricas:
Capacidade de comunicación oral e escrita
Habilidade para recuperar e analizar información desde diferentes fontes, así como o emprego das novas tecnoloxías de información e comunicación.
Capacidade de aplicar a teoría á práctica.
Competencias específicas:
Capacidade para demostrar comprensión e coñecemento dos feitos, conceptos, principios e teorías esenciais relacionadas coa materia.
Capacidade para coñecer os fundamentos, metodoloxía, aplicacións e importancia de cada unha das técnicas separativas cromatográficas e non cromatográficas.
Habilidade para poder comparar as distintas técnicas estudadas entre si, expondo as súas vantaxes e inconvenientes.
Adquirir un criterio analítico para seleccionar a técnica cromatográfica máis axeitada e o detector máis conveniente para a resolución dun problema analítico dado.
Capacidade para aplicar tales coñecementos á comprensión e á solución de problemas cualitativos e cuantitativos que propón a análise químico actual.
Habilidades na avaliación e interpretación dos datos químicos.
Habilidades necesarias para executar as operacións habituais e frecuentes no laboratorio e para manexar a instrumentación empregada no traballo analítico.
Metodoloxía da ensinanza O ensino da materia impartirase mediante sesións de clases expositivas que servirán para tutorizar ao alumno no traballo persoal que deberá desenvolver posteriormente.
Estas clases expositivas complementásense con clases de seminario onde o profesor, ademais de resolver problemas tipo de carácter práctico, solucionará as dúbidas que se lle propoñan ao alumno ao resolver os exercicios ou cuestións propostos polo profesor, como parte do traballo persoal a realizar polo alumno.
Así mesmo, dentro das propias clases de seminario o alumno deberá resolver algún exercicio proposto polo profesor que, servirá para avaliar o nivel de comprensión do alumno.
As clases prácticas impartiranse no laboratorio en sesións de 4 horas por día. Antes do comezo do traballo experimental estimaranse os coñecementos do alumno acerca da práctica que hai que desenvolver.
Sistema de evaluación1. O alumno non será evaluable si non asistise polo menos ao 80% no seu conxunto das clases presenciales de carácter obligatorio (Seminarios, tutorías e prácticas de laboratorio). É obligatoria a asistencia polo menos a unha das tutorías programadas. As prácticas de laboratorio non realizadas, cuxa ausencia haberá ter que ser debidamente xustificada, intentarán recuperarse de acordo co profesor, sempre dentro do calendario e horario previstos para a asignatura. As ausencias deberán estar debidamente documentadas.
2.Será obrigatoria a asistencia á totalidade das prácticas de laboratorio. A non asistencia ás mesmas impedirá a superación da materia tanto na oportunidade ordinaria como na oportunidade de recuperación.
3.Para aprobar a materia o alumno debe alcanzar a cualificación de apto nas prácticas de laboratorio.
4.Os alumnos repetidores terán o mesmo réxime de asistencia ás clases que os que cursen a materia por primeira vez, coas excepcións seguintes:
a. Aos estudantes repetidores que aprobasen as prácticas de laboratorio conservaráselles a cualificación obtida durante un máximo de dous cursos académicos. Por tanto, non terán que realizar novamente as prácticas de laboratorio, pero asistirán ás restantes clases interactivas (seminarios e tutorías) en igualdade de condicións que os restantes alumnos.
b. Os alumnos repetidores que non obtivesen a cualificación de apto nas prácticas de laboratorio, pero superasen a parte correspondente aos contidos teóricos da materia, deberán realizar novamente as prácticas de laboratorio, conservándoselles durante un máximo de dous cursos académicos a nota do exame e a correspondente aos apartados restantes da avaliación continua (seminarios e tutorías).
5. A avaliación consistirá en dous partes:
5.1. Avaliación continua, que poderá constar á súa vez de:
i. Exercicios entregados ao profesor (Ej_entr)
ii. Exercicios realizados nos seminarios (Ej_sem)
iii. Traballo nas tutorías (Tut)
iv. Prácticas laboratorio (Pract)
5.2. Exame final (EF)
A cualificación do alumno non será inferior á do exame final nin á obtida ponderándoa coa avaliación continua.
Nota final = máximo (0,4 x N1+ 0,6 x N2, N2)
N1= nota numérica correspondente á avaliación continua (escala 0-10). N2= nota numérica correspondente ao exame final (escala 0-10).
6.Cada subapartado do apartado 5 contabilizará para a nota final do alumno da seguinte maneira:
Ej_entr, Ej_sem 20%
Tut 5%
Pract 15%
EF 60%
7.Para a avaliación das prácticas de laboratorio, os ítems a avaliar serán os seguintes:
Test previo
Organización e pulcritude no laboratorio
Execución da práctica (inclúe presentación de resultados)
Test final
8.O exame final incluirá unha primeira parte que versará sobre supostos relacionados cos aspectos teóricos da materia e unha segunda parte en que se exporán cuestións relativas ás prácticas de laboratorio. Ambas as partes terán na cualificación deste exame o peso porcentual seguinte:
Contidos teóricos 85%
Contidos prácticos-laboratorio 15%
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA HORAS
Clases expositivas en grupo grande 23
Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios) 08
Clases interactivas con ordenador en grupo reducido 00
Titorías en grupo moi reducido 02
Prácticas de laboratorio 20
Totais horas traballo presencial na aula ou no laboratorio 53
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO HORAS
Estudo autónomo individual ou en grupo 46
Resolución de exercicios, ou outros traballos 24
Resolución de exercicios, prácticas con ordenador 00
Preparación de presentacións orais, escritas,
elaboración de exercicios propostos. Actividades en
biblioteca ou similar 15
Preparación do traballo de laboratorio e
elaboración da memoria das prácticas 13
Totais horas traballo persoal do alumno 97
Recomendacións para o estudo da materiaAconséllase a asistencia ás clases expositivas e a utilización da bibliografía recomendada, e a realización dos exercicios e traballos propostos.
No tocante á a parte práctica da materia recoméndase unha lectura dos guións de prácticas, antes da súa entrada no laboratorio.