Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Química  »  Información da Materia

G1041230 - Química Inorgánica III (Química Inorgánica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 23.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 20.00
  • Clase Interactiva Seminario: 8.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 53.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Química Inorgánica
  • Áreas: Química Inorgánica
  • Centro: Facultade de Química
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FONDO BUSTO, MARIA MATILDE.NON
GARCIA SANTOS, MARIA ISABEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_05HorariosClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_06HorariosClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_07HorariosClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_08HorariosClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_04HorariosClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_05HorariosClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_06HorariosClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    - Aprendizaxe e uso dunha linguaxe rigorosa relacionada coa disciplina cursada.
    - Adquirir un coñecemento xeral e sistematizado da química descritiva dos elementos metálicos e os seus compostos máis importantes mediante o exame dos seguintes aspectos: estrutura, propiedades físicas e químicas, etc, que permitan explicar e predicir o comportamento dos elementos e os seus compostos.
    - Familiarizar ao alumno coas aplicacións e implicacións da Química Inorgánica na industria química e tecnolóxica, tanto tradicional coma moderna.
    - Aplicar as normas de seguridade aprendidas anteriormente para traballar no laboratorio Químico con seguridade (manexo de materiais e eliminación de residuos).
    - Contribuír a familiarizarse cos procedementos e técnicas propias do laboratorio de química inorgánica.

    Contidos
    Tema 1. Introdución aos elementos metálicos e á metalurxia
    Tema 2. Metais do grupo 1
    Tema 3. Metais do grupo 2
    Tema 4. Metais do grupo 4
    Tema 5. Metais do grupo 5
    Tema 6. Metais do grupo 6
    Tema 7. Metais do grupo 7
    Tema 8. Metais do grupo 8
    Tema 9. Metais do grupo 9
    Tema 10. Metais do grupo 10
    Tema 11. Metais do grupo 11
    Tema 12. Metais do grupo 12
    Tema 13. Metais do bloque p
    Tema 14. Metais do grupo 3 e metais do bloque f

    Programa de clases prácticas:
    Práctica 1. Alumbre potásico a partir de aluminio metal.
    Práctica 2. Formiato de níquel e a súa descomposición ao metal.
    Práctica 3. Aluminotermia: obtención de ferro metálico.
    Práctica 4. Cobre por cementación.
    Práctica 5. Estudo da reactividade dos metais dos grupos principais e de transición.

    Bibliografía básica e complementaria
    1. Básica (Manual de referencia)
    - J. D. Lee, Concise Inorganic Chemistry, 5º Ed., Wiley-Blackwell, Oxford, 1996.

    2. Complementaria
    - C. E. Housecroft, A. G. Sharpe, Química Inorgánica, 2ª Ed., Prentice Hall, Madrid 2006.
    - N. N. Greenwood, A. Earnshaw, Chemistry of the Elements, 2ª Ed., Butterworth-Heinemann, Oxford, 1997.
    - R.H. Petrucci, W.S. Harwood, F.G. Herring, Química General, 10ª ed.; Prentice Hall, 2011.

    Competencias
    1. Competencias xerais.
    - Fomentar a capacidade para reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran o uso de coñecementos en compostos metálicos.
    - Mellorar o manexo e busca de bibliografía.
    - Fomentar o hábito de falar en público de forma rigorosa.
    - Promover actitude crítica e non dogmática.
    - Fomentar a capacidade de comunicar, tanto por escrito coma de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Química Inorgánica, tanto a un público especializado como non especializado.
    - Habilidade para estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.

    2. Competencias específicas.
    - Saber relacionar, diferenciar e recoñecer o comportamento dos elementos metálicos e os seus compostos, así como predicir o seu tipo de enlace, estrutura, propiedades e reactividade.
    -Coñecer e distinguir as características e propiedades fundamentais dos compostos metálicos.
    - Coñecer os principais tipos de reaccións químicas e identificalos nos procesos de obtención dos elementos metálicos e os seus compostos.
    - Coñecer o tipo de enlace, estrutura, propiedades, obtención e reactividade dos elementos metálicos e os seus compostos.
    - Habilidade para demostrar e transmitir o coñecemento e a comprensión das relacións existentes entre o tipo de enlace, estrutura, propiedades e reactividade dos elementos metálicos e os seus compostos.
    - Coñecer as principais aplicacións tecnolóxicas e industriais dos elementos metálicos e os seus compostos.
    - Saber relacionar os coñecementos teóricos adquiridos sobre os elementos metálicos e os seus compostos coas experiencias químicas realizadas no laboratorio.
    - Comprender e saber utilizar a información bibliográfica e técnica referida aos elementos metálicos e os seus compostos.

    3. Competencias transversais.
    - Capacidade de organización, de planificación e de toma de decisións no traballo individual e nas actividades que se realicen en grupo.

    Metodoloxía da ensinanza
    1. Clases expositivas en grupo grande.
    Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia...). Na clase maxistral seguirase, en todos os temas posibles, un esquema xeral, co obxecto de que o alumnado aprenda unha liña de razoamento que lle permita poder asimilar os coñecementos e non convertan a materia nun puro exercicio memorístico. Nestas sesións farase especial fincapé nos aspectos máis fundamentais e/ou de difícil comprensión. A asistencia a estas clases non é obrigatoria.

    2. Clases interactivas en grupo reducido.
    Clases teórico/prácticas concibidas como un conxunto de actividades nas que o alumnado debe participar de forma directa. Nelas pódense resolver dúbidas sobre calquera aspecto ou dificultade relacionada coa materia. Pero, principalmente, estarán encamiñadas á resolución dos boletíns de cuestións e problemas que, previamente, serán entregados ao alumno, e que permitirán a este determinar o grao de aproveitamento do traballo persoal levado a cabo. As cuestións versarán sobre os aspectos máis relevantes e de difícil comprensión do temario, permitindo ao alumno determinar ata que punto afondou en cada tema e o asimilou de modo correcto.
    Nos seminarios tamén se tratará de fomentar a participación colectiva na resolución de problemas, contribuíndo deste modo a que o alumnado fale en grupo. Así, as cuestións serán resoltas polo alumnado, actuando o profesor como mero orientador ou puntualizador daquelas cuestións que o alumnado en xeral non sexa capaz de dirimir. A asistencia a estas clases é obrigatoria.

    3. Clases prácticas de laboratorio
    Nestas clases o alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio de química inorgánica e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. O traballo persoal do alumno nesta actividade é moito máis reducido. Para estas prácticas, o alumno dispoñerá dun manual de prácticas de laboratorio, que incluirá consideracións xerais sobre o traballo no laboratorio, así como un guión de cada unha das prácticas a realizar. Este constará dunha breve presentación dos fundamentos, a metodoloxía a seguir e a indicación dos cálculos a realizar e resultados a presentar. O alumno deberá a acudir a cada sesión de prácticas despois de ler atentamente o contido deste manual. Tras unha explicación do profesor, o alumno realizará individualmente, ou en grupos de dous, as experiencias e cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica, recollendo no diario de laboratorio o desenvolvemento da práctica e os cálculos e resultados que procedan, presentando o mesmo día ou na próxima sesión os resultados, que serán avaliados.
    Ademais, ao final das prácticas realizarase unha proba escrita relativa aos contidos das mesmas.
    A asistencia a estas clases é obrigatoria. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente. As prácticas non realizadas recuperaranse, a ser posible, de acordo co profesor e dentro do horario previsto para a materia.

    4. Titorías en grupo moi reducido
    Titorías programadas e coordinadas polo Centro. En xeral, supoñerán para cada alumno 2 horas por cuadrimestre e materia. Poderanse propoñer actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas tales como a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos.

    Sistema de evaluación
    1. O alumno non terá dereito a superar a materia se non asiste polo menos ao 80% das clases presenciais de carácter obrigatorio: seminarios, titorías e prácticas. É obrigatoria a asistencia polo menos a unha das titorías programadas. As prácticas de laboratorio non realizadas intentarán recuperarse, na medida do posible, de acordo co profesor e dentro do horario previsto para a materia. As ausencias deberán estar debidamente documentadas.

    2. A avaliación consistirá en dúas partes:
    2.1. Avaliación continua, que poderá constar a súa vez de:
    i. Exercicios entregados ao profesor (Ex_entr)
    ii. Exercicios realizados nos seminarios (Ex_sem)
    iii. Prácticas laboratorio (Pract)
    2.2. Exame final (EF)
    A cualificación do alumno non será inferior á do exame final nin á obtida ponderándoa coa avaliación continua.

    3. Cada subapartado do apartado 2.1 contabilizará para a nota final do alumno da seguinte maneira:
    Ex_entr, Ex_sem 20%
    Pract 15%
    EF 65%

    4. Para a avaliación das prácticas de laboratorio, os ítems a avaliar serán os seguintes:
    • Organización e pulcritude no laboratorio
    • Execución da práctica
    • Cuestións dos guións
    • Proba escrita sobre os contidos prácticos
    Non será posible superar a materia se non se superaron as prácticas de laboratorio.

    5. Os alumnos repetidores terán o mesmo réxime de asistencia ás clases que
    os que cursan a materia por primeira vez, coas salvidades seguintes:
    5.1 Aos estudantes repetidores que aprobaran as prácticas de laboratorio conservaráselles a cualificación obtida durante un máximo de dous cursos académicos. Polo tanto, non terán que realizar novamente as prácticas de laboratorio, pero asistirán ás restantes clases interactivas (seminarios e titorías) en igualdade de condicións que os restantes alumnos para non perder o dereito a examinarse da materia.
    5.2 Os alumnos repetidores que non obtiveran a cualificación de apto nas prácticas de laboratorio, pero superaran a parte correspondente aos contidos teóricos da materia, deberán realizar novamente as prácticas de laboratorio, e conservaráselles durante un máximo de dous cursos académicos a nota do exame e a correspondente aos apartados restantes da avaliación continua (seminarios e titorías).
    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
    Clases expositivas en grupo grande: 23 horas
    Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios): 8 horas
    Titorías en grupo moi reducido: 2 horas
    Prácticas de laboratorio: 20 horas
    Total horas traballo presencial na aula o no laboratorio: 53 horas

    TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO
    Estudo autónomo individual ou en grupo: 52 horas
    Resolución de exercicios, ou outros traballos: 24 horas
    Preparación de presentacións orais, escritas, elaboración de exercicios propostos. Actividades en biblioteca ou semellante: 10 horas
    Preparación del traballo de laboratorio e elaboración da memoria de prácticas: 10 horas
    Total horas traballo persoal do alumno: 96 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    - É aconsellable asistir ás clases expositivas.
    - É importante manter o estudo da materia "ao día".
    - Unha vez finalizada a lectura dun tema, aconséllase facer un resumo atendendo a: estados de oxidacións máis estables, principais características químicas dos compostos, racionalizadas en función do estado de oxidación do metal e estrutura do composto, tipo de reaccións a que poden dar lugar.
    - A resolución de problemas é fundamental para a aprendizaxe desta materia. Iso axuda a adquirir un modo de pensar propio do Químico Inorgánico, que o leve a sistematizar os coñecementos adquiridos, racionalizando as propiedades e reactividade dos compostos sobre a base da súa estrutura.
    - É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, débense repasar os conceptos teóricos importantes en cada experimento e, a continuación, é necesario ler con atención o guión da práctica, intentando entender os obxectivos e o desenvolvemento do experimento proposto. Calquera dúbida que puidese xurdir deberá ser consultada co profesor.

    Observacións
    Recomendacións de cara á avaliación:
    O alumno debe repasar os conceptos teóricos introducidos nos distintos temas. O grao de acerto na resolución dos exercicios propostos proporciona unha medida da preparación do alumno para afrontar o exame final da materia. Aqueles alumnos que encontren dificultades importantes á hora de traballar as actividades propostas deben de acudir nas horas de titoría do profesor, co obxectivo de que este poida analizar o problema e axudar a resolver as devanditas dificultades.

    Recomendacións de cara á recuperación:
    O profesor analizará con aqueles alumnos que non superen con éxito o proceso de avaliación, e así o desexen, as dificultades encontradas na aprendizaxe dos contidos da materia.