Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Química  »  Información da Materia

G1041323 - Química Física IV (Química Física) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 23.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 20.00
  • Clase Interactiva Seminario: 10.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 55.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Química Física
  • Áreas: Química Física
  • Centro: Facultade de Química
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
BLANCO VARELA, M.ª DEL CARMEN.NON
Crugeiras Martinez, Juan.NON
Fiol Lopez, Sarah.SI
RIVADULLA FERNANDEZ, JOSE FRANCISCO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE_02HorariosClase ExpositivaSISI
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_05HorariosClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_06HorariosClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_04HorariosClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Esta materia pertence ao módulo 3: Química Física. Está relacionada fundamentalmente coas materias do devandito módulo e é importante para comprender os contidos da materia Química Física V, que se imparte no 2º cuadrimestre do 3er curso.
    É unha materia que, a priori, pode parecer moi afastada de todo o que se viu no resto das materias do módulo e non obstante está relacionada coa maioría delas. O estudo da termodinámica estatística serve para establecer unha conexión entre a termodinámica, a espectroscopia e a mecánica cuántica. Abórdase a termodinámica dende un punto de vista microscópico e analízanse as súas aplicacións para a obtención de funcións termodinámicas, capacidades caliríficas, entropías e constantes de equilibrio. Unha parte da materia é o estudo das propiedades de transporte a partir do movemento das moléculas, que ademais, resulta de grande axuda para o estudo cinético das reaccións químicas que se aborda na materia Química Física V. Finalmente, inclúese o estudo da Electroquímica como una ciencia básica na que se aplican conceptos termodinámicos e de transporte xa adquiridos, o estudo do equilibrio /transporte de carga eléctrica en sistemas electrodo-disolución, comezando dende os principios e conceptos básicos e presentando as súas aplicacións máis actuáis. Estes contidos son a base para o estudo da cinética electroquímica que os alumnos traballarán no seguinte cuatrimestre na Química Física V.

    Obxectivos da aprendizaxe.

    · Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades.
    · Comprender os principios da termodinámica e as súas aplicacións en Química.
    · Relacionar as propiedades macroscópicas coas de átomos e moléculas.
    · Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías.
    · Reconocer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos.
    · Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química.
    · Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos.
    · Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química.
    Contidos
    Tema 1. Conceptos básicos de termodinámica estatística
    Distribución de estados moleculares. Enerxía interna e Entropía. A función de partición canónica.

    Tema 2. Aplicacións da termodinámica estatística
    Funcións termodinámicas e a función de partición molecular. Enerxías media. Capacidade calirífica. Ecuacións de estado. Constantes de equilibrio.

    Tema 3. Movemento molecular en gases
    Teoría cinética de gases. Presión e velocidade molecular. Frecuencia de colisións. Percorrido libre medio. Colisións coas paredes e superficies. Efusión dun gas.

    Tema 4. Propiedades de transporte nun gas ideal
    Ecuacións fenomenolóxicas. Parámetros de transporte.

    Tema 5. Movementos moleculares en líquidos
    Condutividade en disolucións de electrólitos. Mobilidade e condutividade iónica. Interaccións iónicas. Difusión: leis de Fick, ecuación de Einstein, ecuación de Nernst-Einstein e ecuación de Stokes-Einstein.

    Tema 6. Procesos nos electrodos e sistemas electroquímicos
    A interfase electrodo-disolución. Estrutura da interfase. O potencial eléctrico na interfase electroquímica. Escala relativa de potenciais e electrodos de referencia. Aplicacións prácticas de sistemas electroquímicos

    Tema 7. Electroquímica de equilibrio
    Células galvánicas, conceptos xerais. Potencial de unión liquida. Medida da FEM dunha célula galvánica: o potenciómetro. Enerxía libre e forza electromotora. A ecuación de Nernst. Aplicacións ao cálculo de magnitudes termodinámicas. Electrodo de vidro e medida do pH. Outros electrodos de referencia. Electrodos selectivos.


    Prácticas de laboratorio:

    Práctica 1. Transporte de calor: Determinación da condutividade térmica de diferentes materiais.

    Práctica 2. Transporte de carga en disolucións de ions: Método conductimétrico para a determinación da constante de ionización do ácido acético.

    Práctica 3. Transporte de carga a través da interfase electroquímica en equilibrio: Método potenciométrico para a determinación do producto de solubilidade do AgCl e da constante de formación do complexo Ag(NH3)n+.


    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía Básica (manual de referencia).

    P. Atkins and J. de Paula, Physical Chemistry, 8th edition; Oxford U. P., 2008

    Bibliografía Complementaria.

    T. Engel, P. Reid, Química Física, Addison Wesley, 2006
    J. Bertrán Rusca, Javier Núñez Delgado, Química Física, Volúmenes I y II. Ariel Ciencia, 2002

    Competencias
    Competencias xerais.

    · Manexar os conceptos, métodos e resultados básicos da Termodinámica.
    · Capacidade para planificar a resolución de problemas numéricos e analizar de forma crítica os resultados obtidos.
    · Capacidade de estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, e aplicación de novos coñecementos e técnicas.
    . Realizar medidas experimentais de forma precisa e reflectir os resultados obtidos e a súa análise de forma ordenada nun caderno de laboratorio.

    Competencias específicas.

    · Conocer a relación entre propiedades macroscópicas e propiedades de átomos e moléculas individuais.
    · Ser capaz de entender e resolver problemas relacionados coa termodinámica estatística, as propiedades de transporte e a electroquímica segundo modelos previamente desenvolvidos.

    Competencias transversais.

    · Capacidade para resolver e discutir problemas.
    . Coñecemento dunha lingua estranxeira mediante a utilización de material en inglés.
    Metodoloxía da ensinanza
    A) Clases expositivas en grupo grande: Lección impartida polo profesor para introducir os conceptos básicos de cada tema que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia…). Habitualmente estas clases seguirán os contidos do manual de referencia indicado na bibliografía e os alumnos disporán do material (diapositivas, boletíns de problemas, enlaces de interés, etc) na Aula Virtual. Preténdese que estas clases sexan o punto de partida para que o alumno desenvolva as capacidades de análises e sínteses dos aspectos máis relevantes da materia e que lle sirvan de guía para o desenvolvemento da súa aprendizaxe autónoma. A asistencia non é obrigatoria aínda que si recomendable.

    B) Seminarios: Clase teórico/práctica na que se propón e resolven aplicacións da teoría, problemas e exercicios. O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor (algúns dos propostos en boletíns de problemas que o profesor entrega aos alumnos coa suficiente antelación a través da Aula Virtual); resolución de exercicios no aula, cuestionarios curtos resoltos na aula, etc. A asistencia a estas clases será obrigatoria xa que as probas non anunciadas que se realizan nelas e os traballos feitos na aula constituen una porcentaxe da nota final. A asistencia é obrigatoria.

    C) Clases prácticas de laboratorio: Inclúense aquí as clases que teñen lugar nun laboratorio de prácticas. Nelas o alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio de química e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. Para estas prácticas, o alumno disporá da información necesaria coa suficiente antelación na Aula Virtual do curso e terá que preparar de forma autónoma, facendo uso da bibliografía axeitada e coa axuda do profesor, duas das tres prácticas propostas na programación. Antes de entrar no laboratorio o estudante terá unha idea clara da metodoloxía que vai seguir e así o comentará co profesor, o cal estará dispoñible no laboratorio para supervisar o progreso do alumno e para comprobar se éste adquiriu o nivel de coñecemento que lle vai permitir realizar a práctica. Na seguinte fase, os alumnos terán que responder durante 5 ou 10 minutos a unhas cuestións previas sobre o desenvolvemento da práctica para saber se están en condicións de comezar. O alumno realizará, individualmente ou por parellas, as tarefas e cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica, recollendo no diario de laboratorio o desenvolvemento da práctica e os cálculos e resultados que procedan. O profesor poderá pedir ao alumno que lle mostre o diario de laboratorio en calquera momento e ao remate de cada práctica haberá que entregar un breve informe cos resultados máis salientables. A realización das prácticas será obrigatoria xa que supón unha porcentaxe dos créditos totais da asignatura e polo tanto tamén da nota final.

    D) Titorías en grupo reducido: Suporán 2 horas para cada alumno. Nestas clases os alumnos deberán expor, debater ou comentar aquelas actividades previamente propostas polo profesor. As actividades realizaranse individualmente ou en grupo segundo indique o profesor. A asistencia ás tutorías será obrigatoria e a participación nas mesmas será avaliada.

    Durante o desenvolvemento da materia farase uso do Campus Virtual. A través desta ferramenta os alumnos disporán de toda a información relativa á materia: programa, días de clase e datas de entregas cun horario detallado, transparencias de clase, boletíns de problemas, actividades a realizar, intercambio de ficheiros e anuncios concretos. Tamén se lles dará a posibilidade de entregar os traballos das actividades programadas a través de devandita plataforma.
    Sistema de evaluación
    Avaliación prácticas de laboratorio:

    Os alumnos deberán mostrar unha actitude correcta e participativa no laboratorio e cumprir as normas de seguridade. A avaliación das prácticas farase mediante:
    - Un test previo á realización de cada práctica
    - Respostas ás preguntas formuladas polo profesor durante as sesións no laboratorio
    - Entrega, ao remate de cada sesión, dun breve informe que recolla os resultados máis salientables da práctica: táboas cos datos experimentais, parámetros determinados, gráficas, etc.
    - No exame final incluiranse tamén preguntas sobre as prácticas
    - É necesario ter apto nas prácticas para aprobar a asignatura

    Repartición de porcentaxes na avaliación:

    - Avaliación continua: 40% (Actividades propostas polo profesor 20 %; traballo titorías 5% e
    prácticas de laboratorio 15%)
    - Exame final: 60%

    Coma en todas as materias do Grao o acceso ao exame final estará condicionado á asistencia alomenos o 80% das actividades docentes presenciais de asistencia obrigatoria (prácticas de laboratorio, seminarios e titorías). Para cada materia, previamente á realización do exame ordinario, o Decanato da Facultade fara pública a relación dos estudantes que perderon o dereito a examinarse.

    A NOTA FINAL (N) do alumno será a correspondente á ponderación da nota da evaluación continua (0,40 × N1) e da do exame (0,60 × N2) ou ben a nota obtida no exame (N2), sempre aquela que resulte máis favorable ao alumno.

    N = máx.(0,40 × N1 + 0,60 × N2, N2)

    O exame final incluirá cuestións teóricas e problemas relacionados coa materia incluída no programa da asignatura independentemente de si dita materia foi traballada nas clases expositivas, interactivas ou prácticas de laboratorio. O exame será calificado cun total de 10 puntos.

    Alumnos repetidores:

    Os alumnos repetidores terán o mesmo réxime de asistencia as clases que os que cursan a asignatura por primeira vez, cas salvedades seguintes:

    - Ós estudantes repetidores dunha asignatura teórico-práctica que aprobaran as prácticas de laboratorio nunha edición previa, se lesl conservará a calificación obtida neste apartado durante un máximo de dous cursos académicos. Polo tanto, no terán que realizar novamente as prácticas de laboratorio, pero asistirán as restantes clases interactivas (seminarios e titorías), en igualdad de condicións que os restantes alumnos, para non perder o dereito a examinarse da asignatura.
    - Os alumnos repetidores dunha asignatura teórico-práctica que na edición previa obtiveran a calificación de non apto nas prácticas de laboratorio, pero superaran a parte correspondente aos contidos teóricos da asignatura, estarán exentos de asistir ás devanditas clases interactivas, excepto ás prácticas de laboratorio, conservándoselles durante un máximo de dous cursos académicos a nota do exame e a correspondente aos apartados restantes da evaluación continua (seminarios e titorías). Si, tras repetir as prácticas de laboratorio, obtivesen a calificación de apto, serán aprobados na asignatura cunha nota e calificación, que será a que resulte de aplicar a fórmula indicada anteriormente.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais do alumno = 55 horas:

    . Clases expositivas en grupo grande = 23 horas
    . Clases interactivas en grupo reducido = 10 horas
    . Prácticas de laboratorio = 20 horas
    . Tutorías en grupo reducido = 2 horas


    Horas de traballo personal do alumno = 95 horas:

    . Estudio autónomo, individual ou en grupo = 46 horas
    . Resolución de exercicios e outros traballos = 24 horas
    . Preparación do traballo das tutorías = 10 horas
    . Preparación do traballo de laboratorio = 15 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    • É aconsellable asistir ás clases expositivas
    • É importante manter o estudo da materia "ao día" o cal pódese acadar ca participación nas actividades das clases interactivas
    • Unha vez finalizada a lectura dun tema no manual de referencia, é útil facer un resumo dos puntos importantes, identificando as ecuacións básicas que se deben recordar e asegurándose de coñecer tanto o seu significado coma as condicións nas que se poden aplicar.
    • A resolución de problemas é fundamental para a aprendizaxe desta materia. Pode resultar de axuda seguir estes pasos: (1) Facer unha lista con toda a información relevante que proporciona o enunciado. (2) Facer unha lista coas cantidades que se deban calcular. (3) Identificar as ecuacións a utilizar na resolución do problema e aplicalas correctamente.
    • É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, débense repasar os conceptos teóricos importantes en cada experimento e, a continuación, é necesario ler con atención o guión da práctica, intentando entender os obxectivos e o desenvolvemento do experimento proposto. Calquera dúbida que puidese xurdir deberá ser consultada co profesor.

    Observacións
    Requisitos previos recomendados: É aconsellable tamén ter aprobado os módulos de Matemáticas, Física e Química Xeral, así como as materias do mesmo módulo.