Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Química  »  Información da Materia

G1041325 - Química Inorgánica IV (Química Inorgánica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 23.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 20.00
  • Clase Interactiva Seminario: 8.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 53.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Química Inorgánica
  • Áreas: Química Inorgánica
  • Centro: Facultade de Química
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
BASTIDA DE LA CALLE, Mª RUFINA.SI
FONDO BUSTO, MARIA MATILDE.NON
GARCIA DEIBE, ANA MARIA.NON
LABISBAL VIQUEIRA, MARIA ELENA.NON
VILA ABAD, JOSE MANUEL.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE_02HorariosClase ExpositivaSISI
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_05HorariosClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_06HorariosClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_04HorariosClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    • Coñecer os aspectos relacionados coa estabilidade destes compostos e os factores que a determinan.
    •Coñecer as teorías do enlace nos compostos de coordinación.
    •Coñecer os aspectos teóricos que permiten a interpretación das propiedades espectroscópicas e magnéticas dos compostos de coordinación.

    Contidos
    Programa de teoría:
    Tema 1. Aspectos termodinámicos dos compostos de coordinación
    Tema 2. O enlace nos compostos de coordinación
    Tema 3. Propiedades espectroscópicas dos complexos dos metais de transición
    Tema 4. Propiedades magnéticas dos complexos dos metais de transición

    Programa de prácticas:
    Práctica 1. - Preparación de tris(8-hidroxiquinolinato)aluminio
    Práctica 2.- Preparación de hexafluoroferrato(III)potásico
    Práctica 3. - Preparación de dioxalatocuprato(II)potásico
    Práctica 4 - Preparación de triamíntrinitrocobalto(III)
    Práctica 5. - Ións complexos e serie espectroquímica: comparación de o ;ou de
    diferentes complexos do mesmo metal
    Práctica 6. - Preparación de tetraisocianatocobaltato(II)potásico (complementaria)


    Bibliografía básica e complementaria
    Básica (manual de referencia)
    - Housecroft C.E., Sharpe A.G., "Química Inorgánica" 2º Ed.; Prentice Hall, 2006.: capítulos 6 e 20.

    Complementaria
    - Shriver D.F. & Atkins, P. "Química Inorgánica" 4ª ed.; McGraw-Hill, 2008: capítulo 19 e 20.
    -Huheey J. E., Keiter E. A., Keiter R. L., "Química Inorgánica" 4ª Ed., HarperColloins CollegePublishers, 1993.
    - Ribas Gispert, J., Química de Coordinación; Edicions Universitat de Barcelona, 2000.

    Competencias
    Competencias xerais:
    Capacidade para elaborar un traballo relacionado con compostos de coordinación.
    Capacidade para presentar oralmente un traballo, problemas ou cuestións relacionadas con compostos de coordinación.
    Capacidade para desenvolver un traballo, tanto individualmente como en equipo.
    Capacidade para avaliar, interpretar e sintetizar a información e os datos relacionados con compostos de coordinación.
    Competencias específicas:
    Capacidade para interpretar o enlace nos compostos de coordinación, de acordo coas súas propiedades.
    Capacidade para comprender as condicións de estabilidade dos compostos de coordinación.
    Capacidade para interpretar as propiedades ópticas e magnéticas dos compostos e coordinación.
    Capacidade para aplicar os coñecementos obtidos no curso para resolver problemas relacionados cos compostos de coordinación.
    Planificar e levar a cabo experimentalmente sínteses sinxelas de compostos de coordinación, con seguridade e utilizando as técnicas axeitadas.
    Alcanzar a capacidade de explicar de forma comprensible fenómenos e procesos relacionados coa Química de Coordinación.
    Comprender e utilizar a información bibliográfica e técnica referida aos compostos de coordinación.
    Competencias transversais:
    Capacidade para traballar en grupo tanto na resolución coma na discusión de problemas.

    Metodoloxía da ensinanza
    A) Clases expositiva en grupo grande: Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia,...). O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos aínda que os estudantes non necesitan manexalos en clase. Habitualmente estas clases seguirán os contidos do manual de referencia indicado na bibliografía.

    B) Glases interactivas en grupo reducido.: Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios,... O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor (algúns dos propostos en boletíns de problemas que o profesor entrega aos alumnos coa suficiente antelación), resolución de exercicios na aula, etc. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos aínda que os estudantes non os manexarán en clase. Inclúense as probas de avaliación se as houbera. A asistencia a estas clases será obrigatoria.

    C) Clases prácticas de laboratorio: Inclúense aquí as clases que teñen lugar nun laboratorio de prácticas. Nelas o alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio de química e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. O traballo persoal do alumno nesta actividade é moito máis reducido. Para estas prácticas, o alumno disporá dun manual de prácticas de laboratorio, que incluirá consideracións xerais sobre o traballo no laboratorio, así como un guión de cada unha das prácticas a realizar, que constará dunha breve presentación dos fundamentos, a metodoloxía a seguir e a indicación dos cálculos a realizar e resultados a presentar. O alumno deberá a acudir a cada sesión de prácticas lendo atentamente o contido deste manual.
    O alumno realizará individualmente, ou en grupos de dous, as experiencias e cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica, recollendo no diario de laboratorio o desenvolvemento da práctica e os cálculos e resultados que procedan, presentando o mesmo día ou na próxima sesión os resultados, que serán avaliados.
    A entrega dunha memoria final é un requisito adicional para a avaliación.e o prazo de presentación máximo será a data correspondente ao exame final da convocatoria correspondente.
    A asistencia a estas clases é obrigatoria. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose razóns de exame e de saúde, así como aqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente. A práctica non realizada recuperarase de acordo co profesor e dentro do horario previsto para a matéria

    D) Titorías em grupos moi reducidos. Titorías programadas polo profesor e coordinadas polo Centro. En xeral, suporán para cada alumno 2 horas por cuatrimestre e materia.
    Propóñense actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas;
    así como a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos. En moitos casos o profesor poderá esixir aos alumnos a entrega de exercicios previa á celebración da titoría. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
    E) O alumno poderá atopar material de apoio na Aula Virtual


    Sistema de evaluación
    Sistema de avaliación:
    1. A asistencia ás clases presenciais de carácter obrigatorio seminarios, titorías e prácticas é obrigatoria. Non se avaliará o alumno que non asista, polo menos, ao 80% destas clases As ausencias deberán estar debidamente documentadas seguindo as pautas adoptadas pola Universidade de Santiago de Compostela. As prácticas non realizadas por causas xustificadas deberán ser recuperadas, de acordo co profesor.

    2. A avaliación consistirá en dúas partes:
    2.1. Avaliación continua (40%), que constará á súa vez de:
    i. Exercicios entregados ao profesor
    ii. Exercicios realizados nos seminarios
    iii. Traballo nas titorías
    iv. Prácticas laboratorio
    2.2. Exame final (60%)

    3. Cada subapartado do apartado 2.1 contabilizará para a nota final do alumno do seguinte xeito:
    i e ii: 20%
    iii: 5%
    iv: 15%
    4. Para a avaliación das prácticas de laboratorio, os ítemsa avaliar serán os seguintes:
    Organización e pulcritude no laboratorio
    Execución da práctica
    Test final
    Diario de laboratorio
    5. O exame final incluirá cuestións relativas a todos os contidos da materia.
    6.- A nota global de cada estudante na materia obterase como resultado de aplicar a fórmula seguinte:
    Nota final= Máximo (N2, c1 x N1 + c2 x N2)
    Sendo N1 a nota numérica correspondente á avaliación continua (escala0-10), c1 o peso porcentual da avaliación continua, N2 a nota numérica do exame final (escala 0-10) e c2 o peso porcentual do exame final.
    7. Os alumnos repetidores terán o mesmo réxime de asistencia ás clases que os que cursan a materia por primeira vez, coas salvidades seguintes:
    a) Aos estudantes repetidores que aprobaran as prácticas de laboratorio conservaráselles a cualificación obtida durante un máximo de dous cursos académicos. Polo tanto, non terán que realizar novamente as prácticas de laboratorio, pero asistirán ás restantes clases interactivas (seminarios e titorías) en igualdade de condicións que os restantes alumnos para non perder o dereito a examinarse da materia.
    b) Os alumnos repetidores que non obtiveran a cualificación de apto nas prácticas de laboratorio, pero superaran a parte correspondente aos contidos teóricos da materia, deberán realizar novamente as prácticas de laboratorio, e conservaráselles durante un máximo de dous cursos académicos a nota do exame e a correspondente aos apartados restantes da avaliación continua (seminarios e titorías).



    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
    a) Clases expositivas en grupo grande. HORAS: 23
    b) Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios). HORAS: 8
    c) Tutorías. HORAS:2
    d) Prácticas de laboratorio. HORAS: 20

    TOTAL HORAS TRABALLO PRESENCIAL NA AULA O LABORATORIO: 53 HORAS


    TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
    a) Estudio autónomo individual ou en grupo. HORAS: 46
    b) Resolución de exercicios, ou outros traballos. HORAS 24
    c) Preparación das presentacións orais, escritas, elaboración de exercicios propostos. Actividades en biblioteca ou similar. HORAS 12
    d) Preparación dotraballo de laboratorio e elaboración da memoria de prácticas. HORAS 15

    TOTAL HORAS TRABAllO PERSOAL DO ALUMNO: 97HORAS


    Recomendacións para o estudo da materia
    É importante asistir ás clases expositivas.
    É importante manter "ao día" o estudio da materia.
    É importante a participación activa nas clases, especialmente as de seminario, nas que se resolverán os exercicios formulados, comentando as dificultades cos compañeiros de seminario.
    Unha vez finalizada a lectura dun tema no manual de referencia, é útil facer un resumo dos aspectos importantes, identificando os puntos fundamentais e as relacións básicas que se deben recordar, e asegurándose de coñecer tanto o seu significado como as condicións nas que se poden aplicar.
    A resolución de problemas é importante para a aprendizaxe desta materia.
    Pode resultar de axuda seguir estes pasos: (1) Facer unha lista con toda a información relevante que proporciona o enunciado. (2) Facer unha lista coas cantidades que se deban calcular. (3) Identificar as ecuacións a utilizar na resolución do problema e aplicalas correctamente.
    É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, débense repasar os conceptos teóricos importantes en cada experimento e, a continuación, é necesario ler con atención o guión da práctica, intentando entender os obxectivos e o desenvolvemento do experimento proposto.
    Calquera dúbida que puidese xurdir deberá ser consultada co profesor.