G1041326 - Química Analítica IV (Química Analítica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 23.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 20.00
- Clase Interactiva Seminario: 8.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 53.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Áreas: Química Analítica
- Centro: Facultade de Química
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaCarácter: Obrigatorio
Código: G1041326
Convocatoria: 2do semestre
Créditos: 6 ECTS (4.5 teórico-prácticos + 1.5 prácticas con computador)
Modulo: Módulo 2: Química Analítica.
Respecto doutros módulos, relaciónase coa materia de Estatística Aplicada e Informática para Químicos, de módulo de Formación Básica Transversal.
Esta materia é clave no módulo de Química Analítica porque lle proporciona ao alumno os coñecementos básicos necesarios para abordar a extracción de información dos datos químicos e para abordar o seu traballo con criterios de calidade contrastables. Trátase dun curso de introdución á Quimiometría e á Cualimetría que implica conceptos e coñecementos básicos e fundamentais na formación do químico actual, non só daqueles que opten por unha especialización posterior en química analítica, senón con carácter xeral tanto para o desenvolvemento da actividade profesional do químico como para o seu enfoque nunha carreira investigadora
ContidosA materia está dividida en catro bloques:
Bloque I.- Introdución.
Tema 1.- Quimiometría e Cualimetría: o papel das matemáticas e a estatística na química
Bloque II.- Deseño experimental
Tema 2. Introdución ao deseño experimental
Tema 3. Deseños factoriais a dous niveis
Tema 4. Deseños factoriais fraccionais a dous niveis
Tema 5. Deseños a máis de dous niveis
Bloque III.- Análise Multivariable
Tema 6. Redución do espazo das variables.
Tema 7. Técnicas de clasificación
Tema 8. Calibración multivariada
Bloque IV.- Control e Xestión de calidade
Tema 9. Xestión da calidade total. Conceptos e ferramentas.
Tema 10. Control estatístico de procesos (1)
Tema 11. Control estatístico de procesos (2)
Tema 12. Certificación e acreditación da calidade
Contido Prácticas:
Práctica 1.- Análise de varianza
Práctica 2.- Deseño experimental
Practica 3.- Análise multivariable
Practica 4.- Cartas de control
Bibliografía básica e complementariaBibliografía Básica (manual de referencia).
D.L. Massart, B.G.M. Vandeginste, L.M.C. Buydens, S.De Jong, P.J. Lewi, J-Smeyers-Verbeke. “Handbook of Chemometrics and Qualimetrics, Parts A and B”. Elsevier, Amsterdam 1997-1998
Bibliografía Complementaria.
Texto para os temas adicados á Quimiometría:
M. Branco, V. Cerdá (eds.). “Temas avanzados de quimiometría”. Univ. Illes Balears, Col-lecció materials didàctics, 125. Palma de Mallorca, 2007
Texto para os temas dedicados a control de calidade
D.H. Besterfield. “Control de calidade (8ª ed)”. Pearson-Prentice Hall, Mejico, 2009
Texto para os temas relacionados coa xestión da calidade.
J.R. Evans, W. M. Lindsay. “Administración e control da calidade”. Thomson, Méjico, 2005
CompetenciasCompetencias Xerais:
•Capacidade para demostrar o coñecemento e comprensión dos feitos esenciais, conceptos, principios e teorías relacionadas coas áreas da Química
•Resolución de problemas cualitativos e cuantitativos segundo modelos previamente desenvolvidos
•Avaliación, interpretación e manipulación de datos e información Química
•Interpretación de datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio en termos da súa significación e das teorías que a sustentan
•Equilibrio entre teoría e experimentación
•Recoñecer e valorar os procesos químicos na vida diaria
•Comprensión dos aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos
•Capacidade para relacionar a Química con outras disciplinas
Competencias específicas:
•Coñecemento de sistemas de xestión e control da calidade no laboratorio e na industria química
•Coñecemento da normativa internacional relacionada coa calidade
•Dispor dos coñecementos teóricos e prácticos necesarios para planificar, aplicar e xestionar a metodoloxía analítica máis adecuada para abordar problemas de índole ambiental, sanitario, industrial, alimentario ou de calquera índole relacionada con sustancias químicas
•Dispor dos coñecementos teóricos e prácticos necesarios para abordar a xestión de residuos químicos e de seguridade no laboratorio
•Poder explicar de maneira comprensible fenómenos e procesos relacionados coa Química Analítica. Comprender e utilizar a información bibliográfica e técnica referida aos procesos químicos analíticos.
•Metroloxía dos procesos químicos incluíndo a xestión de calidade
•Normalización da xestión de calidade, tanto na industria como no laboratorio analítico
•Manipulación de datos e extracción da información valiosa, pero non evidente, contida nos devanditos datos
•Traballo en condicións óptimas en química analítica
Metodoloxía da ensinanza A) Clases expositivas: Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia…). O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos. Habitualmente estas clases seguirán os contidos dun Manual de referencia proposto na Guía Docente da materia. A asistencia a estas clases non é obrigatoria, aínda que será valorada positivamente.
Todos os esquemas e presentacións a utilizar nas clases expositivas serán postos a disposición dos estudantes desde o inicio do curso a través da aula virtual da USC. De modo análogo, utilizarase este medio para fornecer aos estudantes calquera outro tipo de material que o profesor considere convinte para o desenvolvemento do curso.
B) Clases interactivas - Seminarios: O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor; resolución de exercicios na aula, etc. Inclúense as probas de avaliación se as houbera. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
C) Clases prácticas con ordenador: Nesta materia, as clases prácticas desenvólvense nunha aula de informática. Nelas o alumno adquire as habilidades propias relacionadas coa materia que se está impartindo e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. Para estas prácticas, o alumno disporá dun manual de prácticas, que incluirá consideracións xerais sobre o traballo a desenvolver, así como un guión esquemático de cada unha das prácticas a realizar e resultados a presentar. O alumno deberá acudir a cada sesión de prácticas preparando adecuadamente a sesión en función do calendario establecido. Previo a cada sesión de prácticas, se o profesor o considera convinte, o alumno terá que respostar a unhas cuestións previas. Tras a explicación do profesor, o alumno realizará individualmente, ou en grupos de dous, o necesario para a consecución dos obxetivos da práctica, presentando no prazo que lle sexa indicado os resultados, que serán avaliados.
A asistencia a estas clases é obrigatoria. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente.
D) Titorías: Titorías programadas polo profesor e coordinadas polo Centro. En xeral, suporán para cada alumno 2 horas por cuadrimestre e materia. Proporanse actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, clases ou outras tarefas propostas; así como a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos. Nalgúns casos o profesor esixirá aos alumnos a entrega de exercicios previa á celebración da tutoría. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
Sistema de evaluaciónA avaliación desta materia farase mediante avaliación continua e a realización dun exame final.
A asistencia ás clases expositivas non é obrigatoria, aínda que será valorada positivamente. Esixirase unha asistencia do 80% nas clases interactivas de carácter obrigatorio: seminarios, tutorías e prácticas. É obrigatoria a asistencia polo menos a unha das tutorías programadas para ter en conta a avaliación continua. . As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose aqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente.
1.1. Avaliación continua, terá un peso porcentual do 30 % e constará que poderá constar á súa vez de:
* Exercicios de seminarios entregados ó profesor 10%
* Traballo nas tutorías 5%
* Prácticas interactivas con computador 15%. Para a avaliación os ítems a avaliar serán os seguintes:
* Test previo
* Execución da práctica
* Exercicios entregados
1.2. Exame final (EF), versará sobre os contidos teóricos da materia e os contidos prácticos relativos ás prácticas de laboratorio, e terá un peso porcentual do 70 % , desagregado en:
Contidos teóricos 50%
Contidos prácticos 20%
En todo caso, para aprobar a materia, será requisito imprescindible ter a cualificación de apto nas prácticas de laboratorio. As prácticas de laboratorio non realizadas (sempre que a falta esté debidamente xustificada) intentaránse recuperar dacordo co profesor e dentro do horario previsto para a asignatura.
Aos estudantes repetidores que aprobasen a parte correspondente á avaliación continua de prácticas conservaráselles a cualificación obtida neste apartado durante un máximo de dous cursos académicos, polo que estarán eximidos (agás que o desexen) de asistir ás sesións correspondentes de aula de informática, pero deberán realizar o exame dos contidos de prácticas.
Tempo de estudo e traballo persoal TRABALLO PRESENCIAL NA aula............HORAS.....TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO............HORAS
Clases expositivas en grupo grande........ 23........Estudo autónomo individual ou en grupo........50
Clases interactivas (Seminarios)................8........Resolución de exercicios, ou outros traballos...22
Titorías en grupo moi reducido.................2........Elaboración de exercicios propostos.................12
Prácticas interactivas con ordenador........20.........Elaboración da memoria das prácticas.........12
Total horas traballo presencial...................53.......Total horas traballo persoal do alumno.........96
Recomendacións para o estudo da materiaAsúmese que o estudante que está cursando esta materia superou os cursos previos de matemáticas e estatística.
O material e presentacións utilizadas polo profesor nas clases expositivas teñen como obxectivo facilitar e guiar a aprendizaxe, pero non substitúen a consulta e estudo dos textos de referencia recomendados nin constitúen en si mesmos un manual de referencia ou un texto para a preparación do exame. O alumno deberá demostrar no mesmo que realizou un esforzo persoal de aprendizaxe máis aló dos esquemas ou guións proporcionados polo profesor nas clases expositivas