Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Química  »  Información da Materia

G1041327 - Química Inorgánica V (Química Inorgánica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 8.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 40.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Química Inorgánica
  • Áreas: Química Inorgánica
  • Centro: Facultade de Química
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GARCIA TASENDE, Mª SOLEDAD.NON
PEREIRA LORENZO, MARIA TERESA.NON
Sanmartin Matalobos, Jesus.NON
VILA ABAD, JOSE MANUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE_02HorariosClase ExpositivaSISI
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_05HorariosClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_06HorariosClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_04HorariosClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Coñecemento dos compostos organometálicos dos metais de transición, a clasificación en función do tipo de ligando e a súa síntese,
    • Coñecer ás regras que definen a estabilidade destes compostos.
    • Coñecemento e estudio do enlace metal─carbono, e a súa relación coa estrutura, propiedades e reactividade dos compostos.
    • Coñecer ás técnicas máis salientables para a caracterización estrutural.
    • Coñocemento dos compostos como catalizadores de importancia industrial e os ciclos catalíticos máis importantes nos que interveñen.

    Contidos
    Tema 1. Introdución.
    Definición de composto organometálico. Nomenclatura. Clasificación. Tipos de Ligandos.
    1 hora.
    Tema 2. Regra dos 18 electróns
    Definición da regra dos 18e. Reconto de electróns segundo o criterio homolítico. Limitacións da regra.
    2 horas.
    Tema 3. Carbonilos metálicos
    Síntese. Estruturas. Modos de enlace do ligando carbonilo. Enlace. Caracterización de Carbonilos metálicos mediante espectroscopia IR. Reactividade de carbonilos metálicos.
    4 horas.
    Tema 4. Ligandos de 1e e 2e
    Síntese. Enlace: TOM. Estabilidade. Efecto orto. Eliminación Beta. Reactividade.
    Carbenos e carbinos.
    3 horas.
    Tema 5. Ligandos de 3e.
    Síntese. Enlace: sigma─alilos pi−alilos. Caracterización mediante espectroscopia de RMN de 1 H. Reactividade.
    3 horas.
    Tema 6. Ligandos de 4e
    Preparación. Enlace: TOM. Reactividade. Substitución electrofílica.
    1 hora.
    Tema 7. Ligandos de 5e
    Compostos con ligandos hapto5─ciclopentadienilo. Estruturas. Síntese. Enlace. Caracterización espectroscópica: IR, RMN de protón. Reactividade.
    3 horas.
    Tema 8. Ligandos de 6e e 7e
    Estruturas. Síntese. Enlace. Reactividade.
    1 hora.

    Programa de clases prácticas

    Práctica 1.- SÍNTESE DE ACETILFERROCENO
    Práctica 2.- PURIFICACIÓN DE ACETILFERROCENO (CROMATOGRAFÍA)
    Práctica 3.- CARACTERIZACIÓN DE ACETILFERROCENO

    Bibliografía básica e complementaria
    Básica (manual de referencia):
    -C.E. Housecroft, A.G. Sharpe, "Química Inorgánica" 2º Ed.; Prentice Hall, 2006. Capítulo 23. Compostos Organometálicos dos elementos do bloque d. Pag. 700-740.
    Complementaria:
    -M. Bochmann, "Organometallics 1. Complexes with Transition Metal-Carbon (s-Bonds)", Oxford University Press, 1994, OCP nº 12.
    -M. Bochmann, "Organometallics 2. Complexes with Transition Metal-Carbon (p-Bonds)", Oxford University Press, 1994. OCP nº 13.
    -I. S. Butler, J. F. Harrod, “Química Inorgánica. Principios e Aplicacións”. Addison-Wesley, 1992. Capítulo 6.1 Teoría das Espectroscopias Infravermello e Raman. Pág. 161-177. Capítulo 7.1 Espectroscopia de Resonancia Magnética Nuclear. Pág. 196-211.

    Competencias
    Específicas:
    • Capacidade para demostrar comprensión e coñecemento de feitos, conceptos, principios e teorías esenciais relacionadas cos contidos da signatura.
    • Capacidade para aplicar estes coñecementos á comprensión e solución de problemas.
    • Habilidade para a avaliación, interpretación e síntese da información e datos químicos.
    • Habilidade para presentar argumentos e material científico en forma oral e escrita.
    Xenerais:
    • Capacidade para elaborar un traballo
    • Capacidade para presentar de forma oral un traballo, problemas e cuestións.
    • Capacidade para analizar datos experimentais co material e as bases de datos axeitadas.
    • Habilidade para obter información tanto de fontes primarias como secundarias,
    incluíndo a obtención de información on-line.
    • Capacidade de crítica e autocrítica.
    • Habilidade para traballar tanto de forma autónoma como en grupo.
    Transversais:
    • Capacidade para traballar en grupo tanto na resolución coma na discusión de problemas.

    Metodoloxía da ensinanza
    A) Clases expositivas en grupo grande: Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia,...). O profesor pode contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non necesitan manexalos en clase. Habitualmente estas clases seguirán os contidos dun Manual de referencia proposto en a Guía Docente da materia. A asistencia a estas clases non é obrigatoria.
    B) Clases interactivas en grupo reducido: Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios,... O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios o profesor (algúns dos propostos en boletíns de problemas que o profesor entrega aos alumnos coa suficiente antelación); resolución de exercicios na aula, etc. O profesor pode contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non os manexarán en clase. Inclúense as probas de avaliación se as houbese. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
    C) Clases prácticas de laboratorio: Inclúense aquí as clases que teñen lugar nun laboratorio de prácticas. Nelas o alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio de química e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. O traballo persoal do alumno nesta actividade é moito máis reducido. Para estas prácticas, o alumno disporá dun manual de prácticas de laboratorio, que incluirá consideracións xerais sobre o traballo no laboratorio, así como un guión de cada unha das prácticas a realizar, que constará dunha breve presentación dos fundamentos, a metodoloxía a seguir e a indicación dos cálculos a realizar e resultados a presentar. O alumno deberá acudir a cada sesión de prácticas tendo lido atentamente o contido deste manual. Ao comezar cada sesión de prácticas, nunha aula, os alumnos responden durante 5 ou 10 minutos a unhas cuestións previas que o profesor cualifica e ten en conta para a nota de prácticas. Tras unha explicación do profesor, o alumno realizará individualmente, ou en grupos de dous, as experiencias e cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica, recollendo no diario de laboratorio o desenvolvemento da práctica e os cálculos e resultados que procedan, presentando o mesmo día ou na próxima sesión os resultados, que serán avaliados.
    A entrega dunha memoria final é un requisito adicional para a avaliación.
    A asistencia a estas clases é obrigatoria. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose razóns de exame e de saúde, así como aqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente. A práctica non realizada recuperarase de acordo co profesor e dentro do horario previsto para a materia.
    E) Titorías de pizarra en grupo moi reducido: Titorías programadas polo profesor e coordinadas polo Centro. En xeral, suporán para cada alumno 2 horas por cuadrimestre e materia. Propóñense actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre a teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas; así como a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos. En moitos casos o profesor poderá esixir aos alumnos a entrega de exercicios previa á celebración da titoría. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
    F) O alumno poderá atopar material de apoio na Aula Virtual.
    Sistema de evaluación
    1. A asistencia ás clases presenciais de carácter obrigatorio: seminarios, titorías e prácticas é obrigatoria. Non se avaliará o alumno que non asista, polo menos, ao 80% destas clases. As ausencias deberán estar debidamente documentadas seguindo as pautas adoptadas por a Universidade de Santiago de Compostela. As prácticas non realizadas por causas xustificadas, deberán recuperarse logo de consultar ao profesor.
    2. A avaliación consistirá en dúas partes:
    2.1. Avaliación continua (40%), que constará á súa vez de:
    i. Exercicios entregados ao profesor
    ii. Exercicios realizados nos seminarios
    iii. Traballo nas titorías
    iv. Prácticas de laboratorio
    2.2. Exame final (60%)
    3. Cada subapartado do apartado 2.1 contabilizará para a nota final do alumno do seguinte xeito:
    i e ii: 15%
    iii: 5%
    iv: 20%
    4. Para a avaliación das prácticas de laboratorio, os ítems a avaliar serán os seguintes:
    - Cuestións previas
    - Organización e pulcritude no laboratorio
    - Execución da práctica
    - Memoria
    5. O exame final incluirá unha primeira parte que versará sobre supostos relacionados cos aspectos teóricos da materia e unha segunda parte en que se formularán cuestións relativas ás prácticas de laboratorio. Ambas as dúas partes terán na cualificación deste exame o peso porcentual seguinte:
    - Contidos teóricos 80%
    - Contidos prácticos-laboratorio 20%
    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL HORAS FACTOR TRABALLO PERSOAL HORAS TOTAL NA AULA DO ALUMNO

    Clases expositivas en grupo grande individual/grupo 18 2.5 Estudio autónomo 45 63
    Clases interactivas(seminarios) 8 1.7 Resolución exercicios ou outros traballos 13.6 21.6 Titorías 2 1 Preparación das dúbidas a resolver 1 3
    Prácticas laboratorio 12 1 Preparación traballo laboratorio e elaboración memoria práct. 12 24
    Exame 1 2 Preparación exame 2 3
    Total horas traballo presencial na aula persoal do alumno ou no laboratorio 41 -
    Total horas traballo 73.6 114.6

    Recomendacións para o estudo da materia
    • É aconsellable asistir ás clases expositivas.
    • É importante manter o estudio da materia "ao día".
    • Recoméndase a preparación de cada un dos temas utilizando o manual de referencia proposto para esta materia e, en caso necesario, algún manual complementario.
    • Unha vez finalizada a lectura dun tema no manual de referencia, é útil facer un resumo dos puntos importantes, identificando os aspectos básicos relativos a cada grupo de elementos químicos que se deben recordar e asegurándose de coñecer tanto as súas propiedades como as reaccións químicas nas que poden participar.
    • A relación entre os contidos de cada un dos temas é fundamental para a aprendizaxe desta materia. Pode resultar de axuda realizar esquemas para aspectos como enlace, obtención e reactividade.
    • É altamente desexable a asistencia e participación activa nas clases de seminario, nas que se resolverán os exercicios formulados, comentando as dificultades ao resto de compañeiros de seminario.
    • Recoméndase a utilización das horas de titoría para resolver as dúbidas que xurdan ao longo do curso.
    • É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, débense repasar os conceptos teóricos importantes en cada experimento e, a continuación, é necesario ler con atención o guión da práctica, intentando entender os obxectivos e o desenvolvemento do experimento proposto. Calquera dúbida que puidese xurdir deberá ser consultada co profesor.
    Observacións
    Alumnos Repetirores.

    Os alumnos repetidores terán o mesmo réxime de asistencia ás clases que os que cursan a materia por primeira vez, coas salvidades seguintes:
    a. Aos estudantes repetidores que aprobaran as prácticas de laboratorio
    conservaráselles a cualificación obtida durante un máximo de dous cursos
    académicos. Polo tanto, non terán que realizar novamente as prácticas de
    laboratorio, pero asistirán ás restantes clases interactivas (seminarios e
    titorías) en igualdade de condicións que os restantes alumnos para non
    perder o dereito a examinarse da materia.
    b. Os alumnos repetidores que non obtiveran a cualificación de apto nas
    prácticas de laboratorio, pero superaran a parte correspondente aos contidos teóricos da materia, deberán realizar novamente as prácticas de laboratorio, e conservaráselles durante un máximo de dous cursos académicos a nota do exame e a correspondente aos apartados restantes da avaliación continua
    (seminarios e titorías).