Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Química  »  Información da Materia

G1041329 - Química Orgánica IV (Química Orgánica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 8.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 40.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Química Orgánica
  • Áreas: Química Orgánica
  • Centro: Facultade de Química
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FREIRE IRIBARNE, FELIX MANUEL.NON
MOURIÑO MOSQUERA, ANTONIO.SI
SARDINA LOPEZ, FRANCISCO JAVIER.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE_02HorariosClase ExpositivaSISI
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_04HorariosClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_05HorariosClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_06HorariosClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03HorariosClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_04HorariosClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Aprendizaxe dos conceptos fundamentales para a realización de síntese de moléculas orgánicas. Eses conceptos inclúen:

    - Interconversión de grupos funcionais.
    - Reaccións fundamentais de formación de enlaces carbono-carbono.
    - Utilización de grupos protectores.
    - Análise retrosintética.

    Contidos
    PARTE TEÓRICA DÁ MATERIA.

    TEMA 1: TRANSFORMACIÓN DE GRUPOS FUNCIONAIS.
    TEMA 2: OXIDACIÓN
    TEMA 3: REDUCCIÓN.
    TEMA 4. FORMACIÓN DE ENLACES C=C. WITTIG E RELACIONADAS.
    TEMA 5. JULIA y McMURRY.
    TEMA 6. ALQUINOS EN SÍNTESE
    TEMA 7. METÁTESIS.
    TEMA 8. FORMACIÓN DE ENLACES C-C VIA CATÁLISIS DE Pd.
    TEMA 9. GRUPOS PROTECTORES.
    TEMA 10. RETROSÍNTESE.

    PARTE EXPERIMENTAL DA MATERIA.
    Realización de tres prácticas de laboratorio ao longo do segundo cuadrimestre en tres sesións de catro horas cada unha.
    Consistirá na síntese en dous pasos (tres sesións de prácticas) de (S)-(+)-5,8a-dimetil-3,4,8,8a-tetrahidro 1,6(2H,7H)-naftaleno diona mediante unha Anelación de Robinson Asimétrica con organocatálise

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA. Libros de lectura recomendados: Organic Chemistry (Clayden Greeves, Warren and Wothers. Oxford. University Press. ISBN: 978-0-19-850346-0). Análisis Retrosintético y Síntesis Orgánica (Miguel Carda, Alberto Marco, Juan Murga, Eva Falomir. Universitat Jaume I. www.tenda.uji.es. ISBN: 978-84-8021-759-0). Síntesis Totales (Miguel Carda, Eva Falomir. Universitat Jaume I. www.tenda.uji.es. ISBN: 978-84-8021-684-5). Name Reactions for Functional Group Transformations (J. J. Li, E. J. Corey. John Wiley and Sons, Pub. ISBN: 978-0-471-74868-7. L. Kürti, B. Czakó. Strategic Applications of Named Reactions in Organic Synthesis. Elsevier. ISBN-13: 978-0-12-429785-2. I. Ojima. Catalytic Asymmetric Synthesis. Wildey. ISBN: 0-471-29805-0. K. Mikami, M. Lautens. New Frontiers in Asymmetric Catalysis. Wiley. ISBN: 978-0-471-
    Competencias
    Competencias xerais.
    . Manexar os conceptos, métodos e resultados principais da Síntese Orgánica
    . Capacidade de realizar experimentos de Química Orgánica de forma precisa e segura e reflectir os resultados obtidos e a súa análise de forma ordenada nun caderno de laboratorio.
    . Que poidan aplicar tanto os coñecementos teórico-prácticos adquiridos coma a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na busca das súas solucións en diferentes contextos.
    . Capacidade de comunicar oralmente ou por escrito coñecementos, procedementos, resultados e ideas de síntese orgánica.

    Competencias específicas.

    Competencias teóricas:
    . Coñecer os diferentes métodos de construción de enlaces Carbono-Carbono, incluíndo métodos sintéticos estereoselectivos.
    . Coñecer as diferentes reaccións de interconversión de grupos funcionais.

    Competencias prácticas:
    . Capacidade de análise retrosintética de moléculas orgánicas
    . Resolución de problemas de síntese e reactividade de moléculas orgánicas. Identificar e analizar novos problemas e planear estratexias para resolvelos.
    . Levar a cabo a síntese práctica dun composto opticamente activo mediante procedementos estándares de laboratorio de síntese orgánica.

    Competencias transversais.
    . Capacidade de organización e planificación.
    . Capacidade de análise.
    . Orde e limpeza no traballo de laboratorio.

    Metodoloxía da ensinanza
    A materia dispoñerá dunha aula virtual onde os alumnos encontrarán toda a información e material relativos á materia: guía docente, presentacións, boletíns de exercicios, guións de prácticas, avisos, etc. A través da aula virtual levarase a cabo a entrega ao profesor dos exercicios propostos para os seminarios e titorías.

    As actividades formativas na aula consistirán en:

    A) Clases expositivas en grupo grande:
    Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia...). O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non necesitan manexalos en clase. Ademais manexaranse modelos moleculares e recoméndase a súa utilización aos alumnos. Habitualmente estas clases seguirán os contidos do Manual de referencia.

    B) Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios):
    Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios... O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor (boletíns de problemas que o profesor entrega aos alumnos coa suficiente antelación); resolución de exercicios na aula, etc. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non os manexarán en clase. Recoméndase a utilización de modelos moleculares aos alumnos. Inclúense as probas de avaliación se as houber. A asistencia a estas clases é obrigatoria.

    C) Clases prácticas de laboratorio: Inclúense aquí as clases que teñen lugar nun laboratorio de prácticas. Nelas o alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio de química e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. O traballo persoal do alumno nesta actividade é moito máis reducido. Para estas prácticas, o alumno dispoñerá dun manual de prácticas de laboratorio, que incluirá consideracións xerais sobre o traballo no laboratorio, así como un guión de cada unha das prácticas a realizar, que constará dunha breve presentación dos fundamentos, a metodoloxía a seguir e a indicación dos cálculos a realizar e resultados a presentar. O alumno deberá a acudir a cada sesión de prácticas despois de ler atentamente o contido deste manual. Tras unha explicación do profesor, o alumno realizará individualmente, ou en grupos de dous, as experiencias e cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica, recollendo no diario de laboratorio o desenvolvemento da práctica e os cálculos e resultados que procedan.
    A entrega da libreta de laboratorio é un requisito adicional para a avaliación e o prazo de presentación máximo será antes da data correspondente ao exame oficial da convocatoria correspondente.
    A asistencia a estas clases é obrigatoria. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose razóns de exame e de saúde, así como aqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente. A práctica non realizada recuperarase de acordo co profesor e dentro do horario previsto para a materia.

    D) Titorías de lousa en grupo moi reducido:
    Dúas titorías programadas polo profesor e coordinadas polo Centro. Propoñeranse actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, ou outras tarefas propostas; así como a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos. En moitos casos o profesor esixirá aos alumnos a entrega de exercicios previa á celebración da titoría. A asistencia a estas clases é obrigatoria.

    Sistema de evaluación
    Seguirase o criterio xeral de avaliación das materias do Grao en Química.
    1. Haberá unha única convocatoria para a materia.

    2. Cada estudante terá dereito á realización de dous exames finais en cada convocatoria:
    a. Un exame ordinario, que terá lugar a finais do semestre (maio-xuño).
    b. Un exame extraordinario (exame de recuperación) que terá lugar no mes de xullo, ao que terán dereito a asistir aqueles estudantes que teñan que recuperar total ou parcialmente a materia correspondente (non adquisición total ou parcial de competencias e habilidades).

    3. O alumno non aprobará a materia nin poderá realizar o exame final se non asiches polo menos o 80% no seu conxunto das clases presenciais de carácter obrigatorio: seminarios, titorías e prácticas. A asistencia será verificada segundo o sistema oficial de control de asistencias establecido polo Centro. É obrigatoria a asistencia polo menos a unha das titorías programadas. As prácticas de laboratorio non realizadas deberán recuperarse de acordo co profesor e dentro do horario previsto para a materia. As ausencias deberán estar debidamente documentadas.

    4. Previamente á realización do exame ordinario, o Decanato da Facultade fará pública unha relación dos estudantes que non asistiron polo menos ao 80% das clases presenciais de carácter obrigatorio, e que non poderán examinarse da materia.

    5. A avaliación consistirá en dúas partes:
    a. Avaliación continua, que poderá constar á súa vez de:
    i. Exercicios entregados ao profesor (Ej_entr)
    ii. Exercicios realizados nos seminarios (Ej_sem)
    iii. Traballo nas titorías (Tut)
    iv. Prácticas laboratorio (Pract)
    b. Exame final (EF)

    6. A cualificación do alumno non será inferior á do exame final nin á obtida ponderándoa coa avaliación continua.

    7. Cada subapartado do apartado 2.1 contabilizará para a nota final do alumno do seguinte xeito:
    a (i, ii, iii). 15%
    a (iv). Pract 15%
    d. EF 70%

    8. Para a avaliación das prácticas de laboratorio, os ítemes a avaliar serán os seguintes: Organización e pulcritude no laboratorio. Observación das normas de seguridade. Comprensión e execución da práctica e caderno de laboratorio.
    Para la evaluación de las prácticas de laboratorio los items a evaluar serán los siguientes: organización, pulcritud en el laboratorio, comprensión y ejecución de la práctica y cuaderno de laboratorio.

    9. O exame final incluirá unha primeira parte que versará sobre supostos relacionados cos aspectos teóricos da materia e unha segunda parte en que se formularán cuestións relativas ás prácticas de laboratorio. Ambas as dúas partes terán na cualificación deste exame o peso porcentual seguinte:
    a. Contidos teóricos 85%
    b. Contidos prácticos-laboratorio 15%

    10. Aos estudantes matriculados nunha materia teórico-práctica que xa teñan aprobadas as prácticas de laboratorio, conservaráselles esta cualificación durante un máximo de dous cursos académicos, non tendo, polo tanto, que realizar novamente as prácticas. Deberán, polo tanto, asistir unicamente ao 80% dás clases interactivas restantes.

    11. Os estudantes repetidores dunha materia que non alcanzasen unha nota de apto nas prácticas de laboratorio nunha edición previa desta materia, pero si superasen a parte correspondente aos contidos teóricos, estarán exentos de asistir ás clases interactivas, salvo as prácticas de laboratorio, conservándoselles durante un máximo de dous anos a nota do exame final e a do resto dos apartados da avaliación continua.

    12. Os restantes estudantes repetidores terán o mesmo réxime de asistencia ás clases interactivas e o mesmo sistema avaliación que vos alumnos matriculados por primeira vez.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O número de créditos ECTS da materia é 4,5 (3,5 créditos teórico-prácticos +1 laboratorio), que corresponden a 112,5 horas totais de traballo do alumno, repartidas segundo a seguinte táboa:

    TRABALLO PRESENCIAL NO AULA:Clases expositivas en grupo grande, 18 h. Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios), 8 h. Titorías en grupo moi reducido, 2 h. Prácticas de laboratorio, 12 h.


    TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO:Estudio autónomo individual ou en grupo, 36 h, Resolución de exercicios, ou outros traballos 16 h. Preparación de presentacións orais, escritas, elaboración de exercicios propostos, actividades en biblioteca ou similar, 12,5 h. Preparación do traballo de laboratorio e elaboración da memoria das prácticas, 8 h.

    Total horas traballo presencial na aula ou no laboratorio 40 h
    Total horas traballo persoal do alumno 72,5 h

    É requisito previo obrigatorio ter cursado as materias Química Orgánica I, II, II e a materia de Análise Estrutural

    Recomendacións para o estudo da materia
    . É aconsellable asistir ás clases expositivas.
    . É importante manter o estudo da materia "ao día".
    . Unha vez finalizada a lectura dun tema no manual de referencia, é útil facer un resumo dos puntos importantes, identificando as ecuacións, conceptos e reaccións básicas que se deben recordar.
    . A resolución de exercicios é fundamental para a aprendizaxe desta materia. Para os exercicios que impliquen conceptos de esteroquímica aconséllase utilizar modelos moleculares. Para os exercicios de reactividade pode resultar de axuda seguir estes pasos: (1) Identificar os grupos funcionais e o tipo de composto. (2) Identificar as transformacións que poden experimentar os devanditos grupos e as condicións de reacción. (3) Ter en conta a esteroquímica das substancias de partida.
    . É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, débense repasar os conceptos teóricos importantes en cada experimento e, a continuación, é necesario ler con atención o guión da práctica, intentando entender os obxectivos e o desenvolvemento do experimento proposto. Calquera dúbida que puidese xurdir deberá ser consultada co profesor.


    Observacións
    Vé-la información contida na guía da materia, que se pode atopar na dirección web seguinte:
    http://zquidec1.usc.es/grado