Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Química  »  Información da Materia

G1041421 - Enxeñaría Química (Bioquímica e Enxeñaría Química) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 28.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Química
  • Áreas: Enxeñaría Química
  • Centro: Facultade de Química
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ANTORRENA ALVAREZ, GERVASIO.SI
Navaza Dafonte, Jose Manuel.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03HorariosClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Proporcionar aos estudantes unha base de coñecementos das distintas áreas que compoñen a Enxeñaría Química (operacións básicas, enxeñaría da reacción química e enxeñaría de procesos) que lles permita entender as principais operacións e os fundamentos dos equipos que fan funcionar unha instalación químico-industrial. Xerar nos alumnos a capacidade de valorar a importancia da Química no contexto industrial.
    Contidos
    Os contidos da materia xiran en torno aos seguintes descritores: Proceso químico e industria química. Balance de materia e enerxía. Mecanismos de transporte. Transporte molecular e convectivo. Operacións unitarias: circulación de fluidos, transmisión de calor e transferencia de materia. Deseño de reactores químicos.

    Estrutúranse nos seguintes temas:

    PROGRAMA:
    Tema 1: A Enxeñaría Química e os Procesos Químicos. Orixe, concepto e institucionalización da Enxeñaría Química. Esquema xeral da industria química. Un proceso químico industrial: A fabricación do ácido sulfúrico. Operacions continuas y discontinuas. Réxime estacionario y réxime non estacionario. Clasificación das operacions unitarias.
    Tema 2: Balances macroscópicos de magnitudes extensivas. Principios de conservación: Formulación xeral. Balances macroscópicos de materia. Recirculación, purga e bypass. Balances macroscópicos de enerxía. Balances entálpicos. Balance de enerxía mecánica.
    Tema 3: Introducción os Fenómenos de Transporte. Transporte molecular e transporte turbulento. Naturaleza das correntes de propiedade. Conducción, convección e transferencia. Mecanismos do transporte molecular e do transporte turbulento. Leyes cinéticas no transporte molecular: Leyes de Newton, Fourier e Fick. Leyes cinéticas no transporte turbulento: Coeficientes de transporte. Capa límite.
    Tema 4: Fluxo de fluidos. Operacions basadas no fluxo dos fluidos. Xeneralidades. Propiedades dos fluidos. Transporte de fluidos por conduccions Ecuación de continuidade e balance de enerxía mecánica. Péedas de enerxia no fluxo dos fluidos. Equipos para o transporte. Selección de bombas.
    Tema 5: Transmisión do calor. Mecanismos de transmisión do calor. Ecuacions básicas. Conducción do calor en réxime estacionario. Convección. Cambiadores do calor.
    Tema 6: Transferencia de materia. Operacions de separación. Difusión. Ecuacions básicas. A unidade de operación con duas fases. Contacto continuo e contacto intermitente. Destilación simple. Rectificación
    Tema 7: Reactores químicos. Clasificación das reaccions químicas. Introducción ó diseño de reactores. Reactores ideales. Reactores heteroxéneos: descripción y aplicacions.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:
    Calleja, G. y col.: “Introducción a la Ingeniería Química”. Ed. Síntesis, Madrid, 1999.

    Bibliografía complementaria:
    Himmelblau, D. M.: “Principios Básicos y Cálculos en Ingeniería Química”, 6ª ed., Ed. Pearson Education, México, 2002.
    Felder, R. M.; Rousseau, R. W.: “Principios Elementales de los Procesos Químicos”, 3ª ed.,Ed. Limusa., México D.F, 2003.
    Levenspiel, O.: “Flujo de Fluidos e Intercambio de Calor”, Ed. Reverté. Barcelona, 1993.
    Vian Ortuño, Á.: “Introducción a la Química Industrial”, 2ª ed., Ed. Reverté; Barcelona, 1994.
    J. Costa López y col. Curso de Ingeniería Química: Introducción a los Procesos, las Operaciones Unitarias y los Fenómenos de Transporte. Reverte, Barcelona (2002).

    Competencias
    • Dispoñer dos fundamentos teóricos que lle capacitan para a representación
    dos procesos industriais mediante diagramas de fluxo identificando
    axeitadamente os equipos e as operacións unitarias implicadas así como para a
    selección das operacións axeitadas en diferentes situacións prácticas.
    • Capacidade para plantexar e resolver balances de propiedade tanto en estado
    estacionario como non estacionario, seleccionando a metodoloxía particular para
    resolver os diferentes problemas industriais.
    • Coñecemento do comportamento dos reactores químicos e capacidade de
    aplicar estos coñecementos ao deseño de reactores.
    • Capacidade para desenvolver modelos teóricos e teórico-experimentais capaces
    de ser utilizados na cuantificación dos sistemas reais, determinando a súa
    validez e alcance.
    • Poder explicar de maneira comprensible fenómenos e procesos relacionados coa Enxeñaría Química.

    Metodoloxía da ensinanza
    A materia será impartida, en cada un dos temas de que consta, combinando clases expositivas e a aplicación dos coñecementos teóricos a través de clases interactivas, nas que se levará a cabo a realización de casos prácticos e/ou problemas, para amplialos e afianzalos.

    I) Actividades docentes presenciais: Consistirán en clases expositivas, clases
    interactivas en grupo reducido (seminarios e clases de problemas).
    A) Clases expositivas en grupo grande (“L” nas táboas horarias): Lección impartida polo profesor que consistirá na exposición dos diferentes apartados teóricos así como a resolución de problemas e/ou exemplos xerais. O profesor contará co apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non necesitan manexalos en clase. Habitualmente estas clases seguirán os contidos dun Manual de referencia proposto na Guía
    Docente da materia. A asistencia a estas clases non é obrigatoria, pero resulta moi
    recomendable.
    B) Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios, “S” nas táboas horarias, a materia consta de dos grupos de seminario):
    Clase teórico/práctica na que se propón e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios… O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor (algúns dos propostos en boletíns de problemas que o profesor entrega aos alumnos coa suficiente antelación); resolución de exercicios no aula, etc. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os
    estudantes non os manexarán en clase. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
    D) Titorías de lousa en grupo moi reducido (“T” nas táboas horarias): Titorías
    programadas polo profesor e coordinadas polo Centro. En xeral, suporán para cada alumno 2
    horas por cuadrimestre e materia. Proponse actividades como a supervisión de traballos
    dirixidos, aclaración de dúbidas sobre teoría, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas; así como a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos. En moitos casos o profesor esixirá aos alumnos a entrega de exercicios previa á celebración da tutoría. Estas entregas virán recollidas no calendario de actividades que van realizar os alumnos ao longo do curso na
    Guía Docente da materia correspondente. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
    II) Actividades docentes non presenciais: Traballo persoal do alumno adicado á preparación da materia.
    III) Todo o material relativo á materia: Guía docente, presentacións, boletíns de exercicios, avisos, etc, entregarase na fotocopiadora e comunicarase a sua entrega durante as actividades presenciais.
    Sistema de evaluación
    A avaliación desta materia farase mediante avaliación continua e a realización dun exame final, estando condicionado o acceso ao exame á participación en polo menos o 80% das actividades docentes presenciais de asistencia obrigatoria (seminarios e titorías). En calquera caso, será obrigatorio asistir polo menos a unha das dúas titorías programadas.
    O profesor verificará a asistencia ás clases segundo o sistema de control de asistencias oficial da Facultade de Química. As ausencias deberán ser xustificadas documentalmente.
    A avaliación continua (N1) terá un peso do 40% na cualificación da materia e constará de dous compoñentes: clases interactivas en grupo reducido (seminarios, 80%) e clases interactivas en grupo moi reducido (titorías, 20%). Os seminarios e as titorías incluirán exercicios e traballos realizados presencialmente e exercicios entregados ao profesor.
    O exame final versará sobre a totalidade dos contidos da materia. A cualificación do alumno, que non será inferior á do exame final (N2) nin á obtida ponderándoa coa nota da avaliación continua, obterase como resultado de aplicar a fórmula seguinte:
    Nota final= máximo (0.4 x N1 + 0.6 x N2, N2)
    Sendo N1 a nota numérica correspondente á avaliación continua (escala 0-10) e N2 a
    nota numérica do exame final (escala 0-10).
    Os alumnos repetidores terán o mesmo réxime de asistencia ás clases que os que
    cursan a materia por primeira vez.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia ten unha carga de traballo de 6,0 ECTS, correspondendo 1 crédito ECTS a 25 horas de traballo total, que se reparten da seguinte maneira:

    Distribución da actividade formativa en créditos ECTS
    Actividade Horas
    Presenciais Traballo alumno ECTS

    Clases expositivas 24,0 24,0 1,92
    Interactivas/Seminarios (*) 24,0 48,0 2,88
    Titorías grupo (**) 3,0 12,0 0,6
    Subtotal 51 80,0 5,4
    Exame e revisión 4,0 11,0
    Total 55,0 95,0 6,0
    *Hai tres grupos de clases interactivas.
    **Hai 6 grupos de titorías.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Es recomendable que o alumno teña coñecemento do manejx de MS Word, Excel e PowerPoint. É aconsellable un dominio básico do inglés posto que parte da documentación do curso atópase nese idioma, ademáis precisase para unha axeitada consulta de libros e páxinas web.
    Observacións
    Materia: Enxeñaría Química.
    Código:
    Tipo: Obrigatoria
    Nº de créditos: 6 ECTS
    Módulo 6: Cuarto curso, primeiro cuadrimestre. Grado en Química.
    Horario: ver calendario titulación
    Profesorado
    Nome do profesor: Gervasio Antorrena Alvarez. Dpto. Enxeñaría Química
    Teléfono: 881816787
    correo-e: gervasio.antorrena@usc.es

    Horario de titorías
    Titorías obrigatorias: Ver a programación docente da titulación.
    Titorías do profesor:

    Despacho: D3.1, Departamento de Enxeñaría Química, ETSE