G1041426 - Proxectos profesionais en Química (Bioquímica e Enxeñaría Química) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 15.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 42.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Química
- Áreas: Enxeñaría Química
- Centro: Facultade de Química
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia Trátase de que o estudante de Grão em Química no seu derradeiro ano académico, particularmente no segundo cuadrimestre, se meta no campo da comprensión e entendemento dos proxectos da química industrial. Particularmente no proxecto básico e, en menor medida, no proxecto constructivo. Esta matéria, demandará do alumno un esforzo específico a o tratarse dun contido totalmente novo, con novos conceptos e novos enfoques, mais alá do carácter científico-académco que ata agora acadara na súa formación en cursos anterioers. Outras matérias no mesmo curso acadêmico, como “Ingeniería Qímica” (primeiro cuadrimestre) e “Química e Economia Industrial” (segundo cuadrimestre) están vencelladas íntimamente a os “Proyectos profesionales em Química” e elo será tido en conta.
Especificamente, trátase de dotar a o estudante de Grão dos coñecementos básicos para a comprensión, cálculo e deseño das instalacións necesarias para levar a cabo os procesos químicos y familializalo coa interpetaciòn dos diagramas de fluxo de procesos de fabricación e aspectos básicos do orzamento, viabilidadade económica, medioambientais e de seguridade industrial.
ContidosClases expositivas
Bloque I. O Proxecto
O proxecto: Xeneralidades. O mercado. Procesos de fabricación. Posibilidades. Emplazamento. Medioambiente. Inversión. Presuposto. Avaliación da inversión no proxecto. Proxecto básico
Bloque II. Diagramas de procesos
Diagramas de procesos químicos
Clases interactivas
Bloque I-S. Proxectos (I)
Presentación de PFC de Enxeñaría Química (versión impresa)
Bloque II-S. Proxectos (II)
Exposición de PFC de Enxeñaría Química (versión dixital)
Bloque III-S. Emprendedores
Emprendedores-1 (Exposición)
Emprendedores-2 (Fichas)
Bloque IV-S. Control de procesos
Control de procesos
Bloque V-S. Organización do proxecto
Fontes de información. Organización e documentación dun proxecto. Ordenación do proxecto. Outra información complementaria.
Bloque VI-S. Complementos
Bases del diseño. Diagramas. Simboloxía. Seguridade e hixiene. Distribución en planta. Outros.
Bloque VII-S. Aspectos generales de la Química industrial
Introducción. Materias primas. Aproveitamento químico industrial das materias primas. Impacto dos procesos químicos sobre o medio ambiente. A química na actualidade e perspectivas de futuro.
Bloque VIII-S. Exposición de proxectos dos alumnos.
Bloque IX-S. Normativas
Bibliografía básica e complementariaLibro fundamental:
“La Oficina Técnica y el Proyecto” (ISBN 84-699-7726-1. José Antonio López Vázquez. Universidad de la Coruña . (2002).
Otros libros complementarios:
“Encyclopedia of Chemical Technology”, Kirk-Othmer, John Wiley & Sons, Inc. (1999).
“Métodos de la Industria Química”, Tegeder, F.y Mayer, L., Ed. Reverté, S.A., Barcelona (1975)
“Encyclopedia of Chemical Proccesing and Design”, McKetta, J.J. and Cuuningham, Ed. Marcel Dekker, New York (1977-….)
“Ullman´s Enzyclopedie der Technischen Chemie, Ullman, F., Verlag Chenmie, Weinheim (1972-1983)
“Tendencias de la Industria Química y de procesos”, Mario Díaz Fernández. Ed Ariel, Barcelona (2004, vol 1; 2006, vol 2)
“Introducción a la Ingeniería Química”. Guillermo Calleja Pardo. Ed. Síntesis (1999)
“Introducción a la Química Industrial”, A. Vián, Ed. Alambra (1996).
“Proyectos Fin de Carrera” (PFC) Alumnos de la ETSE (USC)
Competencias O alumno debe acadar a capacidade para a comprensión básica dos diagramas dos procesos industriais, fundamentalmente o diagrma de fluxo que describe o proceso de fabricación da industria química. Ademais, debe coñecer aspectos básicos do estudo de mercado e producción, aspectos económicos preto da inversión, financiación e amortización, implantación e, en xeral, comprender a análise económica dun proxecto e avaliar un orzamento elemental. Outors aspectos, como dominar un softwar da representación gráfica para os diagramas de fluxo ou de instrumentación e control, quedarán, mais ben como algo desexable e moi conviente, pero que, dado o plan de estudos do Grao, non poden ser eisixidos. A maiores, debe coñecer as normas básicas de representación esquemática e normalizada das unidades.
E de destacar como competencia transversal a acadar para traballar en grupo perante a realización do proxecto, e incluso, a capacidade de liderazgo dentro do grupo. Asemesmo, tamén, a capacidade para a presentación de traballos.
Metodoloxía da ensinanza Actividades docentes presenciais. Consistirán en clases expositivas, clases interactivas en grupos reducidos (seminarios e clases de problemas) e clases interactivas de grupo moi reducido (tutorías)
A) Clases expositivas en grupo grande: Lección impartida polo profesor que pode ter formas diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xenerales, directrices xerais das materias,…). O profesor pode contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral (agás a exposición de traballos en Power Point), os estudantes non precisan de manexalos na clase. Habitualmente estas clases seguirán os contidos dun manual de referencia proposto na Guia Docente da asignatura. A asistencia a clase non e obligatoria, pero é moi recomendable.
B) Clases interactivas en grupo reducido: Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios, exemplos de proxectos,… O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios a o profesor (algúns dos propostos no boletín de problemas ou proxectos que o profesor entrega a os alumnos con suficiente antelación); resolución de exercicios na aula, etc. O profesor pode contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos, pero, en xeral, os estudantes non os manexarán na clase (agás para a exposición dos proxectos encargados polo profesor). Inclúense as probas de avaliación se as houbera. A asistencia a clases e obligatoria.
C) Titorías programadas pólo profesor e coordinadas pólo Centro. En xeral, suporán para cada alumno 2 horas por cuadrimestre e asignatura. Proporánse actividades coma a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre a teoría, problemas, exercicios, lecturas e outras tarefas propostas, coma a presentación e exposición, debates e comentarios de traballos individuias o realizados en pequenos grupos. A asistencia e obligatoria.
En resumo para esta materia:
O desenvolvemento docente desta materia contén duas grandes partes diferenciadas: nunha primeira, no eido fundamentalmente de clases expositivas, e algunhas de seminarios con proposta e resolución de problemas, levarase a cabo de forma oral apoaindose en transprencias ou matérial preparado em power point e presentado en cânon (aproximadamente 15 horas). A segunda parte, corespondente a proposta, desenvolvemento e presentaciòn de proxectos por parte de de grupos de vários alumnos, será moi práctica e interactiva, recomendándose moito dita interacción entre os alumnos (aproximadamente 24 horas). Tamén téranse en conta as clases de titorías (2 horas). Facilitarase todolo material básico necesario para o desenvolvemento das clases, no servizo de reprografia. Asemsmo, ó comenzo do cuadrimestre facilitarse unha relación de proxectos para a sua eleccción por parte dos alumnos.
Sistema de evaluaciónA avaliación desta matéria faráse mediante avaliación continua (N1) e realización dun exame final (N2), estando condicionado o acceso a o examen a participación de alomenos o 80% das actividades docentes presenciais de asistencia obligatoria (seminários e titorías). En calquera caso será obligatorio asistir a lo menos a unha das duas titoriás programadas.
O profesor verificará a asistencia a clase segundo o sistema de control oficial da Facultade de Química. As ausencias serán xustificadas documentalmente.
A avaliación continua terá un peso do 40% da cualificación final da asignatura e constará de tres partes: clases interactivas en grupo reducido (seminários 20 %), clases ineteractivas en grupo moi reducido ( (titoriás 10%) e elaboración, entrega e presentación do proxecto final (70%). Os seminários e as titorías incluirán exercícios e traballos realizados presencialmente e exercícios entregados pólo profesor.
O examen escrito final versará sobre os contidos totais da matéria e terá unha valoración do 60% do total da cualificación final.
A cualificación do alumno, que non será inferior a do examen final nin a acadada ponderandoa coa nota da avaliación continua, obteráse coma resultado da aplicación da fórmula:
Nota final = max(0,4 N1 + 0,6 N2, N2)
Sendo N1 a nota numérica correspondente a avaliación continua (escala 0-10) e N2 a nota numérica do exame final (0-10).
Para o curso 2013-2014 non hai alumnos repetidores
En resumo para esta materia:
A avaliación da asignatura levarase a cabo mediante un exame final escrito que terá en conta, tanto os aspectos teóricos coma os prácticos da mesma, e a entrega e defensa dun estudio de viabilidades técnica e económica (versión simplificada) do proxecto dun proceso químico que os alumnos haberán feito ó longo do curso. A contribución do exame a nota da asignatura será do 60% mentras que a da proxecto será dun 40% (incluindo a valoración do profesor acadada ó longo do desenvolvemento do proxecto). Naturalmente, o proxecto é estrictamtne obligatorio levalo a cabo.
Tempo de estudo e traballo persoalEstímanse a seguintes cifras (contidas na Ficha do Grao):
Estudo autônomo individual ou en grupo: 30 horas
Realización do proxecto, incluindo aclaración de dúbidas, etc: 48 horas
Titorías en grupos reducidos: 30 horas
Total tempo traballo persoal do alumno: 108 horas
Recomendacións para o estudo da materiaE indispensable ter cursado no primeiro cuadrimestre a materia “Ingeniería Química” e é moi recomendable, no segundo cuadrimestre, a matéria “Química y economía industrial”, do Grao en Química. Tamén sería moi axeitado coñecer con certo dominio algún programa de deseño gráfico para a realización dos diagramas de fluxo (Autocad) e do Power-Point para a exposición dos proxectos. Estas materias non figuran no Grao e o alumno debe preocuparse de acadar en certa medida estos coñecementos. Deben aproveitarse as posibilidades das titorias, tanto en grupos reducidos, como as convencionais.
ObservaciónsO alumno debe ter a sensibilidade hacia o feito de comenzar xa a principio do curso o corespondente proxecto e desenvolver a competencia de traballo en grupo e/ou de liderazgo. Asemesmo, debe facer un esforzo de adaptación hacia esta nova materia.