G1041441 - Química e Economía Industrial (Química Avanzada) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 28.00
- Clase Interactiva Seminario: 6.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 36.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Química
- Áreas: Enxeñaría Química
- Centro: Facultade de Química
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO estudante de Grao en Química desenvolveu a inmensa maioría do seu curriculo académico atendendo a conceptos básicos, das reacción químicas, inorgánicas e orgánicas, química física, determinacións analíticas, etc, etc, pero deixando de lado os aspectos económicos que conlevan a posta en escea de todolos conceptos. É agora, no derradeiro curso do Grao cando, baixo a perspectiva da producción industrial, debense incorporar aspectos de naturareza económica para que, conxuntamente cos aspectos científicos, técnicos e sociais, poida acadar coñecementos que lle permitan tomar decisións acertadas en canto a o mercado, sociedade, sostenibilidade, etc. Esto e, deberá de impregnar de aspectos económicos calqueira actividadea que sea posta en marcha. Trátase deste xeito, de dotar a o alumno dunha serie de conceptos bastantes elementales sobre a economía dos procesos e do propio coñecemteno de ditos proecesos. Para elo, neste segunda parte, débense estudar e comprender una serie de procesos de fabricación relativos a industria química.
Contidos1.- Introducción a análise e deseño dos procesos de fabricación
2.- Análise económico dos procesos químicos, Proceso de produción. Prezos de produtos químicos, Diagrama de fluxo monetario nunha empresa
Conceptos básicos da economía: Operacións financeiras simples: réximes de capitalización, Criterios económicos e financeiros de elección de alternativas. Rendibilidade, Capital: capital inmobilizados e capital circulante. A amortización, Custos: concepto e clasificación, O mercado e as vendas: oferta e demanda. Leis do mercado
3.- Procesos de química industrial: conceptos xerais.
Industria do petroleo
Xeneración de enerxía mediante combustión
Producción de biocombustibles
Pasta de papel
Fabricación de cloro e de sosa
Fabricación do vidro
Producción de cal e de cemento
Producción de metales non ferrosos
O ferro, o aceiro e as fundicións
Bibliografía básica e complementaria “Economía de la empresa agroalimentaria”, R. Alonso Sebastián, Ediciones Mundi-Prensa, Madrid (2000).
“El pronostico económico en la Química Industrial”, M. Angel Vián Ortuño, Ed. Alambra, Madrid (1969)
“Métodos de la Química Industrial Inorgánica” , Tegeder-Mayer, Ed. Reverté (2010)
“Métodos de la industria quimica I y II, -Fritz Tegeder y Ludwig Mayer-Editorial Reverte (2010)
CompetenciasO alumno debe acadar a capacidade para a comprensión elemental dos aspectos báscicos do estudo do mercado e da producción, aspectos económicos relativos a inversión, finanzamento, , orzamento, amortización, etc, e, en xeral, comprender unha análise económica dunha empresa. Ademais, debe familiarizarse con outros aspectos relativos a identificación de diferentes contidos sobre as etapas básicas dos diferentes procesos de fabricación. Como competencia transversal ha de acadar a capacidade para traballar en grupo perante a realización do traballo sobre o proceso químico que debe expoñar e, incluso, a capacidade de liderazgo dentro do grupo. Asemade, tamén, debe traballlar na capacidade para a presentación de traballos.
Metodoloxía da ensinanza Actividades docentes presenciais. Consistirán en clases expositivas, clases interactivas (seminarios e clases de problemas) e clases interactivas de grupo reducido (tutorías)
A) Clases expositivas: Lección impartida polo profesor que pode ter formas diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xenerales, directrices xerais das materias,…). O profesor pode contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral (agás a exposición de traballos en Power Point), os estudantes non precisam de manexalos na clase.
A asistencia a clase non e obligatoria, pero é moi recomendable.
O alumno participa activamente nas clases de distintas formas: entrega de exercicios a o profesor (algúns dos propostos no boletín de problemas ou proxectos que o profesor entrega a os alumnos con suficiente antelación); resolución de exercicios na aula, etc..
B) Titorías programadas pólo profesor e coordinadas pólo Centro. En xeral, suporán para cada alumno 2 horas por cuadrimestre e asignatura. Proporánse actividades coma a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre a teoría, problemas, exercicios, lecturas e outras tarefas propostas, coma a presentación e exposición, debates e comentarios de traballos individuias ou realizados en pequenos grupos.
As clases desenvolveránse tendo en conta a doble natureza dos contidos da materia: por unha parte exporánse os conceptos teóricos da economía básica empregando a pizarra e/ou transparencias ou sistemas de proxección. Son clases meramente expositivas que incluen a resolución de problemas de cálculo. Por outra banda, un segundo grupo de clases constituia o estudo, análise e comprensión dunha serie de procesos de fabricación da industria química que serán propostos e dirixidos polo profesor e desenvoltos e expostos polos alumnos (en grupos de composiciòn a definir).
Sistema de evaluaciónA avaliación continua terá un peso do 50% da cualificación final da asignatura e constará de tres partes: (Asistencia e Participación activa en clase/actividades 30 %), (titoriás 10%) e elaboración, entrega e presentación dun traballo (60%). Os seminários e as titorías incluirán exercícios e traballos realizados presencialmente e exercícios entregados pólo profesor.
O examen escrito final versará sobre os contidos totais da matéria e terá unha valoración do 50% do total da cualificación final.
Faráse un exame escrito sobre a parte relativa as clases expositivas de teoría que abarcará os conceptos de economía e as liñas mestras descriptivas dos procesos o (40% da nota do exame) e unha parte de problemas (60%),
O alumno debe obtener unha nota mínima de 3 (sobre 10) en cada unha das partes
Tempo de estudo e traballo persoalEn función do aportado na corresondete ficha do Grao en Química, estímase:
Estudo autónomo individual ou en grupo: 48 horas
Resolución de exercicios e elaboración de traballos: 18 horas
Preparación das presentacións orais, traballo de biblioteca. etc: 10 horas
Total: 76 horas
Recomendacións para o estudo da materiaE un requisito pevio obligatorio para poder abordar esta materia, ter cursado os módulos de Química Inorgánica e Química Orgánica e a materia Ingnieria Química, tal como se fai constar na correspondente ficha do Grao en Química. Asemade, recomendase ter en conta unha boa coordinación entre esta materia e a de Proyectos profesionales en Química (obligatoria) do Grao, ambalas duas impartidas no mesmo cuadrimestre do mesmo curso.
ObservaciónsEsta materia é optativa dento do plano de estudos do Grao en Química. A magnitide de alumnos matriculados na mesma poderá condicionar parcialmente algúns dos apartados anteriores.