Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Química  »  Información da Materia

G1041442 - Química Ambiental (Química Avanzada) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 30.00
  • Clase Interactiva Seminario: 4.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 36.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Química Inorgánica, Química Orgánica
  • Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Química Inorgánica, Química Orgánica
  • Centro: Facultade de Química
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Antelo Martínez, Juan.NON
Macías Luaces, Alejandro Alberto.NON
VILLAVERDE CAMERON-WALKER, MARIA DEL CARMEN.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Adquisición, por parte dos alumnos, dos coñecementos básicos relacionados cos problemas ambientais actuais máis importantes.
    Contidos
    1. Introdución:
    1.1. A química e o medio ambiente.
    1.2. Fenómenos que inflúen na degradación do medio ambiente.

    2. Contaminación no aire:
    2.1. Introdución: a atmosfera.
    2.2. Principais contaminantes atmosféricos
    2.3. Estudio dalgúns procesos nos que participan os contaminantes atmosféricos inorgánicos: O efecto invernadoiro e o cambio climático. Destrución da capa de ozono. A chuvia ácida.

    3. Contaminación na auga:
    3.1. Introdución: a auga. Abundancia, ciclo e usos da auga. As augas naturais. Problemas máis importantes de contaminación na hidrosfera. Parámetros xerais indicadores de contaminación. Substancias que consumen osíxeno: DBO e DQO.
    3.2. Estudio dos contaminantes inorgánicos das augas. Contaminación por compostos de nitróxeno e fósforo: Deterxentes e fertilizantes. Bionutrientes: eutrofización.
    3.3. Tratamentos de augas residuais. A purificación da auga contaminada. Depuración de augas residuais urbanas. Residuos perigosos: depuración de augas industriais.

    4. Contaminación no chan:
    4.1. Introdución ao chan como compoñente do ecosistema global. Compoñentes e procesos no chan.
    4.2. Contaminación do chan. Avaliación do risco. Clasificación dos contaminantes.
    4.3. Contaminantes inorgánicos e o seu comportamento no chan.
    4.4. Contaminantes orgánicos e o seu comportamento no chan.
    4.5. Diagnóstico da contaminación do chan. Recuperación de chans contaminados.

    5. Contaminantes orgánicos máis importantes:
    5.1. Introdución: Principios de toxicoloxía ambiental
    5.2. Hidrocarburos. Hidrocarburos aromáticos polinucleares (PAHs).
    5.3. Pesticidas.
    5.4. Dioxinas, furanos e bifenilos policlorados (PCBs).
    5.5. Disolventes. COVs. Compostos clorofluorocarbonados (CFCs).
    5.6. Outros compostos orgánicos tóxicos e/ou prexudiciais para o medioambiente.

    6. Química verde:
    6.1. Desenvolvemento sostible.
    6.2. Química verde: principios básicos.
    6.3. Química verde: algúns exemplos do mundo real.
    6.4. Novas aproximacións en química verde.

    Bibliografía básica e complementaria
    Básica
    1. C. Baird; "Química ambiental", 2ª Ed.; Editorial Reverté, Barcelona, 2001.
    2. C. Baird and Michael Cann; "Environmental chemistry", 5 th Ed.; W. H. Freeman & co. 2012
    3. D. W. Connell; "Basic concepts of environmental chemistry", 4ª Ed.; Taylor & Francis Group, CRC Press, 2005.
    4. M.B. McBride; "Environmental chemistry of soils", Oxford University Press, Oxford, 1994.
    5. C. Orozco, A. Pérez, M. N. González, F. J. Rodríguez e J. M. Alfayate; "Contaminación ambiental. Unha visión dende a química", Thomson Editores/Paraninfo, Madrid, 2003.

    Complementaria
    6. R.E. White; "Principles and practice of soil science", Ed. Blackwell Science, Oxford, 1997.
    7. M. Lancaster; "Green Chemistry: An introductory text", The Royal Society of Chemistry 2002.
    8. A. H. Neilson, A. -S. Allard; "Environmental degradation and transformation of organic chemicals", Taylor & Francis Group, CRC Press, 2008.
    9. P.T. Anastas and J. C. Warner; "Green Chemistry: Theory and Practice", Oxford University Press 1998.
    10. D.L. Sparks; "Environmental soil chemistry", Academic Press, San Diego, 1995.

    Competencias
    • Ser capaz de relacionar as características dos distintos elementos do medio natural.
    • Aprender a analizar as propiedades do aire, auga e chan e sacar conclusións referentes ao seu estado de calidade.
    •Poder establecer cal é a dinámica dos contaminantes nos diferentes medios.
    •Coñecer os tipos máis importantes de contaminantes ambientais.
    •Adquirir os coñecementos necesarios para un compromiso coa calidade ambiental.


    Metodoloxía da ensinanza
    • Clases expositivas en grupo grande, nas a irán tratando os temas indicados no temario. A asistencia a estas clases non é obrigatoria.
    • Clases interactivas en grupo reducido: Clase teórico/práctica na que se reflexionará e debaterá sobre os coñecementos adquiridos e se tratará de aplicar o aprendido a situacións de contaminación concretas. Inclúense as probas de avaliación se as houbera.
    • Titorías de lousa en grupo moi reducido: Titorías programadas polo profesor e coordinadas polo Centro. En xeral, suporán para cada alumno 2 horas por cuadrimestre e materia. Propóñense actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas; así como a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos. O profesor poderá esixir aos alumnos a entrega de exercicios previa á celebración da titoría.
    A asistencia a estas dúas últimas actividades é obrigatoria. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose razóns de exame e de saúde, así como aqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente.
    • O alumno poderá atopar material de apoio no Campus Virtual de la USC
    • Orientación personalizada nas clases de titorías.
    • Posibilidade de realizar algunha saída de campo.

    Sistema de evaluación
    a) A avaliación desta materia farase mediante avaliación continua e a realización dun exame final, estando condicionado o acceso ao exame á asistencia, polo menos, ao 80% das clases interactivas (seminarios e titorías), verificada segundo o sistema oficial de control de asistencias establecido polo Centro. En todo caso, requirirase a asistencia a polo menos o 50% das titorías.
    b) A avaliación continua farase mediante a valoración de: controis escritos, a participación do estudante na aula, exercicios realizados nas clases expositivas e nos seminarios e o traballo realizado nas titorías. Contabilizará na nota final do alumno cunha porcentaxe do 25%.
    c) O exame final incluirá todos os aspectos da materia.
    d) A nota final de cada estudante na materia obterase como resultado de aplicar a seguinte fórmula:
    Nota final = Máximo(N2, N1 x 0,25 + N2 x 0,75)
    Sendo N1 a nota numérica correspondente á avaliación continua (escala 0-10) e N2 a nota numérica do exame final (escala 0-10).
    Os alumnos repetidores terán o mesmo réxime de asistencia ás clases que os que cursan a materia por primeira vez.
    Para ter en conta a nota correspondente á avaliación continua, o alumno deberá alcanzar un mínimo de 4 no exame final.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL NA AULA (HORAS)
    Clases expositivas: 30
    Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios): 4
    Titorías: 2
    Exame: 3
    Total horas traballo presencial na aula: 39

    TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO (HORAS)
    Estudio autónomo, individual ou en grupo (de clases expositivas): 42
    Resolución de exercicios, ou outros traballos en Seminarios: 16
    Preparación das dúbidas a resolver en Titorías ou actividades en biblioteca: 8
    Repaso de preparación para o exame: 8,5
    Total horas traballo persoal do alumno: 74

    Recomendacións para o estudo da materia
    •Asistencia ás clases expositivas para incrementar o interese polos contidos da materia.
    •Participación activa nas clases, formulando cuestións relativas ao tema que se trate.
    •Consulta da bibliografía recomendada, así como dalgunha outra que se suxira ao longo do curso.