Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Química  »  Información da Materia

G1041448 - Reactividade en Química Inorgánica (Química Avanzada) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 28.00
  • Clase Interactiva Seminario: 6.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 36.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Química Inorgánica
  • Áreas: Química Inorgánica
  • Centro: Facultade de Química
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GARCIA FERNANDEZ, Mª ESTHER.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Trátase dunha materia optativa co obxectivo de discutir os fundamentos teóricos das distintas reaccións que poden experimentar os compostos organometálicos dos elementos de transición. Ó longo do curso trataranse tanto reaccións sobre os ligandos coordinados ó metal, como reaccións que impliquen directamente ó metal.
    Obxectivos específicos:
    Explicar e predecir os mecanismos de reacción por medio dos que transcurren as reaccións dos compostos organometálicos dos metais de transición. Prestarase especial atención a aspectos estereoquímicos dos mesmos, e cómo estos poden ser caracterizados utilizando técnicas espectroscópicas.
    Os resultados obtidos serán aplicados ó estudo e comprensión dos procesos catalíticos máis importantes.

    Contidos
    Tema 1. Reaccións de sustitución de ligandos. (2 horas)
    Tema 2. Reaccións de adición oxidante. (5 horas)
    Tema 3. Reaccións de eliminación reductora. (2 horas)
    Tema 4. Reaccións de inserción. (5 horas)
    Tema 5. Reaccións de acoplamiento oxidante. (1 horas)
    Tema 6. Ataque nucleófilo ós ligandos. (3 h)
    Tema 7. Ataque electrófilo ós ligandos. (2 horas)
    Tema 8. Catálise. (8 horas)


    Bibliografía básica e complementaria
    Básica (manual de referencia):
    - R. H. CABTREE, E. PERIS FAJARNÉS, “Química Organometálica de los metales de transición”, Publicacions de la Universitat Jaume I, 1997.
    Complementaria:
    - G. O. Spessard, Gary L. Miessler, "Organometallic chemistry" New Jersey : Prentice-Hall, cop. 1997

    Competencias
    Xerais:
    • Capacidade para elaborar un traballo
    • Capacidade para presentar de forma oral un traballo, problemas e cuestións.
    • Capacidade para analizar datos experimentais co material e as bases de datos axeitadas.
    • Habilidade para obter información tanto de fontes primarias como secundarias, incluindo a obtención de información on-line.
    • Capacidade de crítica e autocrítica.
    • Habilidade para traballar tanto de forma autónoma como en grupo.
    Específicas:
    • Capacidade para demostrar comprensión e conocimiento de feitos, conceptos, principios e teorías esenciais relacionadas cos contenidos da signatura.
    • Capacidade para aplicar estos conocimientos á comprensión e solución de problemas.
    • Habilidade para a evaluación, interpretación e síntese da información e datos químicos.
    • Habilidade para presentar argumentos e material científico en forma oral e escrita.
    Transversales:
    • Capacidade para traballar en grupo tanto na resolución como na discusión de problemas.


    Metodoloxía da ensinanza
    A) Clases expositiva en grupo grande: Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia,...). O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos aínda que os estudantes non necesitan manexalos en clase. Habitualmente estas clases seguirán os contidos do manual de referencia indicado na bibliografía.
    B) Seminarios: Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios,... O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor (algúns dos propostos en boletíns de problemas que o profesor entrega aos alumnos coa suficiente antelación), resolución de exercicios na aula, etc. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos aínda que os estudantes non os manexarán en clase. Inclúense as probas de avaliación se as houbera. A asistencia a estas clases será obrigatoria e será avaliada.
    C) Titorías en grupo reducido: Suporán 2 horas para cada alumno. Nestas clases os alumnos deberán expoñer, debater ou comentar as aquelas actividades previamente formuladas polo profesor. As actividades realizaranse individualmente ou en grupo segundo indique o profesor. A asistencia ás titorías será obrigatoria e a participación nestas será avaliada.


    Sistema de evaluación
    A cualificación de cada alumno realizásese mediante avaliación continua e realización dunha proba final. A avaliación continua farase por medio de controis escritos, participación na aula, prácticas de laboratorio e titorías. A avaliación deberá apoiarse principalmente na realización dunha proba final escrita e común para todos os alumnos. A asistencia aos seminarios, titorías e prácticas de laboratorio é obrigatoria. Para superar a asignatura o alumno deberá ter un mínimo dun 80% de asistencias ás actividades obrigatorias (seminarios e titorías).

    Distribución da cualificación
    (a) Exame: 75%
    (b) Traballos e actividades: 25% (20% Seminarios/5% Titorías)

    A cualificación final do alumno distribúese, segundo se indica na táboa anterior, en tres seccións.
    a) Realizarase un exame ao final do cuadrimestre no que se avaliará a aprendizaxe dos contidos e a capacidade para a resolución de problemas de forma individual.
    b) Nos traballos realizados durante as sesións de seminario serán avaliadas a capacidade de resolución de problemas individualmente ou en grupo.
    c) Nas titorías en grupo avaliaranse a capacidade de análise e síntese e a capacidade para aprender de xeito autónomo algunha cuestión puntual formulada polo profesor.
    As cualificacións dos traballos, actividades e titorías se lle comunicarán ao alumno antes do exame.
    Para superar a materia haberá que obter, como mínimo, un 50% da cualificación global. Para obter unha nota final como media ponderada dos distintos apartados, esixirase alcanzar unha puntuación mínima dun 40% no exame final.
    Aqueles alumnos que non se presenten ao exame final constarán como "non presentados".

    O profesor analizará con aqueles alumnos que non superen con éxito o proceso de avaliación, e así deséxeno, todos os pormenores atopados na aprendizaxe dos contidos da materia. Estes alumnos contarán cunha oportunidade de recuperación en xullo, que consistirá nun exame global da materia.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Distribución da actividade formativa en créditos ECTS:
    TRABAllO PRESENCIAL NA AULA HORAS TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO HORAS TOTAL
    Clases expositivas en grupo grande 28 Estudio autónomo individual ou en grupo 46.5 74.5
    Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios) 6 Resolución de exercicios, ou outros traballos 18 24
    T1torías 2 Preparación das presentacións orales, escritas, elaboración de exercicios propostos. Actividades en biblioteca ou similar 12 14
    Total horas traballo presencial na aula 36 Total horas traballo persoal do alumno 76.5 112.5


    Recomendacións para o estudo da materia
    Para seguir con proveito este curso, os alumnos Terán seguido un curso xeral de Química Inorgánica e outro de Química Orgánica. Ademáis deben estar familiarizados coa obtención, estructura e enlace nos compostos organometálicos dos metais de transición. É tamén importante que estén familiarizados coas técnicas instrumentais, principalmente IR e RMN, de determinación estructural dos compostos químicos.
    Igualmente:
    a) É aconsellable asistir ás clases expositiva.
    b) Para establecer un primeiro contacto cos contidos dos temas recoméndase ler os libros de texto propostos.
    c) Unha vez finalizada a lectura dun tema nos libros de texto de referencia, é útil facer un resumo dos puntos importantes, asegurándose de coñecer e comprender o significado dos conceptos explicados.
    d) É importante realizar as actividades propostas polo profesor nas clases interactivas e nas titorías de grupo.


    Observacións
    As clases impartiranse en castelán.