Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Química  »  Información da Materia

G1041450 - Síntesis de Compostos Bioactivos (Química Avanzada) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 14.00
  • Clase Interactiva Seminario: 20.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 36.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Química Orgánica
  • Áreas: Química Orgánica
  • Centro: Facultade de Química
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
PEÑA GIL, DIEGO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Aprendizaxe de conceptos básicos e avanzados para levar a cabo a síntese de moléculas orgánicas. Eses conceptos inclúen:
    - Reaccións pericíclicas e a súa utilización en Síntese Orgánica
    - Reaccións catalizadas por complexos de metais de transición e a súa utilización en Síntese Orgánica
    - Síntese estereoselectiva
    - Estratexias de síntese de moléculas orgánicas complexas.

    Contidos
    Contidos teóricos

    Tema 1. Reaccións pericíclicas. Clasificación. Teoría de Orbitais Fronteira. Reaccións electrocíclicas. Regras de Woodward-Hoffmann. Cicloadicións. Reaccións sigmatrópicas. Aplicacións sintéticas.

    Tema 2. Reaccións catalizadas por complexos metálicos. Reacción de acoplamiento catalizadas por Pd. Reaccións de substitución alílicas catalizadas por Pd. Outras reaccións.

    Tema 3. Síntese estereoselectiva. Concepto. Estratexias xerais: chiral pool, auxiliares quirais, reactivos quirais e catálise asimétrica. Oxidacións enantioselectivas. Reducións enantioselectivas. Reaccións de formación de enlace carbono-carbono enantioselectivas.

    Tema 4. Estratexias xerais de síntese de moléculas orgánicas complexas. Exemplos clásicos e tendencias actuáis.
    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica
    ORGANIC CHEMISTRY. J. Clayden, N. Geeves, S. Warren. 2nd Ed. Oxford University Press. 2012.

    Bibliografía complementaria
    PERICYCLIC REACTIONS. I. Fleming, Oxford University Press. 1999.
    TRANSITION METALS IN THE SYNTHESIS OF COMPLEX ORGANIC MOLECULES. L. S. Hegedus, University Science Books, 1994.
    STOICHIOMETRIC ASYMMETRIC SYNHESIS. M. Rizzacasa, M. Perkins. Wiley-Blackwell. 2000.
    CATALYSIS IN ASYMMETRIC SYNTHESIS. V. Caprio, J. M. J. Williams. 2nd Ed. Wiley. 2009.
    MOLECULES THAT CHANGED THE WORLD. K. C. Nicolau, T. Montagnon, Wiley, 2008.
    Competencias
    Xerais
    Capacidade de análise e síntese
    Capacidade de organizar e planificar
    Resolución de problemas
    Aprendizaxe autónoma e autoavaliación
    Razoamento crítico
    Capacidade de comunicar oralmente ou por escrito coñecementos, procedementos, resultados e ideas

    Específicas
    1. Manexar os conceptos, métodos e resultados de reaccións químicas complexas e a súa aplicación á Síntese Orgánica
    2. Coñecer os mecanismos implicados nas reaccións estudadas
    3. Entender a relación entre os mecanismos das reaccións e a utilidade sintética das mesmas
    4. Ser capaces de ensamblar unha estratexia de síntese a partir dos coñecementos das reaccións estudadas.

    Metodoloxía da ensinanza
    A materia disporá dun aula virtual onde os alumnos atoparán toda a información e material relativos á materia: guía docente, presentacións, boletíns de exercicios, guións de prácticas, avisos, etc. A través do aula virtual ao profesor levará a cabo a entrega dos exercicios propostos para os seminarios e tutorías.

    1. Actividades docentes presenciais:
    As actividades formativas no aula consistirán en:

    A) Clases expositivas:
    Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia, etc.). O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non necesitan manexalos en clase. Habitualmente estas clases seguirán os contidos do Manual de referencia.

    B) Clases interactivas (Seminarios):
    Clase teórico/práctica na que se propón e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios, etc. O alumno deberá participar activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor (boletíns de problemas que o profesor entrega aos alumnos coa suficiente antelación), resolución de exercicios no aula, e outros. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non os manexarán en clase. Inclúense as probas de avaliación se as houber. A asistencia a estas clases é obrigatoria.

    C) Titorías:
    C.1. Reguladas polo Centro:
    Dúas titorías programadas polo profesor e coordinadas polo Centro. Proporanse actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre teoría, problemas, exercicios, ou outras tarefas propostas; así como a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos. En moitos casos o profesor poderá esixir aos alumnos a entrega de exercicios previa á celebración da tutoría. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
    C.2. Concertadas co profesor:
    Adicionalmente ás titorías reguladas polo Centro, os alumnos poderán solicitar titorías personalizadas dedicadas á resolución de dúbidas específicas ou á recuperación de sesións de seminarios ou titorías reguladas polo Centro ás que non asistan, que levarán a cabo previo acordo co profesor.

    2. Actividades docentes non presenciais:
    Traballo persoal do alumno dedicado á preparación da materia.

    Sistema de evaluación
    Seguirase, con matices, o criterio xeral de avaliación das materias do Grao en Química.
    1. Haberá unha única convocatoria para a materia.

    2. Cada estudante terá dereito á realización de dous exames finais en cada convocatoria:
    a. Un exame ordinario, que terá lugar a finais do semestre (maio-xuño).
    b. Un exame extraordinario (exame de recuperación) que terá lugar no mes de xullo, ao que terán dereito a asistir aqueles estudantes que teñan que recuperar total ou parcialmente a materia correspondente (non adquisición total ou parcial de competencias e habilidades).

    3. O alumno non aprobará a materia nin poderá realizar o exame final se non tivera asistido polo menos ao 80% no seu conxunto das clases presenciais de carácter obrigatorio: seminarios e titorías. A asistencia será verificada segundo o sistema oficial de control de asistencias establecido polo Centro. É obrigatoria a asistencia polo menos a unha das titorías programadas. As ausencias deberán estar debidamente documentadas.
    De acordo co profesor, os alumnos poderán recuperar as clases de seminario ou titorías ás que non asistan utilizando as tutorías concertadas co profesor, descritas no apartado anterior.

    4. Previamente á realización do exame ordinario, o Decanato do Centro fará pública unha relación dos estudantes que non asistiron polo menos ao 80% das clases presenciais de carácter obrigatorio, e que non poderán examinarse da materia.

    5. A avaliación consistirá en dúas partes:
    a. Avaliación continua , que poderá constar á súa vez de:
    i. Exercicios entregados ao profesor (Ex_entr)
    ii. Exercicios ou exposición de traballos realizados nos seminarios (Ex_sem)
    iii. Traballo nas tutorías (Tut)
    b. Exame final (EF)

    6. A cualificación do alumno non será inferior á do exame final nin á obtida ponderándoa coa avaliación continua.

    7. Cada subapartado do apartado 2.1 contabilizará para a nota final do alumno do seguinte xeito:
    a. Avaliación continua: (i, ii, iii): 40%
    b. Exame Final: 60%

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo presencial no aula:
    Clases expositivas: 14
    Clases interactivas de seminario: 20
    Clases interactivas de titorías: 2
    TOTAL DE HORAS DE TRABALLO PRESENCIAL NO AULA: 36 horas


    Traballo persoal do alumno:
    Estudo autónomo individual ou en grupo: 25 horas
    Resolución de exercicios e outros traballos: 40 horas
    Preparación de presentacións orais, escritas, elaboración de exercicios propostos, actividades en bibliotecas ou similares: 11,5 horas
    TOTAL DE HORAS DE TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO: 76,5 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    É aconsellable a asistencia ás clases expositivas.
    É aconsellable manter o estudo da materia “ao día” para reforzar o estudado en clase e realizar exercicios (modelo de autoavaliación).
    Unha vez finalizada a lectura dun tema no manual de referencia, é útil facer un resumo dos puntos importantes, identificando as ecuacións, conceptos e reaccións básicas que se deben recordar.
    A resolución de exercicios é fundamental para a aprendizaxe desta materia. Para os exercicios que impliquen conceptos de esteroquímica aconséllase utilizar modelos moleculares


    Observacións
    Véxase a información contida na guía da materia, que se pode atopar na dirección web seguinte: http://zquidec1.usc.es/grado