G1041451 - Química Bioinorgánica (Química Avanzada) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 28.00
- Clase Interactiva Seminario: 6.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 36.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Química Inorgánica
- Áreas: Química Inorgánica
- Centro: Facultade de Química
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaIntroducir o alumno no coñecemento do papel asociado cos metais na Bioquímica, na Toxicoloxía e na Farmacoloxía
ContidosIntroducción á química bioinorgánica
Bioinorgánica do ferro. I. Transporte e almacenaxe do ferro e do diosíxeno
Bioinorgánica do ferro. II. Transferencia electrónica e procesos enzimáticos redox
Bioinorgánica do cinc
Bioinorgánica do cobre
Bioinorgánica do molibdeno e volframio
Bioinorgánica do manganeso
Bioinorgánica do cobalto.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA
J.S. Casas, V. Moreno, A. Sánchez, J.L. Sánchez y J. Sordo, "Química Bioinorgánica", Madrid, E. Síntesis, 2002.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
•E.J. Baran, "Química Bioinorgánica", Madrid, McGraw-Hill/Interamericana, 1995.
•M. Vallet, J. Faus, E. García-España y J. Moratal, "Introducción a la Química Bioinorgánica", Madrid, E. Síntesis, 2003.
•I. Bertini, H.B. Gray, E.I. Stiefel, J.S. Valentine "Biological Inorganic Chemistry", USA: University Science Books, 2007.
CompetenciasCompetencias xerais:
Capacidade para elaborar un traballo relacionado co á química bioinorgánica.
Capacidade para presentar oralmente un traballo, problemas ou cuestións relacionadas co á química bioinorgánica
Capacidade para desenvolver un traballo, tanto individualmente como en equipo.
Capacidade para avaliar, interpretar e sintetizar a información e os datos relacionados co á química bioinorgánica
Competencias específicas:
- Coñecer os elementos inorgánicos esenciais, tóxicos e de importancia farmacéutica.
- Coñecer as funcións fundamentais dos metais con maior relevancia biolóxica.
- Coñecer os mecanismos de toxicidade dos metais.
Competencias transversais:
Capacidade para traballar en grupo tanto na resolución coma na discusión de problemas
Metodoloxía da ensinanza A) Clases expositiva en grupo grande: Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia,...). O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos aínda que os estudantes non necesitan manexalos en clase. Habitualmente estas clases seguirán os contidos do manual de referencia indicado na bibliografía.
B) Clases interactivas en grupo reducido.: Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios, etc... O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor (algúns dos propostos en boletíns de problemas que o profesor entrega aos alumnos coa suficiente antelación), resolución de cuestións na aula, etc. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos aínda que os estudantes non os manexarán en clase. Inclúense as probas de avaliación se as houbera. A asistencia a estas clases será obrigatoria.
D) Titorías en grupos moi reducidos. Titorías programadas polo profesor e coordinadas polo Centro. En xeral, suporán para cada alumno 2 horas por cuatrimestre e materia.
Propóñense actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas;
así como a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos. En moitos casos o profesor poderá esixir aos alumnos a entrega de exercicios previa á celebración da titoría. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
E) O alumno poderá atopar material de apoio na Aula Virtual
.
Sistema de evaluaciónSistema de avaliación:
1. A asistencia ás clases presenciais de carácter obrigatorio seminarios, titorías é obrigatoria. Non se avaliará o alumno que non asista, polo menos, ao 80% destas clases. As ausencias deberán estar debidamente documentadas seguindo as pautas adoptadas pola Universidade de Santiago de Compostela.
2. A avaliación consistirá en dúas partes:
2.1. Avaliación continua (25%), que constará á súa vez de:
i. Exercicios entregados ao profesor
ii. Exercicios realizados nos seminarios
iii. Traballo nas titorías
2.2. Exame final (75%)
3.- O exame final incluirá cuestións relativas a todos os contidos da materia, con preguntas directas de resposta concisa e de preguntas tipo test.
4.- A nota global de cada estudante na materia obterase como resultado de aplicar a fórmula seguinte:
Nota final= Máximo (N2, c1 x N1 + c2 x N2)
Sendo N1 a nota numérica correspondente á avaliación continua (escala 0-10), c1 o peso porcentual da avaliación continua, N2 a nota numérica do exame final (escala 0-10) e c2 o peso porcentual do exame final.
Tempo de estudo e traballo persoala) Clases expositivas en grupo grande. HORAS: 28
b) Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios). HORAS: 6
c) Tutorías. HORAS:2
TOTAL HORAS TRABALLO PRESENCIAL NA AULA 36 HORAS
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
a) Estudio autónomo individual ou en grupo. HORAS: 54
b) Resolución de exercicios, ou outros traballos. HORAS 11
c) Preparación das presentacións orais, escritas, elaboración de exercicios propostos. Actividades en biblioteca ou similar. HORAS 11,5
TOTAL HORAS TRABAllO PERSOAL DO ALUMNO: 76,5 HORAS
Recomendacións para o estudo da materiaÉ importante asistir ás clases expositivas. É importante manter "ao día" o estudio da materia.
É importante a participación activa nas clases, especialmente as de seminario, nas que se resolverán os exercicios formulados, comentando as dificultades cos compañeiros de seminario.
Unha vez finalizada a lectura dun tema no manual de referencia, é útil facer un resumo dos aspectos importantes, identificando os puntos fundamentais e as relacións básicas que se deben recordar, e asegurándose de coñecer tanto o seu significado como as condicións nas que se poden aplicar.
Recoméndase, empregar a bibliografía recomendada para contrastar as notas do alumno na docencia presencial. Igualmente é moi desexable a participación individul o nos equipos que podan desenvolver temas específicos.