Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Química  »  Información da Materia

G1041452 - Ampliación de Bioquímica (Química Avanzada) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 28.00
  • Clase Interactiva Seminario: 6.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 36.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
  • Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
  • Centro: Facultade de Química
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Martinez Costas, Jose Manuel.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Logo de adquirir na materia de Bioquímica os coñecementos básicos sobre a estrutura e actividades das biomoléculas, nesta materia preténdese que o alumno adquira un coñecemento básico dos mecanismos moleculares que controlan globalmente as principais funcións dos organismos complexos. Desta forma, os alumnos do grao de Química poden comprender que tanto o aspecto, comportamento ou a adaptación ao ambiente dos seres vivos réxese basicamente por mecanismos químicos: reaccións, actividade de biomoléculas e as súas interaccións.
    Contidos
    Sinalización celular

    Tema 1-Receptores celulares e sinalización: GPCR, receptores tirosina-quinasa e guanilil-ciclasa. Proteínas scaffold. Integrinas. Canles iónicos e sinalización.

    Tema 2- Regulación do ciclo celular polas CDKs: Etapas do ciclo celular. Niveis cíclicos de CDKs. Regulación do ciclo mediante fosforilación/defosforilación de proteínas crave. Oncoxenes e desregulación do ciclo.

    Tema 3- Proliferación celular e morte celular programada: Mecanismos que manteñen o número de células en organismos complexos e a súa regulación.

    Regulación e integración do metabolismo

    Tema 4- Hormonas: Diversidade química, actuación e mecanismos de liberación.

    Tema 5- Metabolismo específico dos tecidos e regulación hormonal do metabolismo enerxético.

    Tema 6- Regulación da masa corporal e metabolopatías

    Regulación da expresión xénica

    Tema 7- Principios xerais de regulación xénica: Estrutura dos promotores. Interaccións proteína-DNA. Interaccións proteína-proteína.

    Tema 8- Regulación da expresión xénica en bacterias: Operones e a súa regulación. Sistemas de control global da expresión xénica.

    Tema 9- Regulación da expresión xénica en eucariotas: Estrutura e modificación química da cromatina. Activadores de transcrición e a súa estrutura modular. Sinalización celular e a regulación da expresión xénica. Regulación a nivel de tradución. Silenciamiento xénico por interferencia. Regulación da expresión xénica no desenvolvemento embrionario.

    Bibliografía básica e complementaria
    Manual de referencia:
    Nelson e Cox, Lehninger Principios de Bioquímica. Quinta edición. Editorial Omega 2009.

    Bibliografía Complementaria:
    McKee e McKee, Bioquímica.A base Molecular da vida, 4ª ed., McGraw-Hill-Interamericana, 2009.
    Lodish, Bioloxía Celular e Molecular, Ed. Panamericana 2006.
    Alberts e outros, Bioloxía Molecular da Célula. Ed Omega,5ª ed., 2011.
    Alberts, Introdución á Bioloxía Celular, 2ª, 3ª ed., Editorial Panamericana 2011.
    Voet, D., Voet, J.G. e Pratt, C.W. Fundamentos de bioquímica. Ed. Médica Panamericana.

    Curso en USC Virtual

    Competencias
    Preténdese que o alumno adquira coñecementos que lle permitan familiarizarse coa linguaxe biolóxica e entender os procesos biolóxicos complexos. Tamén se busca que o alumno sexa capaz de ver a importancia que pode ter a Química no desenvolvemento do coñecemento sobre os seres vivos.
    Metodoloxía da ensinanza
    - Clases presenciais con proxeccións de computador e curso en rede da USC Virtual, incluíndo resumos, as figuras e animacións de clase e material adicional en rede.
    - Seminarios a grupos reducidos onde se resolverán problemas ou cuestións relacionados coa materia e/ou se exporán traballos realizados polos alumnos.
    - Tutorias en grupos moi reducidos onde se resolverán as posibles dúbidas expostas polos alumnos.

    Sistema de evaluación
    1. O alumno non será avaliado se non asiste polo menos ao 80% das clases presenciais de carácter obrigatorio: seminarios e tutorías. As ausencias deberán estar debidamente documentadas. A falta non xustificada a unha ou máis prácticas implicará o suspenso da materia.
    2. A avaliación consistirá en duas partes:
    2.1) Avaliación continua (EC), que consta á súa vez de:
    i. Exercicios entregados ao profesor (Ex_entr= 20%)
    ii. Traballo nas tutorías (Tut= 5%)
    iii. Outros: participación e resolución de cuestións nas clases expositivas (Outros= 5%)

    2.2) Exame final (EF= 70%)
    O alumno deberá obter polo menos un 4 sobre un total de 10 puntos na nota do exame final para que poidan computar na nota final.
    Nota Final= Máximo (Nota EF, 0,7xNota EF 0,3xNota EC)

    3. Os alumnos que non superen a materia na oportunidade ordinaria (xaneiro) poderán presentarse á oportunidade de recuperación (xullo). A nota da avaliación continua manterase.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais:
    28 horas teóricas
    6 horas seminarios en grupos reducidos
    2 horas tutorías en grupos moi reducidos

    Horas non presenciais:
    50,5 horas de dedicación á preparación da materia teórica
    16 horas dedicadas a escritura de exercicios, conclusións e outros traballos
    10 horas preparación de presentacións e elaboración de exercicios

    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia ás actividades propostas, levar a materia ao día e utilizar as tutorías para resolver as dúbidas.