P1033201 - Cromatografía de Gases (Análise Química) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Áreas: Química Analítica
- Centro: Facultade de Química
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaCapacitar o alumno para a obtención dun coñecemento profundo da cromatografía de gases, tanto desde un punto de vista teórico como práctico, imprescindible para poder aplicar esta técnica á resolución de problemas reais, así como para o desenvolvemento de metodoloxías fronte a novos retos analíticos.
ContidosTema 1.- Introdución á cromatografía en fase gasosa (GC). Fundamentos teóricos: parámetros básicos en cromatografía, teoría cinética, parámetros que afectan á eficacia das separacións cromatográficas.
Tema 2.- Instrumentación en cromatografía de gases: Esquema básico dun equipo cromatográfico. Control de presións e medidas de fluxo. Sistemas de introdución da mostra. Inxectores on-column, split-splitless, espazo de cabeza, P&T, etc... Columnas e fases estacionarias. Fornos, separación en modo isotermo e con gradiente de temperatura. Detectores máis comúns en cromatografía de gases: características xerais, tipos. Selección dun detector. Fundamentos e instrumentación en cromatografía de gases de alta velocidade.
Tema 3.- Acoplamento da cromatografía de gases con técnicas espectroscópicas: técnicas híbridas: Vantaxes das técnicas híbridas fronte aos detectores convencionais. Estudio do fundamento, características e aplicacións dos acoplamentos con espectrometría de masas e outras técnicas espectroscópicas.
Tema 4.- Aspectos prácticos do tratamento dos datos cromatográficos: Identificación dos compoñentes dunha mostra. Integración de picos: opcións, problemas. Técnicas de cuantificación: estándar externo, estándar interno, normalización interna, adicións estándar, dilución isotópica.
Prácticas tuteladas
Práctica 1.- Mantemento básico dun equipo de cromatografía de gases. Instalación de columnas. Limpeza do detector (FID). Optimización de condicións de separación. Influencia do modo de inxección na eficacia e límites de cuantificación do método.
Práctica 2.- Determinación de compostos haloxenados persistentes mediante cromatografía de gases con detector de captura de electróns. Aplicacións cuantitativas: métodos do patrón externo e interno.
Práctica 3.- Identificación de contaminantes orgánicos en mostras ambientais mediante cromatografía de gases con detección mediante espectrometría de masas. Optimización dos parámetros de detección. Identificación de picos mediante bases de datos e interpretación de espectros.
Práctica 4.- Determinación de contaminantes emerxentes en mostras acuosas mediante GC-MS-MS. Optimización dos parámetros de fragmentación. Aplicación a mostras reais. Comparativa GC-MS vs. GC-MS/MS.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
Dabrio, M.V. (2000): Cromatografía y electroforesis en Columna, Springer, Barcelona.
Bibliografía complementaria
Brown, P.R. y Grushka, E. (Eds) (1997): Advances in Chromatography (vol. 37) Marcel Dekker, Inc. New York.
Brown, Phillis R and Grushka, Eli (Eds) (1997): Advances in Chromatography Vol 35, Capitulo 5., Marcel Deckker, NewYork.
Cámara C. (Ed.), Fernández P., Martín-Esteban A., Pérez-Conde C., Vidal M. (2002): Toma y Tratamiento de Muestra, Editorial Síntesis. Madrid.
Cela, R.; Lorenzo, R.A.; Casais, C. (2002): Técnicas de Separación en Química Analítica, Ed Síntesis, Madrid.
Grant, D.W. (1996): Capillary Gas Chromatography, John Wiley, New York.
Competencias- Capacidade para demostrar comprensión e coñecemento dos feitos, conceptos, principios e teorías esenciais relacionadas coa materia.
- Delimitación do campo de aplicación da cromatografía de gases. Identificación das súas posibilidades e limitacións fronte a outras técnicas cromatográficas.
- Capacidade para coñecer os fundamentos, metodoloxía, aplicacións e importancia da cromatografía de gases.
- Capacidade para aplicar eses coñecementos á comprensión e á solución de problemas cualitativos e cuantitativos que presenta a análise química actual.
- Habilidades na avaliación e interpretación dos resultados cromatográficos.
- Habilidades prácticas para o mantemento básico e verificación do funcionamento dun cromatógrafo de gases.
Metodoloxía da ensinanza Clases expositivas(9 h), clases interactivas (12 h) e titorías(3 h).
A ensinanza da materia impartirase mediante sesións de clases expositivas que servirán para titorizar ao alumnado no traballo que deberá desenvolver persoalmente. Estas clases expositivas complementaranse con clases interactivas onde o profesor, ademais de expoñer e explicar aspectos da materia de carácter práctico, solucionará as dúbidas que se lle teñan presentado ao alumnado durante o traballo persoal. As sesións prácticas impartiranse no laboratorio.
Sistema de evaluaciónA avaliación baséase en:
-A asistencia e participación activa nas sesións de clases expositivas e interactivas que constitúen este curso (50%).
-A realización obrigatoria dunha proba tipo exame abarcando os contidos do curso (50%)
Tempo de estudo e traballo persoalActividade: Horas Presenciais, Factor Traballo Persoal, TOTAL
------------------------------------------------------------------------------------------------
Expositivas 9, 1.5, 13.5, 22.5
Interactivas 12, 1, 12, 24
Titorías 3, 1, 3, 6
TOTAL 24, - , 28.5, 52.5
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia regular ás clases expositivas e interactivas, e a realización das sesións de prácticas tuteladas.