P1033207 - Química Computacional (Estructura e Reactividade) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Química Física
- Áreas: Química Física
- Centro: Facultade de Química
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaPresentarlle ao alumno unha visión global dos aspectos actuais da Química Computacional. Preténdese abordar isto dende un punto de vista eminentemente práctico, de modo que o alumno saiba cómo a Química Computacional é capaz de abordar o estudo de practicamente todos os aspectos da Química, sendo nalgúns casos a única ferramenta de traballo e noutros un complemento moi eficaz dos estudos experimentais tradicionais.
Por iso, preténdese que ao rematar a materia o alumno sexa capaz de discernir os campos nos que a Química Computacional presenta a súa maior utilidade e coñecer qué magnitudes poden ser obtidas mediante a computación e, ademais, cal é o grao de exactitude e precisión que os diferentes cálculos permiten obter.
Tamén se pretende que o alumno estea en condicións de desenvolver algúns casos sinxelos de aplicación de métodos computacionais a diversos ámbitos da Química.
ContidosFundamentos teóricos: Mecánica Cuántica (métodos semiempíricos, métodos ab initio, teoría do funcional da densidade)
Correlación electrónica (métodos Moller-Pleset, interacción de configuracións, método coupled-cluster)
Elección da base (bases mínimas, bases de valencia dividida, funcións de polarización, funcións difusas)
Propiedades moleculares que poden ser calculadas (entalpías, momentos dipolares, niveis de enerxía, potenciais de ionización, potencial electrostático, espectros, acidez dos compostos, enerxías de activación...)
Superficies de enerxía potencial (mínimos, puntos cadeira, cálculo da hessiana. "intrinsic reaction path")
Elección do método e base apropiada
Exemplos prácticos de obtención de propiedades moleculares:
- Optimización de xeometrías de equilibrio
- Análise conformacional
- Erro de superposición de base
- Disociación dunha molécula diatómica
- Espectros de vibración de moléculas poliatómicas
- Enerxías de reacción e de activación (control termodinámico e cinético)
Bibliografía básica e complementariaQuímica Cuántica.
Bertran, Branchadell, Moreno, Sodupe
Ed. Síntesis
CompetenciasXERAIS:
- Que poidan aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
- Que teñan capacidade de comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Química tanto a un público especializado como non especializado.
- Que sexan capaces de estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
ESPECÍFICAS:
- Capacidade para demostrar o coñecemento e comprensión dos feitos esenciais, conceptos, principios e teorías relacionadas coas áreas da Química.
- Resolución de problemas cualitativos e cuantitativos segundo modelos previamente desenvolvidos.
- Capacidade para relacionar a Química con outras disciplinas.
TRANSVERSAIS:
- Resolución de problemas.
- Razoamento crítico.
- Compromiso ético.
- Aprendizaxe autónoma
- Motivación pola calidade.
Metodoloxía da ensinanza As actividades presenciais do alumno consistirán en:
1) Clases expositivas en grupo grande: Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia...). O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non necesitan manexalos en clase. Habitualmente estas clases seguirán os contidos dun Manual de referencia proposto na Guía Docente da materia. A asistencia a estas clases non é obrigatoria.
2) Clases interactivas en grupo reducido (seminarios): Clase teórico/práctica na que se propón e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios... O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor (algúns dos propostos en boletíns de problemas que o profesor entrega aos alumnos coa suficiente antelación); resolución de exercicios no aula, etc. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non os manexarán en clase. Inclúense as probas de avaliación se as houber. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
3) Tutorías de encerado en grupo moi reducido: Tutorías programadas polo profesor e coordinadas polo Centro. En xeral, suporán para cada alumno 2 horas por cuadrimestre e materia. Proponse actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas; así como a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos. En moitos casos o profesor esixirá aos alumnos a entrega de exercicios previa á celebración da tutoría. Estas entregas virán recollidas no calendario de actividades que van realizar os alumnos ao longo do curso da Guía Docente da materia correspondente. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose razóns de exame e de saúde, así como aqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente. As actividades presenciais obrigatorias non realizadas recuperaranse de acordo co profesor e dentro do horario previsto para a materia.
Toda a información desta materia relevante para o alumno está dispoñible a través da USC virtual.
Sistema de evaluaciónBasicamente a nota do alumno virá marcada pola súa participación activa durante as clases. É posible que tamén sexa necesario un exame final, pero en ningún caso terá un peso maior do 35% da nota final.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NO AULA-----HORAS------TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO---------HORAS
Clases expositivas en grupo grande-------9-------Estudo autónomo individual ou en grupo-------18
Clases interactivas en grupo reducido----12-------Resolución de exercicios ou outros traballos----24
Tutorías en grupos moi reducidos---------3---------Elaboración de exercicios propostos-------------9
Total traballo presencial no aula-----------24-------Total traballo persoal do alumno---------------51
Recomendacións para o estudo da materiaO alumno debe repasar os conceptos teóricos introducidos nos distintos temas utilizando o manual de referencia e os resumos. O grao de acerto na resolución dos exercicios propostos proporciona unha medida da preparación do alumno para afrontar o exame final da materia. Aqueles alumnos que atopen dificultades importantes á hora de traballar as actividades propostas deben de acudir nas horas de tutoría do profesor, co obxectivo de que este poida analizar o problema e axudar a resolver devanditas dificultades.