Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Química  »  Información da Materia

P1033209 - Química Física dos Medios Naturais (Estructura e Reactividade) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Química Física
  • Áreas: Química Física
  • Centro: Facultade de Química
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Arce Vázquez, Florencio.NON
Fiol Lopez, Sarah.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Coñecemento dos procedementos tanto experimentais como teóricos dos que se dispón para obter información das distintas formas fisicoquímicas baixo as que está presente unha especie no medio natural.

    O alumno será capaz de propoñer os equilibrios naturais que inflúen na especiación de substancias de interese en medios naturais. Será capaz de determinar, nunhas condicións determinadas, qué especies predominan.

    Contidos
    1. Introdcución. Especiación química de augas naturais. A aproximación de equilibrio. Deseño de modelos de especiación.

    2. Complexación con ligandos inorgánicos. Coeficientes de actividade. Compoñentes maioritarios e minoritarios: modelos de asociación iónica. Elementos traza: selección de constantes de complexación e de un modelo de coeficientes de actividade.

    3. Complexación con ligandos orgánicos definidos.

    4. Materia orgánica natural. Natureza e estrutura. Descricións estándar das reaccións de complexación. Modelos electrostáticos de complexación.

    5. Adsorción. Adsorción sobre superficie de óxidos: modelos. Cambio iónico: modelos. Adsorción sobre partículas naturais.

    6. Protocolos para o cálculo da especiación.

    Bibliografía básica e complementaria
    Manual de referencia:

    • André Tessier, David R. Turner, Metal Speciation and Bioavailability in Aquatic Systems, Vol. 3, 1995, Wiley

    Complementaria:

    • Werner Stumm, James J. Morgan, Aquatic Chemistry. Chemical Equilibria and Rates in Natural Waters, 3ª edición, 1996, Wiley-Interscience Series of Text and Monographs

    • Patricia A. Maurice, Environmental Surfaces and Interfaces from the Nanoscale to the Global Scale, 2009, Wiley

    • Werner Stumm, Chemistry of the Solid-Water Interface. Processes at the mineral-water and particle-water interface in natural systems, 1992, Wiley-Interscience

    • Chen Zhu, Grag Anderson, Environmental applications of Geochemical Modeling, 2002, Cambridge University Press

    Competencias
    Capacidade de análise, avaliación e comparación de alternativas relevantes na dirección elexida.

    Capacidade de autoaprendizaxe e estudo dun tema en profundidade e amplitude.

    Capacidade de ordenar e sintetizar a información.

    Capacidade para comunicarse de forma efectiva empregando ferramentas de presentación axeitadas, tanto en reunións, coma en presentacións orais ou mediante documentación escrita.

    Metodoloxía da ensinanza
    A) Clases expositivas: Clase impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia…). Habitualmente estas clases seguirán os contidos dos manuais recomendados na bibliografía.

    B) Seminarios: Clases teórico/prácticas nas que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios… O alumno participa activamente nestas clases de distintos xeitos: entrega de exercicios ao profesor, resolución de exercicios na aula, etc. Inclúense as probas de avaliación se as houbera.

    C) Titorías: Suporán 3 horas para cada alumno. Nestas clases os alumnos deberán expor, debater ou comentar aquelas actividades previamente suxeridas polo profesor. As actividades realizaranse individualmente ou en grupo segundo o indique o profesor.

    Sistema de evaluación
    Para menos de 10 alumnos, consistirá no seguimento personalizado durante as clases prácticas, avaliando a súa capacidade para formular e resolver os equilibrios de especiación que se lle propoñan.

    En caso de que houbera máis de 10 alumnos matriculados no curso, realizaráse un exame que consistirá na resolución dun problema. Neste caso a cualificación final distribuirase nos seguintes apartados:

    Distribución de la calificación
    Exame = 45%
    Traballos/actividades = 25%
    Titorías = 25%
    Informe profesor = 5%

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Clases teóricas:
    - 9 horas de clases teóricas para explicar os conceptos básicos sobre a especiación en medios naturais e algúns factores dos que depende.
    - 18 horas de traballo persoal do alumno con resolución de problemas tipo.

    Clases prácticas:
    - 12 horas: explicación do manexo do programa de especiación ECOSAT, indicando a estrutura do programa e como introducir nel os datos necesarios para simular especiación en medios naturais. Resolveranse algúns problemas sinxelos de especiación tanto en disolución como en solos.
    - 24 horas: o alumno, mediante o seu traballo persoal debe familiarizarse co programa e debe resolver as cuestións e problemas propostos polo profesor.

    Titorías grupo:
    - 3 horas de clases nas que o alumno exporá un caso práctico proposto polo profesor.
    - 9 horas de traballo do alumno para preparar o caso práctico.
    Recomendacións para o estudo da materia
    O Máster ten uns criterios xerais onde se indican as titulacións de acceso ao Master, que son, por orde de preferencia, as seguintes: 1º) Química, 2º) Farmacia, Enxeñaría Química, Ciencias do Mar, 3º) Bioloxía, Biotecnoloxía, Bioquímica, Ciencias Ambientáis, Física, Xeología, Ciencia e Tecnoloxía dos alimentos, Enxeñaría Industrial, Enxeñaría de Minas, Enxeñaría Agrónoma, Enxeñaría de Montes e 4º) Enxeñaría Técnica Industrial (especialidade Química Industrial).

    En particular para este materia o perfil máis axeitado sería de titulados en Química, Farmacia, Enxeñaría Química, Ciencias Ambientais e Bioloxía.

    Outros coñecementos adicionais de matemáticas e física son importantes para un mellor aproveitamento deste curso.

    É aconsellable asistir ás clases expositivas e o emprego dalgún dos manuais recomendados. Tamén é importante realizar as actividades propostas polo profesor, que se traballarán nos seminarios e nas titorías

    Observacións
    A materia impartirase en castelán.

    Aqueles alumnos que teñan dificultades para realizar as diferentes actividades que componen o curso, poden solicitar axuda ao profesor, que lles atenderá no horario asignado para as tutorías individuais e que aparece indicado na páxina web da USC.

    As faltas de asistencia deberán ser debidamente xustificadas.