P1033213 - Aplicacions Sintéticas dos Compostos Organometálicos (Química sintética) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.00
- Total: 4.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 4.00
- Total: 32.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Química Orgánica
- Áreas: Química Orgánica
- Centro: Facultade de Química
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia1. Que o alumno coñeza e entenda:
a) Os procesos básicos mais importantes nos que participan especies organometálicas.
b) As metodoloxías sintéticas mais importantes basadas en ditos procesos.
2. Que o alumno poida realizar propostas sintéticas razoables aplicando os coñecementos adquiridos.
ContidosTEMA 1. INTRODUCCIÓN.
Características xerais dos complexos organometálicos: tipos de ligandos, número de electrons, estado de oxidación, configuración dn, etc. Tipos de enlace metal-ligando. Aspectos estructurais.
TEMA 2. MECANISMOS DAS REACCIONS ORGANOMETÁLICAS.
Mecanismo asociativo e disociativo. Adición oxidante e eliminación reductora. Insercions e eliminacions. Ataques nucleofílicos e electrofílicos en ligandos coordinados ao metal. Transmetalación.
TEMA 3. REACCIONS DE ACOPLAMENTO CRUZADO.
Reaccions de acoplamento cruzado de especies organometálicas C-sp3. Reaccions de acoplamento cruzado de especies organometálicas C-sp2. Reaccions de acoplamento cruzado de especies organometálicas C-sp.
TEMA 4. REACCIÓN DE HECK.
TEMA 5. REACCIONS VIA COMPLEXOS n3-ALILO.
Telomerización de 1,3-dienos. Reaccions de sustratos alílicos catalizadas por Pd. Complexos alílicos de outros metais: Ni, Fe, Co, Mo, W.
TEMA 6. REACCIONS DE CARBONILACIÓN E DESCARBONILACIÓN.
Reactividade xeral de carbonilos metálicos. Reaccions de acoplamento carbonilativo catalizadas por paladio. Carbonilación de alquenos e alquinos. Carbonilacions de interés industrial: proceso Monsanto; hidroformilación (proceso oxo). Reaccions de carbonilación con carbonilos de ferro e cobalto. Reaccions de descarbonilación.
TEMA 7. COMPLEXOS METAL-CARBENO.
Carbenos de Fischer: preparación e reactividad. Reacción de Dotz. Carbenos nucleófilos (carbenos de Schrock). Reactivo de Tebbe. Metátesis de alquenos. Mecanismo xeral. ROMP. RCM. Diseño de novos catalizadores.
TEMA 8. COMPLEXOS METAL-ALQUINO.
Aspectos estructurais. Complexos metal-alquino estables: complexos de Co como grupos protectores de alquinos. Estabilización de carga en posición proparxílica: reacción de Nicholas. Reacción de Pauson-Khand. Variantes catalíticas e enantioselectivas. Ciclooligomerización de alquinos catalizada por metais de transición. Outras reaccions de cicloadición de alquinos catalizadas por complexos metálicos.
TEMA 9. COMPLEXOS METÁLICOS DIENO E DIENILO.
Complexos estables de ferro e molibdeno: preparación e aspectos estructurais; quiralidad. Protección de dienos mediante complexación. Estabilización de cations alílicos. Adición de nucleófilos. Complexos h5-dienilo: aplicacions sintéticas.
TEMA 10. COMPLEXOS METAL-ARENO.
Complexos estables con metais dos grupos 6 e 8. Reactividade. Aplicacions sintéticas.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
• Hegedus, L. S. Transition Metals in the Synthesis of Complex Organic Molecules; University Science Books, Mill Valley, 1999.
• Bates, R. Organic Synthesis using Transition Metals (Sheffield Academic Press, Posgraduate Chemistry Series), Blackwell, 2000.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
• Beller, M.; Bolm, C. (Eds.) Transition Metals for Organic Synthesis: Building Blocks and Fine Chemicals, 2nd Ed.; Wiley-VCH, 2004.
• R. H. Crabtree, E. Peris Fajarnes Química organometálica de los metales de transición. Ed. Publicacions de la Universitat Jaume I. 1997
• de Meijere, A.; Diederich, F. (Eds.) Metal-catalyzed Cross-coupling Reactions, 2nd Ed.; Wiley-VCH, 2004.
Ademáis manexaránse fontes bibliográficas primarias, xa que ao longo do curso introduciránse contenidos e exemplos extraídos de artígos científicos recentes.
CompetenciasTras ter cursado ista materia, o alumno deberá:
- Coñecer as reaccions mais importantes catalizadas ou promovidas por metais de transición, e ser capaz de aplicalas a hora de planificar unha síntese.
- Ser capaz de formular propostas mecanísticas coherentes para transformacións catalizadas ou promovidas por complexos metálicos.
- Ser capaz de identificar os factores que poidan afectar ao curso dunha reacción organometálica (efecto dos ligandos, camiños de reacción alternativos, etc.)
Ademais, o tipo de traballo que o alumno terá que realizar para superar a asignatura, contribuirá a adquisición dunha serie de competencias xenéricas, como por exemplo:
- Capacidade para realizar búsquedas bibliográficas (en bases de datos on line, bibliografía primaria)
- Manexo de bibliografía en inglés
- Desenrolo de habilidades para o análisis crítico de artígos científicos.
- Capacidade de realizar unha presentación oral sobre un tema científico, con apoio de métodos audiovisuais (PowerPoint).
Metodoloxía da ensinanza - Impartición dos contidos teóricos por parte do profesor en clases presenciais, con apoio de métodos audiovisuais (transparencias, PowerPoint).
- Clases de seminario onde os alumnos, de modo individual o en pequenos grupos, resolverán cuestions e exercicios previamente plantexados polo profesor.
- Clases de seminario onde cada alumno presentará ante o profesor e os compañeros un traballo consistente no análise crítico dun artígo científico recente. As presentacions darán pé a pequenos debates sobre cada un dos temas, nos que se fomentará a participación dos alumnos.
A MATERIA CONTA CUNHA PÁXINA NA USC VIRTUAL.
Sistema de evaluación Evaluarase:
1. A participación activa do alumno (50% da calificación) nos seguintes termos:
- resolución nas clases de seminarios de exercicios e cuestións previamente plantexados.
- preparación dun traballo científico: realización da análise crítica e detallada dun artigo científico publicado recentemente nuhha revista de alto índice de impacto. Dita análise tera que ser presentada tanto de xeito escrito como oral en exposición pública.
2. Examen da asignatura (50% da calificación)
Tempo de estudo e traballo persoalO tempo de estudo e traballo persoal que ha de dedicar o alumno para superar-la asignatura resumese na seguiente tabla:
__________________________________________________________________________________
ACTIVIDADE-----HORAS PRESENCIAIS--FACTOR*--HORAS TRAB. PERSOAL--HORAS TOTALES
__________________________________________________________________________________
Teoría----------------18------------------1,25-----------------22-------------------40
Seminarios
problemas------------4-------------------2----------------------8-------------------12
Seminarios
exposicions---------- 5-------------------3--------------------15--------------------20
Examen---------------3----------------------------------------------------------------3
__________________________________________________________________________________
GLOBAIS-------------30-----------------------------------------45-------------------75
__________________________________________________________________________________
* Factor: refirese ao nº de horas de traballo persoal do alumno por cada hora presencial
Recomendacións para o estudo da materia- E necesario ter unha boa formación básica en química orgánica.
- Recoméndase revisar aspectos básicos da química dos metais de transición.
- A asistencia regular as clases teóricas e de seminario será imprescindible para supera- la asignatura.