Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Química  »  Información da Materia

P1033221 - Resonancia Magnética Nuclear (Técnicas Instrumentais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.00
  • Total: 4.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 4.00
  • Total: 32.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Química Orgánica
  • Áreas: Química Orgánica
  • Centro: Facultade de Química
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
RIGUERA VEGA, RICARDO JESUS.NON
SANCHEZ PEDREGAL, VICTOR MANUEL.NON
SARDINA LOPEZ, FRANCISCO JAVIER.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Dar a coñecer os fundamentos das principais secuencias de pulsos en RMN.
    Aplicacións dos diferentes experimentos de pulsos tanto en RMN monodimensional como bidimensional.
    Aprendizaxe do manexo dun moderno instrumento de RMN de pulsos e transformación de Fourier.
    Dar a coñecer os fundamentos e aplicacións dos principais métodos para asignación da configuración absoluta por RMN

    Contidos
    I.-INTRODUCCIÓN ÁS TECNICAS DE PULSOS EN RMN 1D E 2D.

    TEMA 1 FUNDAMENTOS DAS TECNICAS DE PULSOS EN RMN MONODIMENSIONAL(13 horas)
    Resonancia dunha mostra macroscópica. Fenómenos de relaxación. Dinámica da magnetización transversal. O experimento de eco de espín. Eco de espín en sistemas heteronucleares. Técnicas de transferencia de polarización.

    TEMA 2 ASPECTOS BASICOS DA ESPECTROSCOPIA DE RMN BIDIMENSIONAL (3 horas).
    Espectroscopía 2 D-J-resolta heteroescalar e homoescalar. Espectroscopia bidimensional de correlación.heteroescalar e homoescalar (COSY).

    TEMA 3 DEMOSTRACIÓNS PRACTICAS (6 horas).
    Adquisición dun experimento básico de RMN de protón. Calibrado do pulso de excitación. Determinación de tempos de relaxación. Desencaixamento heteronuclear. Experimentos de transferencia de polarización. Espectroscopía bidimensional de correlación.

    TEMA 4 CASOS PRACTICOS DE ELUCIDACION DE ESTRUTURAS.
    Serie de exercicios prácticos a resolver polos alumnos.


    II.-TÉCNICAS AVANZADAS DE RMN.

    TEMA 5 APLICACIÓNS ESTRUTURAIS E DINÁMICAS

    Bibliografía básica e complementaria
    CLARIDGE, T.D.W.
    "High-Resolution NMR Techniques in Organic Chemistry"
    Pergamon Press, Oxford (1999)

    CROASMUN, W.R.; CARLSON, R.M.K.
    "Two Dimensional NMR Spectroscoppy. Applications for Chemists and Biochemists"
    VCH, Weinheim (1987)

    NEUHAUS,D.; WILLIAMSON, M.
    "The Nuclear Overhauser Effect in Structural and Conformational Analysis"
    VCH, Weinheim (1989)

    SANDERS, J.K.M.; HUNTER, B.K.
    "Modern NMR Spectroscopy. A guide for Chemists"
    Oxford University Press, Oxford (1988)

    Competencias
    Adquisición de coñecementos de técnicas básicas e avanzadas de RMN e a súa aplicación á resolución de problemas estruturais e
    dinámicos en Química.

    Metodoloxía da ensinanza
    Leccións maxistrais (25%), clases prácticas (25%), traballo tutelado (50%).
    Sistema de evaluación
    Asistencia ao curso.
    Resolución de exercicios e problemas, formulados en clase sobre aspectos relacionados cos contidos do curso.
    Avaliación continuada durante as clases teóricas e as demostracións prácticas.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas totais consideradas de traballo dos estudantes:100
    Horas de docencia teórica: 20
    Horas de docencia práctica: 20
    Horas de traballo individual e outras actividades: 60

    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia ás clases teóricas e prácticas.
    Traballo persoal sobre a base da bibliografía recomendada.

    Observacións
    Requírense coñecementos previos sobre fundamentos e aspectos básicos da Resonancia Magnética Nuclear de protón e carbono-13.