P1033222 - Aplicaciones da Fluorescencia (Optativas Xenéricas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Química Física, Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Áreas: Química Física, Química Analítica
- Centro: Facultade de Química
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO obxectivo xeral da materia é que os alumnos aprendan os aspectos básicos da fluorescencia e coñezan as principais aplicacións da espectroscopia de fluorescencia nos eidos da Química, Bioloxía e Medicina.
Contidos• Fundamentos de espectroscopia de fluorescencia.
• Tempo de vida de fluorescencia.
• Técnicas experimentais.
• Efecto do disolvente sobre a fluorescencia. Sondas de polaridade en microcontornos.
• Extinción da fluorescencia. Aplicacións no estudo de formación de complexos e cambios conformacionais en macromoléculas.
• Transferencia de enerxía electrónica. Aplicacións na determinación de distancias en macromoléculas e no estudo de asociacións macromoleculares.
• Fluorescencia no estudo do ADN. Secuenciación e hibridación.
• Sondas fluorescentes. Aplicacións nos estudos de biomedicina, alimentación, medio ambiente e materiais.
Bibliografía básica e complementariaPrinciples of Fluorescence Spectroscopy, Joseph R. Lakowicz, Springer (2006).
Molecular Fluorescence. Principles and Applications, Bernard Valeur, Wiley-VCH (2002).
Modern Fluorescence Spectroscopy, E. L. Wehry, Plenum Press (1981).
Competencias- Entender os aspectos básicos da espectroscopia de fluorescencia e explicar e predicir as características principais dos espectros de fluorescencia.
- Discutir as técnicas máis habituais para medir fluorescencia.
- Coñecer a influencia do disolvente nos espectros de fluorescencia.
- Comprender os mecanismos de extinción da fluorescencia e describir cuantitativamente a extinción colisional da fluorescencia.
- Entender os mecanismos de transferencia de enerxía electrónica e coñecer a relación entre a eficiencia da transferencia de enerxía e a distancia dador aceptor.
- Utilizar os distintos métodos baseados na fluorescencia para obter información estrutural e dinámica sobre contorno e asociación de macromoléculas.
- Comprender os principais métodos de fluorescencia empregados na tecnoloxía do ADN.
- Coñecer os tipos de sondas de fluorescencia máis importantes e as súas aplicacións.
Ademais, os alumnos adquirirán destrezas de laboratorio no uso de técnicas de fluorescencia.
Metodoloxía da ensinanza Impartiranse 9 horas de clases expositivas e 3 horas de tutorías dedicadas á exposición e discusión dos traballos persoais dos alumnos. O curso completarase con 12 horas de prácticas de laboratorio que lle permitirán ao alumno aplicar os coñecementos adquiridos.
Sistema de evaluaciónA avaliación será continua e serán tidos en conta o traballo persoal e as prácticas de laboratorio realizados polo alumno, así como a súa participación nas clases.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais: 9 horas de teoría + 3 horas de tutorías + 12 horas de prácticas de laboratorio.
Traballo persoal: 18 horas de estudo durante o curso + 12 horas de preparación das tutorías + 3 horas de preparación das prácticas de laboratorio.
Tempo total de estudo: 57 horas