Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Química  »  Información da Materia

P1033224 - Métodos Avanzados de Análise de Datos (Optativas Xenéricas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 2.00
  • Total: 2.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 6.00
  • Clase Interactiva Seminario: 8.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 16.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Química Física
  • Áreas: Química Física
  • Centro: Facultade de Química
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Al-Soufi , Wajih.NON
Mosquera Gonzalez, Manuel.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O análise cuantitativo rigoroso de datos experimentais é unha parte imprescindible do traballo científico en Química, po-lo que o obxectivo fundamental desta materia é formar aos alumnos nos conceptos necesarios para a aplicación dos métodos e programas de análise existentes.
    O alumno vai coñecer e practicar as ferramentas para a análise de datos fisicoquímicos, especialmente para o axuste de modelos non lineais a series de datos, determinando os parámetros do modelo e os seus erros estatísticos.
    Ademais, o alumno vai adquirir experiencia no uso de programas informáticos comerciais para a análise de datos.

    Contidos
    1. Axuste non lineal.
    Función de máxima verosimilitude (“maximum likelihood”).
    Método de mínimos cadrados e función 
    Métodos de minimización.
    Criterios de calidade do axuste.
    Software para o axuste no lineal.

    2. Estimación de erros nos parámetros dun axuste.
    Estimación da incertidumbre nos parámetros.
    Intervalos de confianza.

    3. Correlación entre parámetros.
    Identificación da correlación.
    Influencia da correlación na incertidumbre dos parámetros.

    4. Análise Global.
    Análise global.
    Análise global dirixido (Global Target Analysis).

    5. Análise de series de datos multicompoñente.
    Análise de Compoñentes Principais (PCA)

    Bibliografía básica e complementaria
    1. P.R. Bevington, D.K. Robinson y P. Bevington, “Data Reduction and Error Analysis for the Physical Sciences” (3rd Ed.), McGraw-Hill, 2002
    2. Knutson, Jay R.; Beechem, Joseph M., and Brand, Ludwig. Simultaneous Analysis of Multiple Fluorescence Decay Curves: A Global Approach. Chem. Phys. Lett. 1983; 102 (6 ):501-7.
    3. Johnson, Michael L. and Frasier, Susan G. Nonlinear least-squares analysis. Methods Enzymol. 1985; 117 :301-42.
    4. Johnson, M. L. Parameter correlations while curve fitting. Method. Enzymol. 2000; 321 :424-46.
    5. Malinowski, E. R. Factor Analysis in Chemistry. 2nd ed. New York: Wiley; 1991.
    6. Al-Soufi, W.; Novo, M., and Mosquera, M. Principal component global analysis of fluorescence and absorption spectra of 2-(2'-hydroxyphenyl)benzimidazole. Applied Spectroscopy. 2001; 55(5):630-636.
    Metodoloxía da ensinanza
    Clases presenciais que introducen cada tema, clases interactivas e traballos na casa para entregar.
    Sistema de evaluación
    Avaliaranse a participación nos exercicios por ordenador (30%) e os traballos entregados (70%).
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais: Clase Expositiva: 8.00, Clase Interactiva: 8.00

    Traballo persoal: 10 horas de estudo durante o curso + 20 horas de preparación dos Exercicios Ordenador
    Tempo total de estudo: 46 horas

    Observacións
    Se recomenda que os alumnos dispoñan dun ordenador portátil para a realización de exercicios na clase.