P1033225 - Química dos Produtos Naturais (Optativas Xenéricas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.00
- Total: 4.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 4.00
- Total: 32.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Química Orgánica
- Áreas: Química Orgánica
- Centro: Facultade de Química
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaAdquisición de coñecementos básicos sobre a Química dos Produtos Naturais, tanto de orixe terrestre como mariño. Adquisición de coñecementos das técnicas instrumentais máis modernas para o illamento e determinación estrutural das sustancias naturais, así como da súa función e utilidade como fármacos, ferramentas para a investigación biomédica, etc. Comprensión dos métodos modernos de síntese química das sustancias naturais.
ContidosTema 1: Química dos produtos naturais. Clasificación. Metabolismo e bioxénesis: Rutas principais. Metabolitos primarios e secundarios. Produtos naturais terrestres e mariños.
Tema 2: Illamento de fontes naturais. Determinación estrutural.
Tema 3: Síntese de produtos naturais.
Bibliografía básica e complementariaMARCO, J. A., 2006, "Química de los Productos Naturales". Editorial Sintesis, Madrid.
DEWICK, P.M., 2003, "Medicinal Natural Products. A Biosynthetic Approach". 2a ed. John Wiley. Chichester.
LOBO, A. M., LOURENÇO, A. M., "Biossíntese de Productos Naturais", 2007, IST Press, Lisboa.
KAN, R., 1991, "Natural Products. A Laboratory Guide". 2a ed. Academic press, Londres.
HANSON, J. R., 2003, "Natural Products. The Secondary Metabolites". Tutorial Chemistry Texts, RSC,
Cambridge.
BHAT, S. V., NAGASAMPAGI, B. A., SIVAKUMAR, M., 2005, "Chemistry of Natural Products". Springer, Berlin.
CompetenciasAlcanzar un coñecemento e entendemento profundo dos distintos tipos de Produtos Naturais, das principais rutas metabolicas, a súa importancia biolóxica e farmacéutica, e dos principais métodos e técnicas de illamento, determinación estrutural e síntese.
Metodoloxía da ensinanza Horas de docencia teórica: 16 —utilización de encerado, retroproxector, presentacións en power-point, material impreso (gráficos, táboas, figuras, esquemas...) entregado aos alumnos, etc.—
Horas de docencia práctica: 14 —problemas e exercicios, exposición de traballos por parte dos alumnos—
Horas de traballo individual e outras actividades: 45
Tutorias
Sistema de evaluaciónAvaliación contínua por parte dos profesores: participación do alumno/a en a resolución de problemas. Exercicios e exposición de traballos sobre temas de interese relacionados co contido do curso.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais: Teórica 30, Problemas 15.
Horas non presenciais: Estímase que debería dedicar unhas 30 horas ao estudo da teoría, 5 horas á preparación/exposición do tema, unhas 30 aos problemas e 5 horas ao exame.
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase un seguimento continuado da materia do curso, realizar puntualmente os exercicios e problemas propostos, asi como participar na preparación e exposición dun Tema relacionado co contido da Materia entre os propostos polo profesor (ou ben proposto polo propio alumno coa aprobación do profesor). A recuperación efectuarase mediante un exame sobre o contido da Materia.