Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Química  »  Información da Materia

P1033226 - Química Supramolecular (Optativas Xenéricas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.00
  • Total: 4.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 4.00
  • Total: 32.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Química Inorgánica, Química Orgánica
  • Áreas: Química Inorgánica, Química Orgánica
  • Centro: Facultade de Química
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
DURAN CARRIL, MARIA LUZ.NON
GONZALEZ BELLO, CONCEPCION.NON
GRANJA GUILLAN, JUAN RAMON.NON
Sanmartin Matalobos, Jesus.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Preténdese que os alumnos adquiran aqueles coñecementos básicos relacionados coa química supramolecular como ferramenta na construcción de sistemas complexos a partir de unidades perfectamente definidas, así como a sua aplicación en distintas áreas da investigación.
    Contidos
    -Principios básicos.
    -Forzas de enlace débiles: tipos e propiedades.
    -Recoñecemento molecular: receptores moleculares.
    -Autoensamblaxe molecular: Nanotubos, cápsulas moleculares, etc.
    -Aplicacións da química supramolecular: Transporte, catálisis, sensores, máquinas moleculares sistemas autorreplicantes. Nanotecnoloxía.
    -Cristales líquidos. Clasificación, propiedades e aplicacións
    -Química macrocíclica.
    -Compostos con enlaces metal-metal.


    Bibliografía básica e complementaria
    K. Ariga, T. Kunitable “Supramolecular Chemistry: Fundamentals and Applicacions” Springer-Verlag, Berlin, 2006
    F. Vögtle, Supramolecular Chemistry, J. Wiley, Chichester, 1993.
    Comprehensive Supramolecular Chemistry. Pergamon, 1996
    R. Ungaro, E. Dalcanale “Supramolecular Science: Where it is and where it is going” Kluwer, Dordrecht, 1999
    J.-M. Lehn “Supramolecular Chemistry”, VCH, New York, 1995
    V. Balzani, M. Ventura, A. Credi “Molecular Devices and Machines” Wiley-VCH, Weinheim, 2003
    Cristales líquidos
    P. J. Collins, M. Hird, Introduction to Liquid Crystals. Taylor and Francis. London, 1997
    Química macrocíclica
    - MACROCYCLIC CHEMISTRY. Current Trends and Future Perspectives. Edited by Karsten Gloe. Springer, The Netherlands, 2005.
    - MACROCYCLIC CHEMISTRY. Aspects of Organic and Inorganic Supramolecular Chemistry. B. Dietrich, P. Viout, J. –M. Lehn. VCH, Weinheim, 1993.
    - THE CHEMISTRY OF MACROCYCLIC LIGAND COMPLEXES. L. F. Lindoy. Cambridge University Press, Cambridge 1989.
    - TEMPLATE SYNTHESIS OF MACROCYCLIC COMPOUNDS. N. V. Gerbeleu, V. B. Arion, J. Burgess. WILEY-VCH, Weinheim, 1999
    Compostos con enlaces metal-metal:
    - Cotton e Wilkinson, Advanced Inorganic Chemistry
    - Shriver e Atkins, Inorganic Chemistry
    - Housecroft e Sharpe, Química Inorgánica
    - Shriver, Kaesz e Adams, The Chemistry of metal cluster complexes
    - Mingos e Wales, Introduction to cluster chemistry
    - Housecroft, Metal-metal bonded carbonyl dimers and clusters
    - Cotton y Walton, Multiple bonds between metal atoms
    - Fackler, ed., Metal-metal bonds and clusters in Chemistry and Catalysis
    - Clarke e outros, eds., Structure and bonding, vol. 62
    Competencias
    coñecemento dos fundamentos da Química supramolecular. Esta materia ten como obxectivo xeral coñecer e entender as bases dos procesos supramoleculares, que son aqueles que están governados polas forzas de enlace non covalentes, e as súas aplicacións no diseño, síntesis e propiedades das estructuras supramoleculares. Para elo é importante coñecer as bases moleculares, estudiándose o tipo e propiedades das distintas interaccións non covalentes. Tamén se coñecerán as aplicacións máis importantes nesta área e a súa relación coa química biolóxica.
    Esta materia está dividida en dúas partes, a química orgánica supramolecular, na que se estudiarán os distintos tipos de supramoléculas basadas en componentes orgánicos, e a química inorgánica supramolecular, na que se prestará especial atención á química de coordinación macrocíclica e ós compostos con enlaces metal-metal, e por tanto serán todas aquelas supramoléculas nas que o metal desempeña un papel determinante na formación da supramolécula.


    Metodoloxía da ensinanza
    Leccións maxistrais (20%), seminarios (12%), traballo tutelado (68%)
    Os contidos teóricos da materia se desenvolverán cunha serie de clases maxistraies donde se explicarán e desenrolarán os mesmos. Nestas clases se utilizarán tanto a pizarra como transparencias ou powerpoint. Unha parte importante do aprendizaxe baséase na participación dos alumnos mediante a realización de preguntas e a realización dun traballo que terán que presentar oralmente na clase (10 minutos).


    Sistema de evaluación
    utilizarase unha avaliación continua na que se terá en conta a participación do alumno na clase así como as presentacións orais de distintos traballos.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Ademais da asistencia á clase, será necesario que o alumno adique tempo adicional a repasar os conceptos estudiados na clase, á resolución dos exercicios propostos, á consulta da bibliografía, que serán 65 horas/curso.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Tendo en conta que nesta materia os conceptos que se van estudiando o longo do curso están moi interrelacionados, e moi importante realizar un estudio continuo e progresivo da materia. Asimismo, e fundamental a lectura da bibliografía recomendada en cada un dos apartados. Deste modo o alumno podrá coñecer e solventar as dificultades e as dudas que teña o longo do curso.
    O alumno debería asistir as conferencias relacionadas con este tema que habitualmente se organizan nos Departamentos.
    Observacións
    Idioma en que se imparte:
    As clases impartiránse habitualmente en castelán. Nembergantes, algunhas presentacións avanzadas poderían ser impartidas en inglés polo experto correspondente. No caso hipotético dun número de alumnos extranxeiros elevado, as clases serían impartidas en inglés.

    Prerrequisitos para cursar la asignatura:
    Licenciado en Química, Farmacia, Enxeñería Química e/ou Bioquímica.