P1033227 - Técnicas Analíticas en Nanotecnoloxía (Optativas Xenéricas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Química Física
- Áreas: Química Física
- Centro: Facultade de Química
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaAs propiedades e as posibilidades tecnolóxicas dos materiais nanométricos (ou nanomateriais) dependen predominantemente da súa composición, tamaño, estrutura superficial e interaccións entre partículas. Polo tanto, a caracterización dos nanomateriais é de grande importancia para o seu desenvolvemento tecnolóxico e para comprender a relación entre estrutura e propiedades.
O obxectivo principal desta materia é familiarizar aos alumnos coas técnicas analíticas que se utilizan máis frecuentemente para caracterizar materiais nanométricos.
Para isto, darase a coñecer ao alumno as últimas achegas científicas no eido dos nanomateriais e recorrerase ao manexo de fontes bibliográficas internacionais (a maioría delas en inglés).
Ao longo desta materia, o alumno será capaz de identificar as técnicas máis axeitadas para a caracterización dos diferentes tipos de nanomateriais e familiarizarase coa terminoloxía asociada a este eido científico.
Ademais, o alumno valorará moito mellor as enormes posibilidades tecnolóxicas que se abren neste campo emerxente dos nanomateriais.
ContidosTema 1.- Técnicas microscópicas e de superficie: microscopia óptica, microscopias electrónica de varrido (SEM) e de transmisión (TEM), microscopias de efecto túnel (STM) e de forzas atómicas (AFM). Microanálise químico (EDS).
Tema 2.- Caracterización estrutural: difracción de raios X, difracción de neutróns e difracción de electróns; espectroscopia fotoelectrónica de raios X (XPS).
Tema 3.- Técnicas complementarias: Espectroscopias UV-Visible e FTIR. Termogravimetría (TGA) e calorimetría diferencial de varrido (DSC). Dispersión (dinámica e estática) de luz láser (DLS e SLS).
Tema 4.- Transporte eléctrico e magnetometría. Susceptibilidade ac/dc, métodos de relaxación.
Bibliografía básica e complementaria* J.-P. Eberhart: "Structural and chemical analysis of materials : X-ray, electron and neutron diffraction, X-ray, electron and ion spectrometry, electron
microscopy ". Wiley, 1991.
* J. Bermúdez Polonio: "Métodos de difracción de rayos X. Principios y aplicaciones". Editorial Pirámide, 1981.
* C. Hammond: "The basis of Crystallography and Diffraction". IUCr, Oxford Univ. Press, 1997.
* J.-J. Rousseau: "Basic Crystallography". John Wiley & Sons, 1998.
* P.J. Goodhew: "Electron Microscopy and Analysis". 3ª edición. Taylor & Francis, 2001.
* W.J. Lorenz e W. Plieth (Editores): "Electrochemical nanotechnology in-situ local probe techniques at electrochemical interfaces". Wiley-VCH, 1998
* P.N. Prasad: "Nanophotonics". Wiley-Interscience, 2004.
* P. Yang (Editor): "The Chemistry of Nanostructured Materials". World Scientific, 2003.
* G.A. Ozin e A.C. Arsenault: "Nanochemistry: a chemical approach to nanomaterials". RSC Publishing, 2005.
* H.S. Nalwa (Editor): "Handbook of nanostructured materials and nanotechnology" (5 volumes). Academic Press, 2000.
* J.A. Schwarz, C.I. Contescu e K. Putyera (Editores): "Dekker Encyclopedia of nanoscience and nanotechnology" (5 volumes). Marcel Dekker, 2004.
* G. Cao: "Nanostructures & nanomaterials : synthesis, properties & applications". Imperial College Press, 2004.
* P.C. Hiemenz e R. Rajagopalan: "Principles of Colloid and Surface Chemistry", Marcel Dekker, 1986.
* S Elliot: “The Physics and Chemistry of Solids”. Wiley, 1998.
* A R West: "Basic solid state chemistry". Wiley, 2000.
* Sergei N. Magonov, Myung-Hwan Whangbo: “Surface Analysis with STM and AFM. Experimental and Theoretical Aspects of Image Analysis”. VCH, Weinheim, 1996.
* Roland Wiesendanger (Ed.): Scanning probe microscopy : analytical methods. NanoScience and Technology Series. Springer Verlag, 1998.
* John P. Sibila: A guide to materials characterization and chemical analysis. VCH Publishers, 1998.
* Angus I. Kirkland and John L. Hutchison (Eds.): “Nanocharacterisation”. RSC Publishing, Cambridge, 2007.
* Kenneth J. Klabunde (Ed.): “Nanoscale materials in chemistry”. Wiley-Interscience, New York, 2001.
Institute of nanotechnology: http://www.nano.org.uk/index.html
Foresight Institute: http://www.foresight.org/
CompetenciasIdentificación das técnicas máis axeitadas para a caracterización dos diferentes tipos de nanomateriais.
Familiarización coa terminoloxía asociada a este eido científico.
Valoración das enormes posibilidades tecnolóxicas que se abren neste campo emerxente dos nanomateriais.
Metodoloxía da ensinanza Esta materia desenvolverase mediante o uso de leccións maxistrais (60%) e seminarios prácticos (40%). Combinaranse estes dous métodos para facer que o alumno sexa máis participativo. Logo de introducir brevemente os conceptos teóricos de cada técnica, exporanse exemplos concretos obtidos da bibliografía científica actual. Nos seminarios resolveranse problemas numéricos e estudaranse casos prácticos que precisen do uso de algún programa de ordenador e/ou formaranse grupos de traballo para tratar diferentes temas de actualidade.
Sistema de evaluaciónA avaliación será continua, téndose en conta a participación na aula e o traballo feito nos seminarios, tanto individualmente como en grupo. Ao final do curso haberá un exame para comprobar o grao de aproveitamento deste curso por parte dos alumnos.
Tempo de estudo e traballo persoalTeoría: 9h presenciais; 9h traballo persoal; total= 18h
Seminarios: 12h presenciais; 10h traballo persoal; total= 22h
Titorías: 3h presenciais; 5h traballo persoal; total= 8h
Exame: 2h presenciais; 10h traballo persoal; total= 12h
Total= 60h
Recomendacións para o estudo da materiaUtilización da bibliografía dispoñible actualizada dentro da biblioteca da Universidade.
Utilización das revisións científicas sobre un tema especializado que aparecen nas revistas científicas.
ObservaciónsUn coñecemento mínimo do idioma inglés é moi recomendable para manexar as fontes bibliográficas internacionais.