Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Química  »  Información da Materia

P1033228 - Técnicas de Alto Baleiro e Atmosfera Inerte (Optativas Xenéricas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 2.00
  • Total: 2.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 6.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 8.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 16.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Química Inorgánica
  • Áreas: Química Inorgánica
  • Centro: Facultade de Química
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
PEREIRA LORENZO, MARIA TERESA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Preténdese que o alumno coñeza as distintas técnicas que poden ser utilizadas para traballar en atmosfera inerte; así como, o material de que dispón ou pode dispoñer, para traballar con compostos sensibles ao aire.
    Para conseguir estes obxectivos, elaborouse o programa que se presenta a continuación, onde xunto co estudio das técnicas habituais para traballar en atmosfera inerte e as diferentes clases de material usado para a preparación, purificación e mantemento de compostos sensibles ao aire, se inclúen dous temas de secado e manexo de gases e purificación e secado de disolventes.

    Contidos
    Lección 1. - Métodos usados para manexar compostos sensibles ao aire
    Traballo con exclusión de aire
    Uso de atmosferas de gas inerte
    Lección 2. - Purificación e Secado de Disolventes
    Purificación de disolventes
    Axentes de secado
    Diferentes clases de material usado para a súa preparación, purificación e
    mantemento
    Lección 3. - Material tipo Schlenk
    Xeneralidades e tipos
    Uso nalgunhas técnicas preparativas
    Lección 4. - Liñas de alto baleiro
    Función e compoñentes nunha liña de alto baleiro
    Métodos de obtención de alto baleiro: bombas
    Manipulación da liña de alto baleiro
    Lección 5. - Secado e Manexo de gases
    Gases inertes
    Eliminación de auga e osíxeno
    Utilización de nitróxeno
    Lección 6. - Utilización de Caixa Seca
    Tipos de caixas secas
    Preparación
    Manipulación

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica
    D.F. Shriver, The Manipulation of Air-sensitive Compounds, Wiley-Interscience, 1986.
    Bibliografía complementaria
    R.J. Errington, Advanced Practical Inorganic and Metalorganic Chemistry, Chapman and Hall, 1997.
    R.J. Angelici, Técnica e Síntese en Química Inorganica, Reverté, 1979.
    W.A. Hermann ed., Synthethic Methods of Organometallic and Inorganic Chemistry, Thieme, 1996.
    S. Komiya, Synthesis of Organometallic Compounds, a practical guide, Wiley-Interscience, 1997.
    H. Jonassen, A. Weisberger, Technique of Inorganic Chemistry, vol II, Wiley-Interscience, 1968.

    Competencias
    Competencias xerais.
    Coñezer as distintas técnicas que poden ser utilizadas para traballar en atmosfera inerte.
    Coñezer o material de que dispón ou pode dispoñer, para traballar con compostos sensibles ao aire.
    Competenciasa específicas
    Capacidade para planificar a síntese de compostos sensibles o aire
    Capacidade para realizar experiencias de síntese de compostos sensibles o aire, de forma adecuada, reflexar os resultados obtidos así como a súa analíse.

    Metodoloxía da ensinanza
    Dado o carácter práctico deste curso, das 20 horas dedicásense, 13 a clases expositiva e de discusión co alumno de certos aspectos do programa e a planificación do traballo experimental, 6 serán utilizadas polo alumno para a planificación do traballo experimental e o resto dedicásense á execución no laboratorio dun experimento.
    No traballo experimental o alumno realizará: 1) unha planificación detallada de todas as etapas a seguir, con estudio do material e produtos necesarios, 2) discusión co profesor do procedemento e metodoloxía 3) realización do traballo experimental, 4) presentación dunha breve memoria.
    Leccións maxistrais (35%), prácticas (15%), Traballo tutelado (50%)
    Sistema de evaluación
    Avaliárese a participación nas clases y seminarios, así como a realización e exposición de traballos monográficos.
    Avaliárese oalumno de forma continuada. Para iso durante a exposición do programa proporanse cuestións a discutir en clase por parte dos alumnos. Unha vez finalizadas as clases expositivos, realizásese un traballo experimental, consistente no deseño dun experimento onde o alumno fará unha planificación detallada de todas as etapas a realizar: material, que discutirá antes de levala a cabo co profesor e onde iremos avaliando a planificación do traballo e o desenvolvemento do mesmo, así como a memoria realizada

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividade Horas Presenciais Factor Traballo Persoal TOTAL
    ------------------------------------------------------------------------------------------------

    Teoría 13 1,5 20 33

    Problemas 0 0 0 0

    Prácticas 6 0,66 3,5 9,5

    Titorías
    Obrigatorias 0 0 0 0

    Exame 1 1,5 1,5 7,5

    TOTAL 20 - 28 50