P1033229 - Técnicas de Separación non Cromatográficas (Optativas Xenéricas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.00
- Total: 4.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 12.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 4.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 4.00
- Total: 32.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Áreas: Química Analítica
- Centro: Facultade de Química
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaCapacitar ao alumno para a obtención dun coñecemento acerca das técnicas de separación non cromatográficas, tanto dende o punto de vista teórico como práctico, imprescindible para poder desenvolver e aplicar metodoloxías analíticas, o que á súa vez, permitirá ao alumno abordar a resolución de problemas analíticos reais.
Considerásense aspectos que resultan básicos e que para os alumnos con formación química son útiles como recordatorio, mentres que para os restantes, supoñen unha mínima nivelación necesaria para o seguimento do curso en conxunto. Analogamente, algúns contidos son tópicos avanzados e desenvolvésense a un nivel suficientemente elevado como para justificar a presenza do curso nun master de química
ContidosA materia divídese en tres bloques:
I) Técnicas electroforéticas de separación
II) Técnicas que fan uso de sistemas de fluxo continuo
III)Técnicas de fraccionamiento en campo de fluxo
Cada un dos bloques consta dos seguintes temas:
BLOQUE I.- TÉCNICAS ELECTROFORÉTICAS DE SEPARACIÓN.
(Prof. Mª da Carmen Casais Laiño, Elisa Mª Rubí Cano )
Tema 1.- Conceptos básicos. Tema 2.- Parámetros Analíticos. Tema 3.- Capilares e tampones. Tema 4.-Sistemas de Inxección. Técnicas de concentración de mostra on-column. Tema 5.-Sistemas de detección. Tema 6.- Modos de separación mediante electromigración . Tema 7.- Optimización dun método de electroforesis capilar.
Tema 8.- Aplicación Práctica.
BLOQUE II. . TÉCNICAS QUE FAN USO DE SISTEMAS DE FLUXO CONTINUO . (Prof. Mª da Carmen Yebra Biurrun)
Tema 1.- Importancia da automatización das operacións previas do proceso analítico. Tema 2.- Clasificación das técnicas de separación: cromatográficas e non cromatográficas. Semellanzas e diferenzas. Tema 3.- Fundamento das técnicas continuas de separación non cromatográficas (TCSNC). Compoñentes básicos dos sistemas continuos. Vantaxes fronte ás técnicas descontinuas. Tema 4.- Clasificación das TCSNC segundo o tipo de interfase. Descrición das distintas técnicas. Módulos continuos de separación. Tema 5.- Distintos graos de automatización das TCSNC. Tendencia. Tema 6.- Aplicación Práctica.
BLOQUE III.- TÉCNICA DE FRACCIONAMIENTO POR CAMPO DE FLUXO.
(FIELD-FLOW FRACTIONATION). (Prof. María Herminia Bollaín Rodríguez )
Tema 1.- Introdución. Tema 2.-Teoría. Comportamento das partículas baixo un campo de forza.Retención e fraccionamiento das partículas baixo unha forza nun campo de fluxo. Selectividade da retención na técnica FFF. Resolución. Técnica programada. Tema 3.- Instrumentación. Caracteristicas xerais da instrumentación FFF. Tema 4.- Algunhas aplicacións.
Bibliografía básica e complementariaBloque I.- TÉCNICAS ELECTROFORÉTICAS DE SEPARACIÓN.
M.L. Marina, A. Rios, M. Valcarcel (2005). Analysis and detection by capillary electrophoresis. Elsevier. Volume XLV in Comprehensive Analytical Chemistry
C. Cruces Blanco (1998). Electroforesis capilar. Univ. De Almería. Serv. De publicaciones
P. Jandik and G. Bonn (1993) Capillary Electrophoresis of Small Molecules and Ions. VCH , New York
R. Weinberger (1993) Practical Capillary Electrophoresis. Academic press, Inc, San Diego
J. P. Landers (1994) . Handbook of Capillary Electrophoresis. . CRC Press,Boca Raton
J. Vindevogel and P. Sandra (1992). Introducción to Micellar Electrokinetic Chromatography . De Huthig Buch Verlag GmbH, Heidelberg.
M. G. Khaledi, (1998) . High Performance capillary electrophoresis, Theory Techniques and aplications. Wiley, New York
Bloque II.- TÉCNICAS CONTINUAS DE SEPARACIÓN NO CROMATOGRÁFICAS
M. Valcarcel, M.D. Luque de Castro (1991). Non-chromatographic continous separation techniques The Royal society of chemistry, Cambridge.
Z. Fang (1993) Flow injection separation and preconcentration. VCH Weinheim
Z. Fang (1995) Flow injection atomic absorption spectrometry. John Wiley & Sons, Chishester.
A. Sanz-Medel, ed. (1999) Flow analysis with atomic spectrometric detectors. Elsevier, Amsterdam
M. Valcarcel, M.S. Cárdenas (2000) . Automatización y miniaturización en químic analítica. Springer-verlag Ibérica, Barcelona.
M. Valcarcel, M.S. Cárdenas (2000). Automatización y miniaturización en química analítica. Springer-Verlag Ibérica, Barcelona.
M.C. Yebra (2000). Continous automatic determinations of organic compounds by flow injection-atomic absorption spectrometry. Trends in analytical chemistry. Vol. 19 (10) 629-641.
Bloque III.- Field-flow fractionation
Karin D. Caldwell. Field-flow fractionation. Anal Chem. , 60 (17); 959A-971A (1988).
Howard G. Barth; Shao-Tang Sun. Particle Size Analysis . Anal Chem. , 63 (12); 1R-7R (1991).
Pierluigi Reschiglian, Gabriella Blo, Francesco Dondi. Peak Shape Analysis in sedimentation Field-Flow Fractionation American Chemical Society, 63(2); 120-130 (1991).
J. Calvin Giddings. Field-flow fractionation: Analysis of macromolecular, Colloidal, and Particulate Materials . Science, 260; 1456-1465 (1993)
Schimpf , M. ; Caldwell, K.; Giddings, J.C. (Eds). Field flow fractionation Handbook, Wiley Interscience New York (2000).
CompetenciasCompetencias xenéricas:
Capacidade de comunicación oral e escrita
Habilidade para recuperar e analizar información dende diferentes fontes, así como o emprego das novas tecnoloxías da información e comunicación.
Capacidade de aplicar a teoría á práctica.
Competencias específicas:
Capacidade para demostrar comprensión e coñecemento dos feitos, conceptos, principios e teorías esenciais relacionadas coa materia.
Capacidade para coñecer os fundamentos, metodoloxía, aplicacións e importancia de cada unha das técnicas separativas non cromatográficas.
Habilidade para poder comparar as distintas técnicas estudadas entre si, expondo as súas vantaxes e inconvenientes.
Adquirir un criterio analítico para seleccionar a técnica non cromatográfica máis adecuada para a resolución dun problema analítico dado.
Capacidade para aplicar tales coñecementos á comprensión e á solución de problemas cualitativos e cuantitativos que expón a análise química actual.
Habilidades na avaliación e interpretación dos datos químicos.
Habilidades necesarias para executar as operacións habituais e frecuentes no laboratorio e para manexar a instrumentación empregada no traballo analítico.
Metodoloxía da ensinanza O desenvolvemento da materia estrutúrase ao redor de dous eixos, as sesións de clases expositivas e as clases interactivas.
Nas sesións de clases expositivas, ofreceráselle ao alumno unha visión global do tema e incidirase naqueles conceptos fundamentais para a comprensión do mesmo. Impartiranse, tanto con axuda de métodos clásicos (lousa) como dos métodos audiovisuais mais actuais.
As clases interactivas correspóndense coa asistencia a seminarios, traballos realizados polos alúmnos e a súa exposición ou clases prácticas de laboratorio. Nestas clases interactivas preténdese que o alumno aplique os coñecementos teóricos adquiridos, ben mediante a asistencia a unhas prácticas de laboratorio ou na realización e exposición de traballos encargados polo profesor.
Sistema de evaluaciónO curso utilizará un sistema de avaliación continua facilitado polo seu carácter teórico-práctico e contabilizarase cada bloque da seguinte forma:
bloque I - 50 %
bloque II-25 %
bloque III-25 %
O computo, para cada un dos bloques será:
Un 50 % para a avaliación continúa e valorarase:
A asistencia e participación :(20%)
O rendemento das clases interactivas (30%).
Un 50 % para un exame final, e que versará sobre os contidos teorico-prácticos do curso.
A asistencia a todas as actividades formativas será obrigatoria, esixíndose unha asistencia do 80% das actividades preséncialles para que se teña en conta a parte da avaliación continúa. As non asistencias deberán ser debidamente justificadas. No caso de non completar a asistencia obrigatoria o profesor pode suxerir procedementos de avaliación alternativos baseados no desenvolvemento de traballos bibliográficos.
Tempo de estudo e traballo persoalTempo de estudo e traballo persoal do alumno: (4 x 25 h. = 100 h.)
Actividade.....................Horas presenciais....... Factor....... Traballo persoal............. Total
Bloque I.-
Clases expositivas....................6 h.................... 1,5 h...............9 h.........................15 h
Clases interactivas................... 8 h.................... 1,5 h ............12 h.........................20 h
Tutoría ....................................2 h.................... 1.5 h.............3 h. ........................ 5 h.
Bloque II.-
Clases expositivas..................3 h.......................1,5 h .............4.5 h...................... 7.5 h
Clases interactivas ................ 4 h. .....................1.5 h............. 6 h. ....................... 10 h.
Tutoría ................................. 1 h. ....................1.5 h.............1.5 h. ......................2.5 h.
Bloque III.-
Clases expositivas..................3 h...................... 1,5 h..............4.5 h ........................ 7.5 h
Clases interactivas ............... 4 h .....................1.5 h............... 6 h. ...................... 10 h.
Tutoría ..................................1 h......................1.5 h................1.5 h. ......................2.5 h.
Preparación y realización
del examen .........................8 h........................1.5 h...............12 h. ...................... 20 h.
Total................................... 40 h. . ................1.5 h................60 h. .......................100 h
Recomendacións para o estudo da materia - Asistencia ás clases expositivas.
- Participación activa do alumno nas clases de seminario e entrega dos traballos ou exercicios propostos polo Profesor.
- É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio. Débense repasar os conceptos teóricos necesarios. Calquera dúbida que puidese xurdir deberá ser consultada co profesor.
- Consulta da bibliografía recomendada.
- Aproveitamento das horas de tutorías durante o desenvolvemento da materia. Aqueles alumnos que atopen dificultades importantes á hora de traballar as actividades propostas deben de acudir nas horas de tutoría do profesor, co obxectivo de que este poida analizar o problema e axudar a resolver as ditas dificultades.