Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Química  »  Información da Materia

P1033246 - Sensores e Biosensores (Optativas Xenéricas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 2.00
  • Total: 2.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 6.00
  • Clase Interactiva Seminario: 8.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 16.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
  • Áreas: Química Analítica
  • Centro: Facultade de Química
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
PEÑA VAZQUEZ, ELENA MARIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O obxetivo fundamental do curso é proporcionar ós alumnos os coñecementos básicos
    para o diseño e optimización do funcionamento dos sensores químicos, así como mostrarlles os
    numerosos campos de aplicación que os sensores posuen na área da química analítica:
    control da contaminación ambiental, na industria alimentaria e na realización de análises
    clínicos. Ademáis se introduce ós alumnos ó funcionamento dos sensores remotos

    Os obxectivos concretos da asignatura son :
    - que o alumno coñeza os principios de funcionamento dos sensores químicos
    - que adquira unha visión xeral sobre os distintos tipos de elementos de recoñecemento químicos e biolóxicos empregados no desenvolvemento de sensores
    - que coñeza os principais tipos de transducción empregados na actualidade
    - facer unha revisión das principais aplicacións dos sensores con especial énfase nas
    aplicacións medioambientais, industriais, clínicas e na análise de alimentos
    Contidos
    CONTIDOS TEÓRICOS

    Os contidos teóricos incluen os seguintes puntos fundamentais:

    Os sensores químicos no proceso analitico. Xeneralidades e característiscas dos sensores.
    Clasificación dos sensores : sensores electroquímicos, sensores ópticos, sensores
    piezoeléctricos, termistores.
    Sensores ópticos: instrumentación, configuracións, inmobilización da fase reactiva.
    Os electrodos modificados na química analítica.
    Métodos de inmobilización.
    Biosensores, principios de biorecoñecemento. Biosensores electroquímicos. Introducción. Clasificación. Aspectos fundamentais. Biosensores electroquímicos enzimáticos. Biosensores electroquímicos de afinidad.
    Sensores remotos, Fundamento. Clasificación e configuracións . Fontes de radiación.
    Sensores remotos de camiños integrados. Sensores remotos de resolución de recorridos.

    O temario é o seguinte:
    Tema I: Sensores químicos: introducción
    Tema II: Sensores ópticos I (xeneralidades)
    Tema III: Sensores ópticos II (instrumentación)
    Tema IV: Sensores ópticos III (principios funcionamento: absorción, reflectancia, luminiscencia, Raman, onda evanescente, índice de refracción)
    Tema V: Sensores ópticos IV (configuración, compoñentes e inmobilización da fase reactiva)
    Tema VI: Sensores electroquímicos I (sensores potenciométricos)
    Tema VII: Sensores electroquímicos II (sensores amperométricos)
    Tema VIII: Biosensores electroquímicos
    Tema IX: Sensores remotos

    SEMINARIOS E TUTORIAS
    Nos seminarios os alumnos realizarán unha exposición sobre os distintos tipos de sensores que se poden utilizar para unha determinada análise e escollerán o máis axeitado explicando o porqué da elección en función das características analíticas.
    Nas tutorías supervisarase a realización dos traballos, e trataranse exemplos que aclaren a estructura e funcionamento dos sensores
    Bibliografía básica e complementaria
    BÁSICA
    - "Chemical Sensors and Biosensors", F.G. Banica, John Wiley and Sons, 2012
    - "Sensores ópticos", C. Perez Conde, Servicio Publicaciones Universidad de Valencia, 1996
    - "Sensores electroquímicos", S. Alegret, M. del Valle, A. Merkoci. Universidad Autónoma de Barcelona, Servicio de Publicaciones, 2004
    - "Chemical sensors", R.W. Cattrall, Oxford University Press, 1997.
    - "Encyclopedia of Analytical Science", Alan Townshed Ed, Academic Press, 1995

    COMPLEMENTARIA
    - “Principios de Análisis Instrumental” D.A. Skoog, F.J. Holler and T.A. Nieman, 6ª Ed, Cengage Learning, México (2008)
    -"Análisis Químico Quantitativo", Harris, Ed. Reverté S.A., 3ªed., Barcelona, 2007
    -"Química Electroanalítica. Fundamentos y aplicaciones", J. M. Pingarrón Carrazón, P. Sánchez Batanero. Ed. Síntesis , 1999
    -"Optical Biosensors" F. S. Ligler and C.R. Taitt, 2ª ed, Elsevier, Amsterdam, 2008
    - "Optical sensors: Industrial, Environmental and Diagnostic Aplications", R. Narayanaswamy, O.S. Wolfbeis, Springer-Verlag, 2004.
    -"Optical chemical sensors", F. Baldini, Nato Science Series, 2006.
    -"Chemosensors", B. Wang, E.V. Anslyn, Wiley, New Yersey, 2011
    -"Introduction to Bioanalytical Sensors", A. J. Cunningham, Serie Techniques in Analytical Chemistry, Wiley Interscience, 1998
    -"Handbook of modern sensors [Recurso electrónico] : physics, designs, and applications", J. Fraden, Springer, 2004
    -"Remote sensing of atmosphere and ocean from space [Recurso electrónico] : models, instruments and techniques", Frank S. Marzano and Guido Visconti, Kluwer Academic Publishers, 2002



    Competencias
    Nesta asignatura o alumno adquirirá unha serie de competencias xenéricas, desexables
    en calquera titulación universitaria e tamén especificas, propias da química analítica en xeral e
    do traballo con sensores en particular.

    Estas competencias específicas se relacionan coa capacidade para aplicar os coñecementos da asignatura á selección dun determinado tipo de sensor para unha aplicación real, segundo o seu funcionamento e características analíticas.

    Por outra parte, coa realización de traballos, os alumnos adquirirán tamén destreza na realización de buscas bibliográficas, síntese da información obtida e a súa aplicación á resolución dun problema, e tamén na comunicación desta información e realización de presentacións en público e discusións sobre temas relacionados coa materia.
    Metodoloxía da ensinanza
    Clases teóricas coa exposición dos temas do programa por parte do profesor e clases de seminario nas que os alumnos presentarán e se discutirán os traballos realizados

    A materia ten unha carga de traballo de 2 créditos ECTS (corresponde 1 crédito ECTS a 25 horas de traballo total) que se reparten da seguinte forma:

    Actividade Horas presenciais Horas traballo persoal ECTS
    Clases maxistrales____6; 15; 0.84
    Seminarios ___________8; 16; 0.96
    Tutorías grupo________2; 3; 0.2
    Total________________ 16; 34; 2
    Sistema de evaluación
    Tipo de avaliación:
    Asistencia a clase : 5% da nota final
    Traballos realizados : 30 % da nota final
    Exame : 65 % da nota final
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Enténdese que o tempo necesario que debe adicar o estudante para superala asignatura, é como mínimo, a asistencia ás clases presenciais e por cada clase teórica ou seminario, dúas de traballo personal
    Recomendacións para o estudo da materia
    É recomendabel asistir a clase , e preguntar ó profesor ás dúbidas que vaian xurdindo, para poder levala materia ó día. También será de axuda consultala bibliografía recomendada.
    Observacións
    Suponse que os estudantes teñen coñecementos básicos de química analítica. Ademáis, deberían ser capaces de entender textos científicos en inglés e ter coñecementos de informática a nivel usuario