
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión e matrícula provisoria no máster | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Química Avanzada
Rama de coñecemento: Ciencias e Ciencias da Saúde
Centro onde se imparte:
Facultade de Química
Avda. das Ciencias, s/n. Campus sur
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: 53/2008 do 13 de marzo (DOG 28/03/2008)
Data de publicación no BOE: -
Data da última acreditación: 07/10/2011
Responsable do título:
Coordinador do título: ESTEVEZ CABANAS, RAMON JOSE
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
SiListaxe de profesores da titulación
Formar profesionais cunha sólida base en química avanzada e en técnicas instrumentais químicas e biolóxicas, que poidan orientarse cara á investigación ou cara á profesionalización en temáticas relevantes da ciencia e a tecnoloxía química actuais.
COMPETENCIAS XERAIS:
1. Interpersonais: traballar en equipo
2. Comunicación: argumentación coherente, claridade e fluidez nas presentación, adaptación ó público, etc.
3. Desenrolo e autoaprendizaxe: xestión da información, organización do traballo e do tempo.
4. Relación co contorno: cuidar do medio ambiente, plantexando métodos alternativos que reduzan o impacto medioambiental.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
5. Traballar autónomamente nun laboratorio, aplicando as normas de seguridade e de control de calidade.
6. Desenvolver procedementos que requiran o uso da instrumentación habitual nun laboratorio químico.
7. Analizar mecanismos de reacción química e identificar as súas aplicacións sintéticas tanto no campo da química orgánica como no da inorgánica.
8. Diante da problemática medioambiental relacionada coa Química, plantexar métodos alternativos que reduzan o impacto medioambiental.
9. Xestiona-los resíduos
10. Utiliza-las novas tecnoloxías e os novos materiais no desenrolo e aplicación de novos productos.
Tanto a escala estatal como europea, a Química constitúe unha importante fonte de emprego, sendo unha das doce titulacións máis demandadas polos empregadores. A taxa de actividade dos mozos químicos, que non adoitan ser parados de longa duración, é do 85%. As ofertas de emprego concéntranse nos sectores químico, industrial, hospitalario e docente .
O máster en Química Avanzada habilitará aos titulados para acceder nas mellores condicións ao doutoramento en Química. Os doutores en Química teñen excelentes expectativas de inserción profesional en postos de responsabilidade na industria química e farmacéutica , ademais de posibilidades de desenvolvemento dunha carreira académica e/ou investigadora
Este é un título de carácter xeneralista de dobre perfil: académico e profesional, que cumpre o papel ser a etapa formativa para a formación de doutores así como un instrumento académico profesionalizante destinado a dar formación especializada a aqueles estudantes que non desexen realizar unha tese de doutoramento.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 60
Demanda do ano anterior: null
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Titulacións (licenciaturas, enxeñarías, graos) por orde de preferencia:
1º) Química.
2º) Farmacia, Enxeñería Química e Ciencias do Mar.
3º) Bioloxía, Biotecnoloxía, Bioquímica, Ciencias Ambientais, Física, Xeoloxía, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Enxeñaría Industrial, Enxeñaría de Minas, Enxeñaría Agrónoma, Enxeñaría de Montes.
4º) Enxeñaría Técnica Industrial (especialidade de Química Industrial).
Consultar a información actualizada en cada convocatoria anual de matrícula.
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: O Máster en Química Avanzada contempla un módulo obrigatorio denominado "Iniciación á Investigación", que conta coa seguinte estrutura:
-Seminario de máster (2 ECTS)
-Iniciación á investigación científica (3 ECTS)
-Traballo fin de máster (30 ECTS)
O Traballo fin de máster está destinado a desenvolver un traballo de iniciación á investigación.
Plan de Acción Titorial: Cada estudante terá un titor persoal, o cal, mediante o Plan de Acción Tutorial, realizará un seguimento do plan de traballo global do estudante e funcións de orientación académica e de orientación ó mercado de traballo e ao doutoramento.
Para isto, a Comisión Académica deseñará, como apoio dunha Unidade de Orientación Psicopedagóxica e da Unidade de Emprego do Servizo de Orientación Estudiantil, un Plan de Acción Tutorial que conteña as accións de orientación adaptadas ás particularidades dos estudiantes do Máster en cuestión e que sexa desenvolvido polos titores.
A orientación académica centraráse básicamente nos apoios e soportes que favorezan a capacidade de aprender de xeito autónomo dos estudantes, así como a aprendizaxe para tomar decisións académicas ou de itinerario formativo co máximo de información posible, técnicas de estudo, etc.
Prácticas en empresas: Non se contemplan
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1033201 | Cromatografía de Gases | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1033202 | Cromatografía de Líquidos | 4.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1033203 | Espectroscopía Atómica | 4.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1033204 | Quimiometría Avanzada e Cualimetría | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1033205 | Estrutura, Reactividade e Mecanismos de Reacción | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1033206 | Materiais Nanoestruturados | 4.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1033207 | Química Computacional | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1033208 | Química Física de Superficies | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1033209 | Química Física dos Medios Naturais | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1033101 | Seminario de Máster | 2.00 | OB | ANG | 1 | OFERTA.1 | P1033102 | Traballo Fin de Máster | 30.00 | OB | TFGM | 1 | OFERTA.1 | P1033103 | Iniciación á Investigación Científica | 3.00 | OB | ANG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1033212 | Complexos Metálicos | 4.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1033213 | Aplicacions Sintéticas dos Compostos Organometálicos | 4.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1033214 | Deseño de Síntese | 4.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1033215 | Química Biolóxica | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1033216 | Química dos Compostos Organometálicos | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1033217 | Espectrometría de Masas | 2.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1033218 | Métodos Difractométricos | 2.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1033219 | Resonancia do Espín Electrónico e Magnetoquímica | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1033220 | Resonancia Magnética Heteronuclear | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1033221 | Resonancia Magnética Nuclear | 4.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1033222 | Aplicaciones da Fluorescencia | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1033223 | Evaluación Globlal do Máster | 1.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MR | P1033224 | Métodos Avanzados de Análise de Datos | 2.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1033225 | Química dos Produtos Naturais | 4.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P1033226 | Química Supramolecular | 4.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1033227 | Técnicas Analíticas en Nanotecnoloxía | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1033228 | Técnicas de Alto Baleiro e Atmosfera Inerte | 2.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1033229 | Técnicas de Separación non Cromatográficas | 4.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1033230 | Técnicas de Preparación da Mostra | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1033246 | Sensores e Biosensores | 2.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1033231 | Análise Cromatográfica e Electroforética Avanzada | 4.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1033232 | Análise Lectroquímica e Biosensores | 4.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1033233 | Análise Espectroquímica Avanzada | 4.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1033234 | Análise Estrutural e Planificación Sintética | 5.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1033235 | Aseguranza e Garantía de Calidade nos Laboratorios | 2.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1033236 | Bioinorgánica Avanzada | 2.00 | OP | 1 | XT/NM | P1033237 | Determinación Estrutural Avanzada | 4.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1033238 | Estrutura Electrónica Molecular | 2.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1033239 | Métodos de Síntese e Caracterización en Química Inorgánica | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1033240 | Mostraxe e Operacions Previas do Método Analítico | 2.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1033241 | Nanoquímica | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1033242 | Química Coloidal | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1033243 | Química de Coordinación Supramolecular | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1033244 | Química de Fármacos | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P1033245 | Química Teórica | 4.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1033236 | Bioinorgánica Avanzada | 2.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable