
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| null | ||
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Química Orgánica
Rama de coñecemento: Ciencias
Centro onde se imparte:
Facultade de Química
Avda. das Ciencias, s/n. Campus sur
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: null
Data de publicación no BOE: null
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: ESTEVEZ CABANAS, RAMON JOSE
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
SiListaxe de profesores da titulación
a) Completar a formación do estudante en campos propios da Química Orgánica.
b) Preparalo para desenrolar labores de investigación en Química Orgánica, non só no plano académico senón tamén no industrial.
c) Proporcionarlle formación en campos do exercicio profesional relativos non só á investigación senón tamén outras actividades alleas a ela que configuran a actividade a nivel empresarial.
d) Contribuír á súa formación a nivel práctico, proporcionándolle a opción de desenrolar na empresa ou na Universidade labouras específicas relacionadas coa actividade en cada unha delas.
O obxectivo central do Máster, en función das competencias xenéricas e específicas de ambas orientacións é a formación de profesionais e investigadores en Química, con dominio nos campos da síntese, do aillamento, da purificación e das transformacións dos compostos orgánicos, e con preparación especial en: métodos e estratexias de síntese e en deseño de propiedades, técnicas espectroscópicas e espectrométricas de determinación estructural e de análise orgánico, métodos computacionais en Química Orgánica, técnicas de acceso á documentación científica e aplicada, técnicas de exposición e de divulgación da información, de protección da propiedade intelectual, procedementos experimentais de traballo nos laboratorios, protocolos de producción, técnicas experimentais avanzadas e sistemas de normalización da calidade de procesos e de productos.
COMPETENCIAS XERAIS:
Polas características do programa de formación, no que se refire ás metodoloxías de aprendizaxe e ó coñecemento de técnicas de acceso á información e técnicas de divulgación e de exposición da mesma, os alumnos que superen estos estudos terán desenrolado as seguintes competencias xenéricas / capacidades profesionais:
• Toma de decisións e ejercicio de posicións de liderado.
• Capacidade de analizar, avaliar e comparar alternativas relevantes na dirección elexida.
• Capacidade de autoaprender e estudar un tema en profundidade e amplitude.
• Capacidade de ordenar e sintetizar a información.
• Capacidade de asimilar e poñer de relieve os puntos clave dun tema, presentando sintéticamente no papel a diagnose do problema e/ou nas solucións alternativas que se deduzan.
• Desenrolo de tarefas de I+D+i.
• Liderado e coordinación de proxectos.
• Capacidade de creatividade, innovación e transferencia de resultados.
• Coñecemento das tecnoloxías emerxentes e cambios previsibles.
• Capacidade para traballar en equipos multidisciplinares.
• Capacidade de comunicarse de forma efectiva, utilizando as ferramentas de presentación adecuadas, tanto en reunións, presentacións orais ou documentación escrita.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
O Máster en Química Orgánica porporciona a formación adecuada para o acceso ó Doutoramento nas áreas de Química, Ciencia dos Materiais e Ciencias da Vida, entre outras, e constitúe polo tanto a primeira etapa da carreira docente e/ou investigadora para incorporarse a cualquera Universidade ou Institución de investigación tanto no contexto español como no contexto internacional.
Como expertos en cualquera das áreas de especialización do Máster, os alumnos que superen estos estudos estarán preparados para abordar problemas de síntese química, química médica e biorgánica, e para deseñar compostos con novas propiedades. Adquirirán destreza nas técnicas instrumentais de análise orgánico e determinación estrutural, e competencia no uso de programas de deseño, simulación e cálculos moleculares, así como no manexo de bases de datos. Serán capaces de optimizar os procesos de producción e do seu escalado , así como de desenrolar as etapas analíticas e de validación que o proceso xeral precise. Serán, polo tanto, excelentes candidatos para incorporarse á industria farmaceútica, á industria petroquímica ou á industria dos materiais, entre outras. Terán igualmente un perfil adecuado para integrarse en outros tipos de empresas (consultoras, empresas de I+D, etc.).
Tanto a escala nacional como europea, a Química constitúe unha importante fonte de emprego, sendo unha das doce titulacións máis demandadas polos empregadores. A taxa de actividade dos mozos químicos, que non adoitan ser parados de longa duración, é do 85%. As ofertas de emprego concéntranse nos sectores químico, industrial, hospitalario e docente.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 20
Demanda do ano anterior:
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
1.- Son titulacións preferentes:
a) Química ou Farmacia.
b)Enxeñería Química
c) Bioloxía, Biotecnoloxía, Bioquímica, Ciencias Ambientais, Ciencias do Mar, Física, Xeoloxía, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Enxeñeiro Industrial, Enxeñaría de Minas, Enxeñeiro Agrónomo, Enxeñeiro de Montes.
d) Enxeñeiro Técnico Industrial (especialidade de Química Industrial).
Consultar a información actualizada en cada convocatoria anual de matrícula.
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster:
Plan de Acción Titorial:
Prácticas en empresas:
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1035121 | Síntese Orgánica | 9.00 | OB | 1SG | 1 | EX/MX | P1035122 | Mecanismos das Reaccións Orgánicas | 4.50 | OB | 1SG | 1 | EX/MX | P1035123 | Química Orgánica Biolóxica | 9.00 | OB | 1SG | 1 | EX/MX | P1035124 | Química Estrutural | 7.50 | OB | 1SG | 1 | EX/MX |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1035125 | Iniciación á Investigación | 30.00 | OB | 2SG | 1 | EX/MX |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1035126 | Módulo Experimental: Tese de Máster | 30.00 | OB | 1SG | 2 | EX/MX |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1035276 | Catálise Asimétrica | 4.00 | OP | 2SG | 2 | EX/MX | P1035278 | Técnicas Especiais en Síntese Orgánica | 4.00 | OP | 2SG | 2 | EX/MX | P1035280 | Métodos de Separación e Purificación | 4.00 | OP | 2SG | 2 | EX/MX | P1035287 | Métodos Computacionais en Química Orgánica | 4.00 | OP | 2SG | 2 | EX/MX | P1035289 | Técnicas Avanzadas en Determinación Estrutural | 4.00 | OP | 2SG | 2 | EX/MX | P1035290 | Información Científica e Patentes en Química | 4.00 | OP | 2SG | 2 | EX/MX | P1035291 | Seguridade e Prevención de Riscos | 4.00 | OP | 2SG | 2 | EX/MX | P1035292 | Polímeros: Química e Aplicacións | 4.00 | OP | 2SG | 2 | EX/MX | P1035293 | Fotoquímica Orgánica | 4.00 | OP | 2SG | 2 | EX/MX |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1035274 | Deseño de Síntese | 4.00 | OP | 2SG | 2 | OFERTA.1 | P1035275 | Métodos de Síntese Asimétrica | 4.00 | OP | 2SG | 2 | EX/MX | P1035277 | Aplicacións Sintéticas dos Compostos Organometálicos | 4.00 | OP | 2SG | 2 | EX/MX | P1035279 | Protocolos de Producción na Industria | 4.00 | OP | 2SG | 2 | EX/MX |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1035276 | Catálise Asimétrica | 4.00 | OP | 2SG | 2 | EX/MX | P1035278 | Técnicas Especiais en Síntese Orgánica | 4.00 | OP | 2SG | 2 | EX/MX | P1035280 | Métodos de Separación e Purificación | 4.00 | OP | 2SG | 2 | EX/MX | P1035282 | Química Aplicada ao Estudo dos Sistemas Biolóxicos | 4.00 | OP | 2SG | 2 | EX/MX | P1035286 | Química Supramolecular | 4.00 | OP | 2SG | 2 | EX/MX | P1035287 | Métodos Computacionais en Química Orgánica | 4.00 | OP | 2SG | 2 | EX/MX | P1035288 | Deseño de Fármacos | 4.00 | OP | 2SG | 2 | EX/MX | P1035289 | Técnicas Avanzadas en Determinación Estrutural | 4.00 | OP | 2SG | 2 | EX/MX | P1035290 | Información Científica e Patentes en Química | 4.00 | OP | 2SG | 2 | EX/MX | P1035291 | Seguridade e Prevención de Riscos | 4.00 | OP | 2SG | 2 | EX/MX | P1035293 | Fotoquímica Orgánica | 4.00 | OP | 2SG | 2 | EX/MX |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1035281 | Química de Péptidos e Ácidos Nucleicos | 4.00 | OP | 2SG | 2 | EX/MX | P1035283 | Química de Productos Naturais | 4.00 | OP | 2SG | 2 | EX/MX | P1035284 | Química Médica | 4.00 | OP | 2SG | 2 | EX/MX | P1035294 | Glicoquímica | 4.00 | OP | 2SG | 2 | EX/MX |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1035280 | Métodos de Separación e Purificación | 4.00 | OP | 2SG | 2 | EX/MX | P1035282 | Química Aplicada ao Estudo dos Sistemas Biolóxicos | 4.00 | OP | 2 | P1035286 | Química Supramolecular | 4.00 | OP | 2SG | 2 | EX/MX | P1035287 | Métodos Computacionais en Química Orgánica | 4.00 | OP | 2SG | 2 | EX/MX | P1035288 | Deseño de Fármacos | 4.00 | OP | 2 | P1035289 | Técnicas Avanzadas en Determinación Estrutural | 4.00 | OP | 2SG | 2 | EX/MX | P1035290 | Información Científica e Patentes en Química | 4.00 | OP | 2SG | 2 | EX/MX | P1035291 | Seguridade e Prevención de Riscos | 4.00 | OP | 2SG | 2 | EX/MX | P1035293 | Fotoquímica Orgánica | 4.00 | OP | 2SG | 2 | EX/MX |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1035285 | Materiais Moleculares e Nanotecnoloxía | 4.00 | OP | 2SG | 2 | EX/MX | P1035292 | Polímeros: Química e Aplicacións | 4.00 | OP | 2SG | 2 | EX/MX |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1035127 | Traballo Fin de Máster | 8.00 | OB | 2SG | 2 | EX/MX | P1035128 | Actividades de Configuración Específica | 6.00 | OB | 2SG | 2 | EX/MX |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable