
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| null | ||
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Química Teórica e Modelización Computacional
Rama de coñecemento: ciencias
Centro onde se imparte:
Facultade de Química
Avda. das Ciencias, s/n. Campus sur
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
Data de publicación no BOE:
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: VAZQUEZ RODRIGUEZ, SAULO ANGEL
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
SiListaxe de profesores da titulación

Con este máster búscase a especialización de graduados en Física, Química, Ciencias de Materiais ou outros afíns no desenvolvemento e uso das técnicas computacionais que son propias da Química Teórica e da modelización de sistemas químicos.
COMPETENCIAS XERAIS:
Os egresados terán unha base sólida sobre os distintos métodos da Química Teórica e sobre o uso das súas técnicas computacionais. Por outra banda, o feito de que este Máster promova a mobilidade internacional dos estudantes, facilita que estes saian cunha visión máis global que os alumnos que cursan másters a través de organizacións máis locais.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
1.- Formar aos alumnos no manexo das técnicas máis usuais de programación en física e en química e familiarizalo coas ferramentas de cálculo esenciais nestas áreas.
2.- Dotar ao alumno da base matemática necesaria para o correcto tratamento da simetría en átomos, moléculas e sólidos, con énfase nas posibles aplicacións.
3.- Coñecemento dos métodos básicos da Química Cuántica e avaliación crítica da súa aplicabilidade, como tamén adquirir coñecementos avanzados de métodos de química cuántica.
4.- Adquirir coñecementos de Mecánica Estatística e Mecánica Cuántica.
5.- Comprensión e manexo das ferramentas matemáticas requiridas para o desenvolvemento da Química Teórica nos seus aspectos fundamentais e as súas aplicacións.
6.- Coñecemento das teorías e dos métodos de cálculo para o estudo de sólidos e superficies e avaliación crítica da súa aplicabilidade a problemas de catálise, magnetismo, conductividade, etc.
7.- Coñecer as técnicas habituais de traballo no laboratorio, os riscos que poden presentarse, e saber enfrontarse a posibles accidentes de laboratorio.
8.- Optimizar o uso dos recursos de traballo no laboratorio, deseñar experimentos e analizar con rigor as observacións experimentais.
9.- Coñecemento dalgunha das aplicacións da química teórica e a modelización en campos como a nanotecnoloxía, deseño de novos materiais, modelización bioquímica, etc.
10.- Adquirir coñecementos básicos sobre realización de cálculos en clusters de computadores.
11.- Coñecer o modo de traballar en investigación, e desenvolver as habilidades propias da función investigadora.
12.- Adquirir coñecementos sobre métodos e técnicas de simulación.
13.- Adquirir coñecementos básicos sobre dinámica molecular e de reaccións.
Este máster capacita para desenvolver teses doutorais en Química Teórica e Modelización Molecular: campos como química, física, ciencias da vida ou ciencias de materiais; e tamén en aplicacións a moi diversos campos: reactividade química, espectroscopia, catálise, bioinformática, ciencia de materiais, etc., de interese profesional para a industria farmacéutica, petroquímica e de novos materiais.
A Química Teórica e a Modelización Computacional xogan un papel fundamental no desenvolvemento da química moderna, a bioquímica, a química biolóxica, a física e a ciencia de materiais. Este máster pretende preparar expertos neste campo e potenciar a mobilidade internacional de estudantes.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 5
Demanda do ano anterior: null
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Modalidade: máster con límite de prazas e criterios xerais.
Licenciaturas e graos en Ciencias Experimentais e da saúde e en enxeñarías de ensinanzas técnicas.
Información actualizada en cada convocatoria de matrícula
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: Unha parte significativa do traballo deberá desenvolverse nuna universidade extranxeira do consorcio
Plan de Acción Titorial: Cada alumno terá asociado un titor, que será un profesor con contrato estable na universidade na que se matricula o alumno. O titor guiará ao alumno a nivel académico, e ademais, se é necesario, axudaralle á hora de planificar as viaxes asociadas aos cursos intensivos M1 e M2 e ao traballo de tese de máster.
Prácticas en empresas: Non se contemplan
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1181801A | Curso de nivelación en química A | 5.00 | OP | 1SG | 1 | XT/NM | P1181801B | Curso de nivelación en química B | 5.00 | OP | 1SG | 1 | XT/NM | P1181802 | Curso de nivelación en física | 5.00 | OP | 1SG | 1 | XT/NM | P1181803 | Curso de nivelación en matemáticas | 5.00 | OP | 2SG | 1 | XT/NM |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1181101 | Curso de lingua europea | 5.00 | OB | ANG | 1 | OFERTA.1 | P1181102 | Fundamentos matemáticos da química teórica | 5.00 | OB | ANG | 1 | OFERTA.1 | P1181103 | Métodos da química cuántica e a mecánica estatística | 10.00 | OB | ANG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1181104 | Técnicas computacionais e cálculo numérico | 6.00 | OB | ANG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1181105 | Simetría en átomos, moléculas e sólidos e mecánica cuántica | 9.00 | OB | ANG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1181201 | Dinámica | 5.00 | OP | ANG | 1 | EX/MX | P1181202 | Estados excitados | 5.00 | OP | ANG | 1 | OFERTA.1 | P1181203 | Métodos avanzados da química cuántica | 5.00 | OP | ANG | 1 | OFERTA.1 | P1181204 | Sólidos | 5.00 | OP | ANG | 1 | OFERTA.1 | P1181205 | Optativa local 1: estudo teórico de interaccións intermoleculares | 5.00 | OP | ANG | 1 | OFERTA.1 | P1181206 | Optativa local 2: estudo teórico de reaccións químicas | 5.00 | OP | ANG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1181106 | Teoría avanzada da estrutura electrónica e da materia condensada | 9.00 | OB | ANG | 2 | EX/MX | P1181107 | Técnicas computacionais avanzadas | 6.00 | OB | ANG | 2 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1181108 | Dinámica química e molecular e simulación e modelización por ordenador | 9.00 | OB | ANG | 2 | P1181109 | Aplicacións | 6.00 | OB | ANG | 2 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P1181110 | Traballo fin de máster | 30.00 | OB | TFGM | 2 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable