Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Relacións Laborais  »  Información da Materia

G3021324 - Selección, Avaliación e Desenvolvemento de Persoal (Organización do Traballo, Dirección e Xestión de Recursos Humanos) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 30.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 9.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
  • Áreas: Psicoloxía Social
  • Centro: Facultade de Relacións Laborais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
MOSCOSO RUIBAL, SILVIA.NON
SALGADO VELO, JESUS FERNANDO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo A - horario de mañá (A-K)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo B - horario de tarde (L-Z)OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_06OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Ao finalizar a materia o alumno debería comprender a importancia que os procesos de selección, formación e desenvolvemento do persoal e a avaliación do desempeño teñen dentro da xestión integral dos recursos humanos e para a eficacia organizacional.


    Contidos
    SELECCIÓN:

    - Atracción e Recrutamento
    - Modelos de Selección de Persoal: Predición do desempeño individual.
    - Técnicas Psicolóxicas de Avaliación de Persoas: Tests cognitivos, tests de personalidade, tests de xuízo situacional, entrevista conductual estruturada, assessment center, tests de integridade e honestidade, outras medidas.
    - Características psicométricas dos instrumentos de selección de persoal.
    - Decisión de selección
    - Igualdade, discriminación e selección de persoal

    AVALIACIÓN DO DESEMPEÑO
    - Teorías psicolóxicas do desempeño individual
    - Desempeño de Tarefa
    - Desempeño Contextual e condutas prosociais
    - Condutas contraprodutivas
    - Métodos de Avaliación do desempeño individual
    - Aplicacións da avaliación do desempeño individual

    DESENVOLVEMENTO DE RECURSOS HUMANOS: Persoas
    - Necesidades individuais de desenvolvemento
    - Feedback e Assessment Center de desenvolvemento

    AVALIACION DAS INTERVENCIÓNS INDIVIDUAIS
    - O Modelo de utilidade Brogden-Cronbach-Gleser
    - Desenvolvementos recentes do modelo BCG



    Bibliografía básica e complementaria
    Andrés Reina, M.P. (2001). Gestión de la formación en la empresa. Madrid: Pirámide.
    Bonache, J. (2006). La evaluación del rendimiento. En J. Bonache y A. (directores),
    Dirección de personas. Evidencias y perspectivas para el siglo XXI. Madrid: Financial Times- Prentice Hall.

    Bueno Blanco, J.L. y Jiménez Jiménez, A. (2004). Sea un formador excelente. Madrid: FC Editorial.

    Cooper, D., Robertson, I. y Tinline, G. (2003). Reclutamiento y selección. Thomson (Colección negocios).

    Gómez Mejía, L.R. (2008). Gestión de Recursos Humanos. Prentice Hall. Capítulo 5.

    Landy, F. J y Conte, J.M. (2005). Psicología industrial. México : McGraw Hill. Capítulo 4: La evaluación de individuos.

    Larson, W.W. (2002). Realizar entrevistas de trabajo. Madrid: Prentice-Hall. Pearson Educación.


    Osca, A. (2006). Selección, evaluación y desarrollo de los Recursos Humanos. Madrid: Diaz de Santos. Capítulo

    Salgado J. y Moscoso S. (2001). La entrevista conductual estructurada: Teoría, práctica y rentabilidad económica. Madrid: Pirámide.

    Salgado, J., Moscoso, S. y Lado, M. (2005). Reclutamiento y selección. En J. Bonache y A. (directores), Dirección de personas. Evidencias y perspectivas para el siglo XXI. Madrid: Financial Times- Prentice Hall. Capítulo 4.

    Spector, P. (2002). Psicología industrial y organizacional. Investigación y práctica. México: Manual Moderno. Capítulo 5: Métodos de evaluación para selección y ubicación.

    Williams, R.S. (2002). Rendimiento del personal. Thomson (Colección negocios).

    Competencias
    • Competencias específicas da materia
    Ao finalizar o curso, o alumno debería ser capaz de exhibir as competencias/destrezas/habilidades básicas (a un nivel non especializado) requiridas para:
    o Entender a importancia da selección de persoal para as organizacións e o seu funcionamento. Coñecer e distinguir as diferentes estratexias e visións de selección de persoal. Identificar e describir os procesos de toma de decisión de selección.
    o Identificar cales son os elementos constituíntes do desempeño laboral individual e as facetas dos devanditos elementos. Entender por que a avaliación do desempeño é importante para as organizacións.
    o Entender a importancia do desenvolvemento persoal dentro das organizacións e as súas vantaxes. Coñecer e describir o proceso de deseño de desenvolvemento persoal.
    o Saber aplicar algúns dos principais métodos, técnicas, instrumentos estratexias e procedementos de avaliación e de intervención en selección, desenvolvemento e avaliación do desempeño.
    o Desenvolver habilidades de comunicación (oral/escrita, verbal, non verbal, etc).
    o Mostrar unha actitude positiva cara ás achegas que, desde a materia pódense realizar para o logro dos obxectivos organizacionais e persoais.
    o Orientar a súa actuación profesional a partir do respecto e a consideración dos principios e valores propios da materia e do Código Deontolóxico da profesión.

    Metodoloxía da ensinanza
    As clases expositivas e prácticas están orientadas á capacitación dos estudantes respecto da adquisición dos coñecementos relativos aos contidos da materia. Para iso o profesor explicará os diferentes temas apoiado en material audiovisual e ferramentas TIC. As clases prácticas serán de varios tipos: (1) Análise de casos, exercicios, traballos e simulacións para pór en práctica os conceptos aprendidos nas clases expositivas e adquirir as competencias específicas necesarias para superar a materia. (2) Dinámicas de grupo pequeno nas que ademais de desenvolver as competencias específicas relacionadas directamente cos contidos da materia os estudantes practicarán as habilidades de comunicación oral. Ademais de todo isto, ao longo do curso os alumnos poderán participar na realización de experimentos e estudos relacionados coa materia así como terán que realizar varias lecturas obrigatorias. (3) Aplicación e interpretación de diferentes probas de avaliación.
    As titorías supoñen unha relación directa e presencial, para un asesoramento continuo e a profundización nos contidos teóricos, prácticos do traballo do estudante, así como atender dúbidas.
    As actividades de avaliación teñen unha dobre vertente, por unha banda, as actividades de avaliación continua, permitirán ao alumno ter unha retroalimentación constante da súa progresión ao longo do curso, respecto do seu grao de adquisición de competencias tanto relativas a coñecementos, como a técnicas e actitudes; mentres que, os exames parciais e o final, tratarán de avaliar o nivel de coñecementos adquirido polo suxeito respecto dos contidos dos temas incluídos no programa da materia.
    Ademais, o alumno terá á súa disposición, no Campus Virtual da USC, unha e-aula de apoio á docencia presencial da materia de Psicoloxía do Traballo, na que atopará multitude de ferramentas que lle facilitasen diversos tipos alternativos de actividades relacionadas coa docencia, o traballo en grupo ou as titorías personalizadas (grupos de traballo virtual, tutorías on-line, foros de debate, etc.).

    Sistema de evaluación
    A asistencia ás clases interactivas e expositivas é obrigatoria

    Exame: O exame final valerá o 70% da cualificación final do alumno. Nel se avaliarán os coñecementos teóricos e prácticos impartidos na materia.

    Avaliación continua: Valerá o 30% da cualificación final. A avaliación desta parte farase en función do desempeño dos alumnos en cada unha das actividades realizadas ó longo da materia (prácticas, traballos, lecturas).

    INDEPENDENTEMENTE DO ANTERIOR, SEMPRE SERÁ NECESARIO OBTER UNHA PUNTUACIÓN MÍNIMA DE 4.5 PUNTOS (SOBRE DEZ) NO EXAME PARA PODER APROBAR A MATERIA.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Estímase que o alumno necesitará uns cen horas de traballo de estudo e persoal. Repartido entre estudo persoal, realización de traballos individuais ou en grupo, preparación de presentacións e realización de lecturas.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Os alumnos deberán levar a materia ao día, tanto no que se refire ás clases expositivas como prácticas.

    Para poder obter o máximo aproveitamento nesta materia recoméndase que o alumno teña superadas as materias de Psicoloxía do Traballo eComportamento organización , xa que isto permitiralles ter uns coñecementos previos que lle axudarán a comprender e contextualizar os temas impartidos nesta materia