G3021101 - Socioloxía do Traballo (Socioloxía do Traballo e Técnicas de Investigación Social) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 9.00
- Total: 9.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 45.00
- Clase Interactiva Seminario: 27.00
- Horas de Titorías: 4.50
- Total: 76.5
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Socioloxía
- Áreas: Socioloxía
- Centro: Facultade de Relacións Laborais
- Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaA materia Socioloxía do Traballo ten os seguintes obxectivos xerais:
-Analizar o traballo como relación social enmarcando o comportamento laboral nunha perspectiva social e grupal.
-Analizar a importancia do traballo como mecanismo de integración social, de estratificación e asignación de roles e satus aos membros da sociedade.
-Presentar as principais, ou máis influentes, correntes, paradigmas ou estilos de pensamento da Sociología do Traballo.
-Presentar o método e as técnicas de estudo, a abordaxe científica, da Sociología do Traballo, reflexionando sobre os aspectos máis destacados do traballo e a relación laboral.
-Esta materia ten relación directa coa materia Técnicas de investigación social, materia tamén anual e do segundo curso do grao.
Contidos1- Ciencias Sociais, Socioloxía e Socioloxía do Traballo
2- Conceptos e construcións sociais básicos en Socioloxía:agregado social, grupo, personalidade social, rol, status, cultura, clase social...
3- Análise sociolóxica de procesos sociais claves: socialización, control social, desigualdade, mobilidade social, globalización (división social do traballo).
4- A investigación en Sociología do traballo.
5- Perspectivas sociolóxicas en torno ao traballo e á relación laboral.
6- Cambio social: sociedade Tradicional, sociedade Tecnolóxica e Sociedade Posindustrial (economía do coñecemento).
7- A Organización Formal. A Empresa industrial como organización (Estrutura Formal e Informal) e como Institución. roles na Empresa. As transformacións da Empresa.
8- División social do traballo e división sexual do traballo (traballo produtivo e reprodutivo). O traballo da muller.
9- O futuro do traballo. Novos desafíos do traballo e da Socioloxía do Traballo
Bibliografía básica e complementariaCASTILLO, J.J. El futuro del trabajo. Editorial Complutense, 1999
FERNÁNDEZ RODRIGUEZ, Carlos J. y otros. Sociología de la empresa, el trabajo y las organizaciones. Un enfoque crítico. Ed. Grupo 5, Madrid 2012
FINKEL, L. La organización social del trabajo.Ed. Pirámide. Madrid, 1994
GIDDENS, A. Sociología. Ed. Alianza Universidad. Madrid, 2002
HOLM-DETLEV y MARTÍN ARTILES. Manual de la Sociología del Trabajo y de las relaciones laborales.Ed Delta. Madrid, 2007
LUCAS MARIN, A. y GARCÏA RUIZ, P. Sociología de las Organizaciones. Ed. McGraw-Hill. Madrid, 2002
MIGUELEZ, F. y PRIETO, C. Las Relaciones Laborales en España. Ed. Siglo XXI. Madrid, 1991
PERROW, Charles. Sociología de las Organizaciones. Ed. McGraw-Hill. Madrid, 1990
ROCHER, G. introducción a la Sociología General. Ed. Herder. Barcelona
SANTOS ORTEGA, Jose Antonio. Sociología del trabajo. Ed. Tirant lo Blanch. Valencia, 1995
WATSON, T. Trabajo y Sociedad. Ed. Hacer. Barcelona, 1994
WEBER, Max. Economía y sociedad. FCE: México, 1964
CompetenciasO alumnado deberá coñecer e identificar o papel da Sociología en canto ciencia da sociedade. Deberá coñecer a linguaxe sociolóxica, o alcance de cada un dos termos que a Socioloxía utiliza e os procesos sociais básicos, todo iso aplicado a unha relación social específica: a relación laboral.
Así mesmo debe coñecer as achegas das diferentes correntes ou perspectivas sociolóxicas en torno ao traballo, á organización formal e á empresa, as súas explicacións do funcionamiemto da sociedade e as súas consideracións sobre as futuras tendencias sociais con especial referencia aos novos desafíos do traballo e da Socioloxía do Traballo no século XXI.
Preténdese que o alumnado adquira as habilidades necesarias para poder levar a cabo unha análise da realidade social, entendendo o porqué do funcionamento da sociedade, as relacións sociais, especialmente as laborais e os cambios sociais.
Metodoloxía da ensinanza A materia ten carácter anual con nove créditos ECTS polo que terá 45 horas de docencia expositiva e 27 horas de docencia interactiva. O método docente utilizado para o desenvolvemento da materia fundaméntase, basicamente, na explicación teórica do profesor/a na clase expositiva e no desenvolvemento práctico do programa nas clases interactivas a través de exercicios, comentarios dos textos, debates, etc. sobre os temas do programa.
Sistema de evaluaciónA avaliación do alumnado levarase a cabo a través dun exame parcial e outro final.
Ao exame parcial poderán presentarse aqueles estudantes que asistan polo menos ao 75% das clases expositivas e interactivas.
Unha vez superados ambos exames a nota media obtida valerá ata un 70% da nota final.
Aprobar o exame final será requisito para superar a materia.
Asi mesmo terase en conta nesta nota final a asistencia a clase, a realización de traballos individuais o en grupo, a participación en exposicións o debates que se programen durante o curso puntuando ata o 30% da nota final.
Aos efectos previstos na normativa de permanencia da USC todas as actividades sinaladas terán a consideración de actividades académicas avaliables, de maneira que a participación nalgunha delas por parte do alumno/a producirá as consecuencias legalmente establecidas
Tempo de estudo e traballo persoalA distribución dos tempos de estudio recomendable é o seguinte:
Estudio individual o en grupo: 90 horas.
Elaboración de traballos: 25 horas.
Lectura dos textos da materia recomendados: 15 horas.
Preparación clases interactivas: 5 horas.
O tempo necesario para superar a materia estimase en, aproximadamente, 3 horas semanais.
Recomendacións para o estudo da materiaCoa finalidade de superar a materia considerase conveniente e aconsellase o alumnado o seguinte:
- Asistencia regular as clases.
- Análise, reflexión e estudio das lecturas complementarias a docencia.
- Elaboración dos traballos suxeridos perante o curso