Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Relacións Laborais  »  Información da Materia

G3021103 - Historia Social e das Relacións Laborais (Historia Social e das Relacións Laborais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 30.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia Contemporánea e de América
  • Áreas: Historia Contemporánea
  • Centro: Facultade de Relacións Laborais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
SOUTO BLANCO, MARIA JESUS.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo A - horario de mañá (A-L)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo B - horario de tarde (M-Z)OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    As directrices propias do plan de estudos en que se insire a materia Historia Social e das Relacións Laborais asígnanlle o labor do coñecemento básico da evolución da sociedade e dos movementos sociais desde a Revolución industrial ata a actualidade. O carácter formativo da mesma marca a súa relación coas materias do plan tanto da área de sociais (economía e socioloxía) como de humanidades e ciencias sociais (dereito e psicoloxía). A Historia Social e das Relacións Laborais pretende mostrar a xénese e evolución dos principais cambios sociais dotando ao alumnado de capacidade para explicar a relación mutua entre o contexto político, social e económico e cada un dos procesos estudados. As actuais relacións laborais, ámbito profesional dos futuros graduados, non son senón o resultado dun contexto histórico cambiante. Serán os aspectos sociais da evolución histórica os que predominarán nos contidos da materia para lograr un mellor coñecemento da evolución das Relacións Laborais.
    Contidos
    CONTIDOS FORMATIVOS MÍNIMOS DA MATERIA:

    -Fundamentos sociais, políticos e económicos do mundo contemporáneo.
    -Os axentes reguladores das relacións laborais ao longo da historia.
    -O sistema liberal-capitalista e as súas alternativas.
    -Poder político, cultura, sociedade e economía na configuración das relacións laborais.
    -Evolución histórica das formas de traballo, de producción, de conflictividade social e das políticas sociais no ámbito internacional e nacional.

    PROGRAMA DA MATERIA

    TEMA I. INEXISTENCIA DE REGULACIÓN XURÍDICA DO TRABALLO (s. XVI-finais s. XVIII)

    1. CRISE DO ANTIGO RÉXIME: CONTEXTO IDEOLÓXICO, POLÍTICO, SOCIAL, ECONÓMICO E LABORAL
    1.1. FEUDALISMO
    1.2. ABSOLUTISMO E REFORMISMO ILUSTRADO
    1.3.SOCIEDADE ESTAMENTAL
    1.4.ECONOMÍA REGULAMENTADA E MODELO DEMOGRÁFICO ANTIGO
    1.5. RELACIÓNS LABORAIS DE DEPENDENCIA

    TEMA II. LIBERALIZACIÓN DA FORZA DE TRABALLO E INICIO DO REGULAMENTO DAS RELACIÓNS LABORAIS. O “LONGO” SÉCULO XIX (finais do s. XVIII-1918)

    1. IDEOLOXÍA LIBERAL E A SÚA PRAXIS
    1.1. NO PLANO POLÍTICO: RÉXIMES LIBERAIS E LIBERAL-DEMOCRÁTICOS
    1.2. NO PLANO SOCIAL: BURGUESÍA, PROLETARIADO, CLASES SOCIAIS, PAUPERISMO
    1.3. NO PLANO ECONÓMICO: CAPITALISMO
    1.4. NO PLANO LABORAL: ABOLICIÓN DO GREMIALISMO, IMPERSONALIZACIÓN DO TRABALLO, CONTRATO DE TRABALLO, ASOCIACIONISMO OBREIRO, INHIBICIÓN PÚBLICA INICIAL ANTE OS PROBLEMAS SOCIO-LABORAIS E A CUESTIÓN SOCIAL
    2. SOCIALISMO UTÓPICO E CIENTÍFICO
    3. ANARQUISMO

    TEMA III. A ORIXE DOS SISTEMAS DE RELACIÓNS LABORAIS. O PERÍODO DE ENTREGUERRAS (1918-1945)

    1. A RUPTURA CO LIBERALISMO E A DEMOCRACIA: COMUNISMO E FASCISMO
    2. A DEPRESIÓN ECONÓMICA A PARTIR DE 1929
    3. EMERXENCIA DO TRIPARTISMO E RECOÑECEMENTO DO DEREITO DE NEGOCIACIÓN COLECTIVA

    TEMA IV. CONSOLIDACIÓN DOS SISTEMAS DE RELACIÓNS LABORAIS O PERÍODO KEYNESIANO (1945-1980)

    1. A RECONSTRUCCIÓN POLÍTICA EUROPEA: SOCIALDEMOCRACIA, DEMOCRACIA CRISTIÁ, COMUNISMO OCCIDENTAL E LIBERAIS CONSERVADORES
    2. CAPITALISMO E ESTADO DE BENESTAR, ECONOMÍAS DE PLANIFICACIÓN CENTRAL E ECONOMÍAS DO TERCEIRO MUNDO
    3. SOCIEDADE DA OPULENCIA
    4. NOVOS MOVEMENTOS SOCIAIS: A LOITA POLOS DEREITOS CIVÍS EN E.U.A., FEMINISMO, PACIFISMO, ECOLOXISMO
    5. O PARADIGMA DA INTERVENCIÓN ESTATAL NAS RELACIÓNS LABORAIS. CONSTITUCIÓN DE PROCEDEMENTOS ESTABLES DE REGULACIÓN LABORAL

    TEMA V. DIVERSIDADE DE SISTEMAS DE RELACIÓNS LABORAIS. CRISE DO ESTADO DE BENESTAR (1980-actualidade)

    1. NEOLIBERALISMO E MODELO ECONÓMICO NEOCLÁSICO
    2. CRISE DO MODELO SOVIÉTICO
    3. OS PROBLEMAS DA CONSTRUCCIÓN EUROPEA
    4. NACIONALISMO, PANARABISMO E ISLAMISMO NO MUNDO MUSULMÁN
    5. NOVAS TECNOLOXÍAS, ECONOMÍA DO COÑECEMENTO E GLOBALIZACIÓN
    6. DESREGULACIÓN, MOBILIDADE E FLEXIBILIDADE NOS MERCADOS DE TRABALLO




    Bibliografía básica e complementaria
    a) Biliografía básica:
    AIZPURU, Mikel y RIVERA, Antonio, Manual de historia social del trabajo, Siglo XXI, Madrid, 1994.
    ARENAS POSADAS Carlos, Historia Económica del Trabajo : (Siglos XIX y XX), Madrid, Tecnos, 2003.
    AROSTEGUI, Julio, BUCHRUCKER, Cristian y SABORIDO, Jorge, El mundo contemporáneo. Historia y problemas, Crítica, Barcelona, 2002.
    ARTOLA, Miguel y PÉREZ LEDESMA, Manuel, Contemporánea. La historia desde 1776, Alianza, Madrid, 2005.
    GALÁN GARCÍA, Agustín; GÓMEZ URDÁÑEZ, Gracia; MORENO FERNÁNDEZ, José Ramón, Materiales para la Historia de las Relaciones Laborales Madrid, Tecnos 2003.
    GALLEGO ABAROA, Elena, Historia breve del mercado de trabajo: de los orígenes a J.M. Keynes, Ecobook, Madrid, 2009.
    ZAMAGNI, V., Historia Económica de la Europa Contemporánea, Barcelona, Crítica, 2002.


    b) Bibliografía complementaria:
    ADELANTADO, J. (coord), Cambios en el Estado del bienestar, Madrid, Icaria, 2001.
    ALDCROFT, D.H., Historia económica europea, 1914-1980, Barcelona, Crítica, 1989.
    BERG, M., La era de las manufacturas, 1700-1820. Una nueva historia de la revolución industrial británica, Crítica, Barcelona, 1987.
    BORDERIAS, C. et al., Las ,mujeres y el trabajo. Rupturas conceptuales, Icaria, Barcelona, 1994.
    BRIGSS, Asa (dir.), Historia de las civilizaciones. El siglo XIX, Alianza/Labor, Madrid, 1989.
    CORIAT, B., El taller y el cronómetro. Ensayo sobre el taylorismo, el fordismo y la producción en masa, Madrid, Siglo XXI. 1991.
    DORE, Ronald Philip, Fábrica británica, fábrica japonesa : los orígenes de la diversidad nacional de relaciones laborales Madrid, Ministerio de Trabajo y Seguridad Social, 1989.
    DUBY, George, Atlas histórico mundial, Debate, Barcelona, 1992.
    DUNLOP, J. y GALESON, W., El trabajo del siglo XX. Ministerio de Trabajo y SS, Madrid, 1985.
    FUJII, G., e RUESGA, SANTOS M. (coords.), El trabajo en un mundo globalizado, Madrid, Pirámide, 2004.
    GORDON, DAVID M., EDWARDS, R. y REICH, M., Trabajo segmentado, trabajadores divididos : la transformación histórica del trabajo en Estados Unidos, Ministerio de Trabajo y de SS, Madrid, 1986.
    HOBSBAWM, E. J., El mundo del trabajo, Crítica, Barcelona, 1987.
    HOBSBAWN, Eric, En torno a los orígenes de la revolución industrial, Siglo XXI, Madrid, 1979.
    KINDER, H. e HILGEMMANN, W., Atlas histórico mundial, Istmo, Madrid, v.a., 2006 (21 ed.), 2º vol.
    MARTÍN, B., Los problemas de la modernización: movimiento obrero e industrialización en España, Ministerio de Trabajo y SS, Madrid, 1992.
    MARTÍNEZ CARRERAS, J.U., Introducción a la historia contemporánea, Istmo, Madrid, 1983, vol. 1.
    MOULIER-BOUTANG, YANN, De la esclavitud al trabajo asalariado, Akal, Madrid, 2007.
    PÁEZ CAMINO, Feliciano y LLORENTE, Pilar, Los movimientos sociales (hasta 1914), Akal, Madrid, 1984.
    PIORE, M. y SABEL, CH. F., La segunda ruptura industrial, Madrid, Alianza, 1990.
    PRATT, A., Los salvadores del niño o la invención de la delincuencia, Siglo XXI, 1983.
    RECIO, A , Trabajo, personas, mercados. Manual de economía laboral, Icaria-Fuhem, Barcelona 1997.
    RODRIGUEZ LABANDEIRA, M., El trabajo rural en España: 1876-1936, Anthropos, Barcelona, 1991.
    RULE, J., Clase obrera e industrialización. Historia social de la revolución industrial británica, 1750-1850, Barcelona, Crítica, 1990.

    Competencias
    a) COMPETENCIAS DA TITULACIÓN ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA:

    -Capacidade para traballar individualmente e en equipo
    -Localizar, analizar, sistematizar e xestionar diferentes fontes e tipos de información
    -Aplicar o razoamento crítico no estudo e análise dun determinado asunto ou tema
    -Expor e defender, oralmente e/ou por escrito, un asunto ou tema de carácter xeral ou relacionado coa súa especialidade
    -Aprender autonomamente
    -Planificar, organizar e tomar decisións no desenvolvemento de actividades e procesos diversos
    -Adaptarse a novas situacións
    -Traballar e relacionarse cos demais, respectando as normas básicas de convivencia, os dereitos fundamentais e os valores democráticos
    -Localizar, interpretar, sintetizar e representar datos e indicadores socioeconómicos
    -Relacionar os procesos de cambio social, desde unha perspectiva histórica e sociolóxica, coas innovacións en materia de organización do traballo e a evolución dos sistemas de relacións laborais

    b) COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA:

    -Asimilar reflexivamente os contidos presentados.
    -Capacidade para realizar informes orais e escritos sobre aspectos referidos á evolución das relacións e os mercados laborais.
    -Capacidade para analizar e sintetizar os determinantes dos cambios nas relacións laborais e no funcionamento dos mercados de traballo.
    -Capacidade para interrelacionar as compoñentes social, política, cultural e económica na evolución das relacións laborais.
    -Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuais e o pasado.
    -Evaluar criticamente os discursos e obras de investigación histórica relacionados coa historia social e das relacións laborais.
    -Ser proactivos aplicando a análise dos acontecementos pasados para a xestión de novas situaciós e resolución de problemas.

    c) COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:

    -Razoamento crítico
    -Aprendizaxe autónomo
    -Compromiso ético co entorno social
    -Comunicación oral e escrita na lingua nativa
    -Capacidade de análise e síntese
    -Capacidade de xestión da información
    -Motivación pola calidade e o esforzo
    -Traballo en equipo

    Metodoloxía da ensinanza
    A materia estrutúrase en dúas sesións de clases teóricas á semana dunha hora cada unha para todo o grupo (máximo de 80 alumnos), e hora e media de sesións prácticas (aulas interactivas) en grupos reducidos dun máximo de 40 alumnos (a partir da 4ª semana de clase). Cada alumno/-a disporá durante o cuadrimestre de tres horas de titorías de grupos reducidos dun máximo de 20 alumnos, podendo recorrer tamén ás titorías individualizadas (seis horas á semana) durante todo o curso académico.
    Nas sesións teóricas a profesora presentará, coa axuda dos medios adecuados en cada caso, a información básica para cada un dos apartados do programa, a partir dos que proporá actividades prácticas. Trátase de conseguir un coñecemento preliminar do alumnado como base para a súa intervención activa e documentada no desenvolvemento das aulas interactivas.
    As sesións prácticas (aulas interactivas), de asistencia obrigatoria, inclúen a exposición, comentario e avaliación dos traballos previamente realizados por cada subgrupo de alumnos constituído de forma aleatoria por 3/5 persoas. As tarefas preparatorias das clases (baixo a dirección da profesora, á que se entregará, cunha antelación mínima de 24h, a parte escrita do traballo rematado), serán de realización obrigatoria para tódolos membros do subgrupo designado. A participación do resto do alumnado nas discusións tamén será puntuada. Como parte práctica contemplase a posibilidade de realizar actividades guiadas como asistencia a charlas ou conferencias, exposicións, etc.
    Nas titorías de grupos reducidos atenderanse as consultas proactivas do alumnado sobre calquera cuestión relacionada coa materia.

    Sistema de evaluación
    A avaliación farase de forma continua de maneira que facilite información ao alumno/-a sobre o seu proceso de aprendizaxe e a conveniencia ou non de modificar o seu sistema de traballo.
    A cualificación final integrará a parte correspondente ao nivel de coñecementos adquiridos sobre os contidos (teoría) e a práctica. Estruturarase da seguinte forma:

    -Nivel de coñecementos sobre os contidos (teoría): 5 puntos
    -Exercicios e actividades prácticas (aulas interactivas): 3 puntos
    -Traballo de curso: 2 puntos

    PARA SUPERAR A MATERIA O ALUMNO/A DEBERÁ:

    -Obter polo menos dous puntos e medio (sobre cinco) no nivel de coñecementos (exame).

    -Ter realizado as prácticas programadas durante o curso (80% de asistencia mínima ás aulas interactivas) e obter, polo menos, un punto e medio (sobre tres).

    -Ler reflexivamente unha obra relevante para o coñecemento da historia social e das relacións laborais e obter, polo menos, un punto (sobre dous) nas respostas ás preguntas sobre a mesma que se efectuarán no exame. Se algún estudante non acadase a cualificación mínima (1 punto), este “traballo de curso”non puntuará (0 puntos) na cualificación final.
    Para que estas actividades ou calquera outra que se realicen durante o curso, podan ser avaliadas terán que ser realizadas/entregadas na data que para cada unha delas se indique.


    Tempo de estudo e traballo persoal

    Asistencia ás clases teóricas: 30
    Asistencia ás clases prácticas: 18
    Asistencia ás titorías: 3
    Preparación do traballo obrigatorio de curso: 15
    Preparación de traballos para as aulas interactivas: 30
    Estudo e repaso periódico dos contidos: 30
    Preparación de exames: 22
    Realización de exames: 2
    Total volume de traballo: 150 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Estudo e preparación das clases:
    Para poder seguir o desenvolvemento da materia, cada alumno/-a debe dedicar dúas horas semanais ao estudo dos contidos que se vaían vendo nas aulas. Tamén debe interesarse pola actualidade política, social e económica mediante a lectura regular dos xornais.


    Observacións
    Todos os alumnos/-as deben darse de alta na Aula Virtual desde o inicio do curso. Para iso deben estar en posesión dunha conta de correo-e da USC (poden informarse na aula de informática coa persoa responsable da mesma). A aula virtual utilizarase pola profesora como medio para facilitar materiais e información aos alumnos, polo que estes deberán consultala asiduamente.