Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Relacións Laborais  »  Información da Materia

G3021122 - Planificación e Deseño Organizativo (Organización do Traballo, Dirección e Xestión de Recursos Humanos) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 30.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
  • Áreas: Organización de Empresas
  • Centro: Facultade de Relacións Laborais
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
GARCIA GARCIA, LAURA MARIA.SI
RODRIGUEZ MAGDALENA, RAQUEL.NON
VEGA BUJAN, XESUS.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo A - horario de mañá (A-L)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo B - horario de tarde (M-Z)OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo principal da materia é introducir o alumnado no complexo mundo da dirección da empresa, con especial fincapé na función de planificación, por canto é precede e senta as bases do resto das funcións directivas. Neste sentido, detallaremos o proceso de planificación, especificando as fases e contidos deste.
    Posteriormente, sobre a base de que para poder implantar a estratexia é necesario deseñar a estrutura organizativa máis axeitada, abordaremos o concepto e implicacións da función de organización en xeral, e a estrutura organizativa en particular.

    Finalmente, detallaremos as ferramentas e modelos máis utilizados para deseñar a estrutura da organización.
    Contidos
    TEMA 1. INTRODUCIÓN.
    1.1 O proceso de dirección.
    1.2 A planificación no marco das funcións directivas.

    TEMA 2. A DIRECCIÓN ESTRATÉXICA DA EMPRESA.
    2.1 As decisións empresariais.
    2.2 Tipos de decisión: estratexia.
    2.3 Os compoñentes da estratexia.
    2.4 O proceso de dirección estratéxica.

    TEMA 3. O PROCESO DE PLANIFICACIÓN.
    3.1 Os obxectivos da empresa: concepto e tipoloxía.
    3.2 A planificación: concepto e tipos de plans.
    3.3 A función de control.
    3.4 Sistemas de planificación e control.

    TEMA 4. A ESTRATEXIA E A ESTRUTURA ORGANIZATIVA
    4.1 Concepto de estrutura organizativa.
    4.2 Relación entre estratexia e estrutura organizativa.
    4.3 Estrutura Primaria.
    4.4 Estrutura Operativa.

    TEMA 5. A ESTRUTURACIÓN DAS ORGANIZACIÓNS.
    5.1 Partes de da organización.
    5.2 Dimensións de deseño organizativo.
    5.3 Factores determinantes.

    TEMA 6. ESQUEMAS E MODELOS ORGANIZATIVOS.
    6.1 Ferramentas de estruturación.
    6.2 O estudo de postos de traballo.
    6.3 Criterios de departamentalización.
    6.4 Formas organizativas.
    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía Básica:
    IBORRA et al. (2007): Fundamentos de Dirección de Empresas. Thomson Editores, España.
    ROBBINS, S. Y COULTER, M. (2.005) : Administración. Prentice Hall- Pearson, México (8ª y 6ª Ed.)
    ROBBINS, S. Y COULTER, M. (2.005) : La Administración en el mundo de hoy. Prentice Hall- Pearson, México.

    Bibliografía Complementaria:
    Bueno Campos, E.; Organización de Empresas. Estructuras, procesos y modelos, Pirámide, Madrid, 1996
    CHIAVENATTO, I., Introducción a la Teoría General de la Administración, Mc Graw-Hill, México, 1999
    DE LA FUENTE SEBATÉ, J. M. y otros, Diseño organizativo de la empresa, Civitas, Madrid, 2002
    HODGE, B. J.; ANTHONY, W. P.; GALES, L. M., Teoría de la Organización. Un enfoque estratégico, Pearson Educación, Madrid, 2003
    KOONTZ, H.; WEIHRICH, H. (2004) Administración. Una perspectiva global, Mc Graw-Hill, México, (12 ED)
    MINTZBERG, H., La estructuración de las organizaciones, Ariel, Barcelona, 1991
    ZERILLI, A., Fundamentos de organización y dirección general, Deusto, Bilbao, 1985

    Estes textos poderán ser complementados con outros en función do desenrrolo das clases.
    Competencias
    - Preténdese que o alumnado manexe, comprenda e desenvolva a natureza sistémica da empresa, a interconexión de cada unha das súas partes e as implicacións destas interrelacións.
    - Habilidade para entender a necesidade de integrar os subsistemas funcionais e xerárquicos da empresa para o logro dos seus obxectivos.
    - Habilidade conceptual
    - Competencia técnica no desenvolvemento da estrutura da organización.
    - Utilización e dominio da linguaxe.
    - Claridade expositiva.
    - Capacidade analítica e sintética.
    - Capacidade de busca e elaboración de información.
    - Competencia técnica no manexo de bases de datos de documentación.
    - Respectarase e introducirá en todo momento a perspectiva de xénero, co que se prentede tamén que o alumnado desenvolva competencias e habilidades neste sentido. Iso implica un amplo elenco de actuacións, dende as máis simples (redacción e exposición con linguaxe non sexista) ata as máis complexas (deseño de postos de traballo con perspectiva de xénero).
    Metodoloxía da ensinanza
    As implicacións e desenvolvemento de obrigas contidas no Proceso de Bolonia marcarán, en todo ou parte, a metodoloxía de ensino empregado. Non obstante, o desenvolvemento docente atenderá as seguintes directrices xenéricas:
    1. Leccións teóricas. As clases abordarán, basicamente, o marco teórico da materia. Facilitaranse previamente esquemas mínimos de contido para o efecto de que poida ser revisado, co fin de que as devanditas leccións sexan aproveitadas ao máximo.
    2. Clases prácticas. Resolución de casos relacionados con cada tema, así como outras destinadas á elaboración de exercicios con ferramentas de deseño organizativo.
    3. Dinámica de grupos. Técnicas grupales para a toma de decisións relacionadas co desenvolvemento da estrutura da organización e a súa comunicación.
    4. Exposición de traballos. Reservarase algún crédito para a exposición de traballos individuais desenvolvidos polo alumnado.
    5. Aula virtual. Deseñarase unha Aula Virtual como portal de información e comunicación co alumnado.
    Sistema de evaluación
    O sistema de avaliación da materia será axeitado ó tipo de docencia empregado na misma: as clases maxistrais en grupos expositivos e as clases interactivas nas que se farán exposicións, resolución de exercicios e análisis de casos.
    Valoraranse, por unha banda, os coñecementos, e por outra, a capacidade do alumno para desenrolar o conxunto de competencias enumeradas con anterioridade; precisarase, para elo, da asistencia e a participación activa do alumnado o que permitirá avaliar de xeito continuo as actitudes e capacidades demostradas nas clases interactivas.
    Farase un único examen final, na data oficial aprobada pola Xunta de Centro.
    Na calificación final da materia, o resultado do examen suporá un 80%, e a participación (non é suficinte a simple asistencia), avaliación na aula, así como os traballos realizados, un 20%.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A complexidade da materia é mínima, polo que non esixe un traballo ímprobo. De forma aproximada, establécense os seguintes tempos:
    - Estudo. Entre dous e tres horas por clase teórica.
    - Traballo persoal:
    1. Un mínimo de media hora antes de cada clase (para revisar os contidos a desenvolver nestas).
    2. Entre dous e tres horas para o desenvolvemento de casos prácticos.
    3. Entre dous e tres horas para a resolución de exercicios.
    4. Un mínimo dunha hora e máximo de catro para a elaboración de traballos/casos en grupo.
    5. Así mesmo, o alumnado debería dedicar polo menos unha hora semanal a revisar os contidos e informacións da aula virtual.
    Recomendacións para o estudo da materia
    A asistencia a clases facilita en boa medida a comprensión da materia. Así mesmo, os casos e exercicios deben ser realizados conforme avance o desenvolvemento desta, para poder cumprir co seu obxectivo de levar á práctica os contidos teóricos conforme se van introducindo.

    A aula virtual é unha ferramenta de comunicación potente cando é utilizada, polo que se recomenda facer un seguimento rigoroso e continuado.



    Observacións
    Entre as competencias que se pretende desenvolver, concretamente o dominio oral e escrito da lingua, está a utilización do idioma propio, pero inclúe tamén outros idiomas da Unión Europea. En consecuencia, algún dos traballos encargados pode incluír textos ou información nos devanditos idiomas. Animarase o alumnado a que expoña algún traballo de idéntica forma.