Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Relacións Laborais  »  Información da Materia

G3021202 - Técnicas de Investigación Social (Socioloxía do Traballo e Técnicas de Investigación Social) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 9.00
  • Total: 9.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 45.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 4.50
  • Total: 76.5

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Estatística e Investigación Operativa
  • Áreas: Estatística e Investigación Operativa
  • Centro: Facultade de Relacións Laborais
  • Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
COLADAS URIA, LUIS.NON
FERNANDEZ SOTELO, MARIA ANGELES.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo A - horario de mañá (L-Z)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo B - horario de tarde (A-K)OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_06OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Adquirir o manexo, baixo un enfoque práctico, das diversas técnicas que permiten unha correcta e rigorosa formulación, recollida, análise e interpretación dos datos, nunha investigación da realidade social e especialmente nunha investigación social vinculada coas relacións laborais e os recursos humanos.

    O carácter básico da materia fai que o seu contido resulte de interese para outras da titulación, especialmente para as de Dirección e Xestión de Recursos Humanos, Deseño de Procesos de Traballo e Economía Laboral.
    Contidos
    1. Introdución ás técnicas de investigación social: elementos e operacións básicas da investigación social.
    O método científico e a investigación social. Tipos de investigacións sociais. Exemplos de investigacións sociais. Elementos básicos e fases dunha investigación social. Estatística e Investigación social.


    2. Técnicas de obtención de datos.
    A observación. Os cuestionarios. A entrevista. As fontes documentais.


    3. Estatística descritiva.
    Variable estatística. Variables cualitativas e cuantitativas. Variables discretas e continuas.Táboas de frecuencias. Representacións gráficas. Medidas de tendencia central. Medidas de dispersión e forma.

    4. Indicadores sociais e estatísticas sociolaborais.
    Índices simples. Índices complexos. Deflación. Outros indicadores sociais.

    5. Análise descritivo da dependencia.
    Táboas de continxencia. Medidas de asociación. Regresión lineal. Coeficiente de determinación.

    6. Probabilidade e modelos matemáticos para a investigación social.
    Resultados dun experimento aleatorio e a súa probabilidade. Variables asociadas a experimentos aleatorios. Distribucións notables.

    7. A mostraxe como técnica de investigación social.
    Diferentes métodos de mostraxe. Erros na mostraxe. Tamaño da mostra necesaria para estimar unha media ou unha proporción.

    8. Probas de decisión na investigación social.
    Estimación puntual para medias e proporcións. Obtención de intervalos de confianza. Os tests de hipótese. O nivel de significación.






    Prácticas (obrigatorias):

    Introdución ao SPSS. Análise de datos.
    Regresión e dependencia de variables
    Intervalos de confianza. Contraste de hipóteses.

    Bibliografía básica e complementaria
    O texto que mellor se adapta ao programa da materia é:

    -Fernández Sotelo, M. A.; Coladas Uría, L.; Iglesias Patiño, C. L. (2013). Técnicas de Investigación Social. USC.

    Recoméndase a consulta dos seguintes libros:

    Bibliografía básica:

    -Alcalá, A. (1999). Estadística para Relaciones Laborales. Hespérides.

    -Montero Lorenzo, J. M. (2000). Estadística para Relaciones Laborales. Editorial AC.

    -Peña, D.; Romo, J. (2003). Introducción a la Estadística para las Ciencias Sociales. McGrawHill.

    -Sierra Bravo, R. (1995). Técnicas de Investigación Social. Teoría y Ejercicios. Paraninfo.

    -Visauta Vinacua, B. (1989). Técnicas de Investigación Social. P.P.U.


    Bibliografía complementaria:

    -Corbetta, P. (2007). Metodología y técnicas de investigación social. McGrawHill.

    -Duverger, M. (1996). Métodos de las Ciencias Sociales. Ariel.

    -García Ferrando, M.; Ibáñez, J.; Alvira, F. (2000). El Análisis de la Realidad Social. Métodos y Técnicas de Investigación. Alianza.

    -Visauta Vinacua, B. (2002). Análisis Estadístico con SPSS para WINDOWS. Volumen I. Estadística Básica. 2ª Edición. McGrawHill.

    Competencias
    Capacidade para desenvolver proxectos de investigación no ámbito laboral.

    Capacidade para localizar e discriminar as fontes estatísticas que recollen os datos sociolaborais.

    Coñecer os problemas que poden resolverse empregando técnicas estatísticas.

    Capacidade para aplicar técnicas cualitativas e cuantitativas de investigación social ao ámbito laboral.

    Capacidade para interpretar datos e indicadores socioeconómicos.

    Calcular e interpretar coeficientes que midan o grao de dependencia entre dúas variables e construír a regresión para dúas variables.

    Coñecer os conceptos básicos da inferencia estatística.

    Capacidade para analizar datos co apoio de software estatístico.

    Capacidade para extraer conclusions dos datos analizados, así como para formular hipóteses.

    Metodoloxía da ensinanza
    A materia ten carácter anual con nove créditos ECTS polo que terá 45 horas de docencia expositiva e 27 horas de docencia interactiva, nas que se inclúen as prácticas obrigatorias de ordenador.

    As clases teñen unha duración de 90 minutos e desenvólvense na aula asignada facendo uso fundamentalmente do encerado e de presentacións. Fomentarase a participación do alumnado nas clases, sobre todo nos aspectos mais prácticos. Así mesmo discutiranse e resolveranse diversos exercicios enunciados en boletíns que serán entregados ao alumnado para fomentar o seu traballo persoal, utilizándose tamén para avaliar o seu aproveitamento.

    O alumnado contará co apoio do campus virtual da USC, a través da páxina do curso, para dispoñer de acceso ao programa, bibliografía e aos distintos boletíns de exercicios, así como a apuntamentos dalgúns temas e información sobre actividades complementarias voluntarias e a ferramentas de comunicación.

    Sistema de evaluación

    -Haberá un exame final teórico-práctico consistente na interpretación dunha serie de cuestións ou o desenvolvemento de preguntas de teoría e a resolución de problemas. A este exame daráselle un peso do 75% na nota final da materia.
    -A avaliación continua levarase a cabo por medio de controis escritos, traballos entregados, asistencia, participación e aproveitamento de clases, titorías e prácticas. Esta avaliación suporá o 25% da nota final.
    -A realización con aproveitamento das prácticas de ordenador será imprescindible para superar a materia.

    -A cualificación non será inferior a do examen final nin a obtida ponderándoa coa avaliación continua.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Estudio individual ou en grupo: 90 horas
    Resolución de casos prácticos ou outros traballos: 25 horas
    Lecturas recomendadas: 15 horas
    Preparación de presentacións orais, debates e similares: 5 horas


    O tempo de traballo necesario para superar a materia depende moito dos coñecementos previos e da destreza do alumnado. Normalmente, unha hora diaria de estudo e traballo persoal que complemente a asistencia a clases debería resultar suficiente.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Para superar con éxito a materia é necesaria a asistencia ás clases teóricas e prácticas, e a resolución e revisión dos boletíns prácticos entregados na aula ao longo do curso.
    Ademais, no programa aparece unha lista de textos recomendados para a materia cos que é posible completar ou ampliar calquera tema.