Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Relacións Laborais  »  Información da Materia

G3021203 - Informática Aplicada (Materias non adscritas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 6.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 42.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Electrónica e Computación
  • Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos
  • Centro: Facultade de Relacións Laborais
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ARIAS RODRIGUEZ, JUAN ENRIQUE.NON
TOBAR QUINTANAR, ALEJANDRO JOSE.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo A - horario de mañá (L-Z)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo B - horario de tarde (A-K)OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo principal da materia é conseguir por parte do alumnado un dominio suficiente de aplicacións informáticas frecuentemente usadas no ámbito das relacións laborais e dos recursos humanos. En concreto, as aplicacións informáticas oriéntanse á xestión de nóminas e á xestión de proxectos.
    A materia non se atopa adscrita a ningún módulo ou bloque temático. Sen embargo, pola súa propia natureza encadrada no ámbito das TIC (tecnoloxías da información e da comunicación) posúe un carácter transversal a toda a titulación.

    Contidos
    1. A Informática no ámbito das Relacións Laborais e os Recursos Humanos (Teoría).

    2. Xestión e planificación de proxectos (Práctica).
    - Características principais: interface da aplicación.
    - Xestión de proxectos, tarefas e recursos: dependencias entre tarefas e asignación de recursos a tarefas. Calendarios de traballo.
    - Ferramentas de diagramación.
    - Xestión de táboas, filtros, ordenación e vistas na presentación de proxectos.
    - Seguimento do proxecto.
    - Comunicación con outras aplicacións informáticas.

    3. Xestión de nóminas (Práctica)
    - Configuración global da aplicación: interface gráfica. Creación, selección e eliminación de empresas.
    - Creación de táboas de: convenios, contratos e traballadores; seguridade social, retencións IRPF.
    - Incorporación da información: Incidencias, nóminas, pagos, acumulados de retencións.
    - Xestión informática de impresos oficiais: partes, seguros sociais...
    - Xestión e presentación de Informes: estatística de informes, gráficos, textos, atributos.
    - Outras utilidades: calendario, copias de seguridade, perfís de usuario.

    Bibliografía básica e complementaria
    Sp NominaPlus 2007 (Guía Práctica). S. de Prado. Anaya Multimedia. 2007.
    NominaPlus Elite. Sage. Ideas Propias. 2008.
    http://www.sdelsol.com/es/nominasol.php
    http://www.sdelsol2.com/2013/Manuales/Manual_NominaSOL_2013.pdf
    http://www.projectlibre.org
    Gestión de proyectos con Microsoft Project. A. Colmenar. Ra-ma. 2005.
    Gestión de proyectos con Microsoft Project 2007. VV.AA. Ra-ma. 2007
    Project 2003 – Versión Standard. VV.AA. Eni. 2005.
    Project 2003 (Guía Práctica). M. Andrés y E. Yebes. Anaya Multimedia. 2004.

    Competencias
    Xerais:
    - Aprendizaxe autónoma.
    - Traballo individual e en equipo.
    - Localización, análise, síntese e xestión de diferentes tipos e fontes de información,

    Específicas:
    - Capacidade para realizar por medios informáticos a planificación e xestión dun proxecto.
    - Capacidade para realizar por medios informáticos a xestión de nóminas dunha empresa.

    Metodoloxía da ensinanza
    Nas sesións de teoría abordaranse os aspectos esenciais da Informática que se achan presentes na xestión das relacións laborais e dos recursos humanos mediante a docencia expositiva por parte do profesor.

    As sesións prácticas no aula de informática requirirán unha participación máis activa por parte do alumnado. En cada sesión, o profesor presentará algún aspecto das aplicacións informáticas de traballo e, a continuación, o alumno desenvolverá o seu traballo no aula baixo a supervisión do profesor. Así mesmo, empregaranse metodoloxías de aprendizaxe baseada en proxectos nalgunhas sesións interactivas.

    Sistema de evaluación
    O sistema de avaliación terá unha compoñente de avaliación continua e outra compoñente de exame final. O peso de cada avaliación na cualificación do alumno será dun 50%. Para superar a materia débese obter polo menos un 4 en cada modalidade de avaliación e obter unha nota global igual ou superior a 5 coas ponderacións anteriormente citadas

    A cualificación da avaliación continua estará baseada na correcta realización dun proxecto co software de xestión de proxectos utilizado na materia. Este proxecto poderá dividirse en distintos traballos ou prácticas para seren realizados de xeito individual ou en pequeno grupo de alumnos.

    O exame final consistirá en resolver un exercicio relativo ao uso da aplicación informática de xestión de nóminas utilizada na materia.

    Non se conserva ningún tipo de cualificación entre distintos cursos académicos.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo de traballo persoal do alumno debe distribuírse principalmente en: elaboración de esquemas e sínteses de contidos (10 h.); asimilación de contidos conceptuais e procedimentais -como facer- (10 h.); comprensión, análise e realización de exercicios propostos (20 h.); elaboración do proxecto (30 h.) e estudo individual por parte do alumno (30 h.).

    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase a asistencia regular a clase e procurar levar ao día a materia.

    Observacións
    As actividades de ensino-aprendizaxe farán uso do Campus Virtual da USC.