G3021222 - Comportamento Organizacional (Psicoloxía e Técnicas de Investigación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 9.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Áreas: Psicoloxía Social
- Centro: Facultade de Relacións Laborais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO obxectivo xeral desta materia é que os alumnos/as adquiran os coñecementos básicos sobre o comportamento e as experiencias psicolóxicas dos traballadores, en contextos relacionados co traballo, dende unha perspectiva grupal e organizacional. Todo iso co obxectivo dunha intervención na realidade da empresa, pondo especial énfase na adquisición de habilidades e técnicas de intervención nos procesos psicosociais de integración e desenrolo da actividade laboral.
ContidosINTRODUCIÓN AO COMPORTAMENTO ORGANIZACIONAL.
- Explicación do comportamento de individuos, grupos e organizacións.
LIDERADO NAS ORGANIZACIÓNS
- Teorías dos trazos de personalidade
- Teorías da conduta
- Teorías da continxencia e do intercambio
- Liderado carismático e transformacional
- Liderado e xénero
TOMA DE DECISIÓNS INDIVIDUAIS E GRUPAIS
- Toma de decisión do individuo: Heurísticos e rumbos.
- Toma de decisión grupal: Polarización grupal, cambio ao risco, técnicas grupais.
CONFLITO, MANEXO DE CONFLITOS E NEGOCIACIÓN
- Conflito interpersoal e grupal: teorías
- Estratexias psicolóxicas para o manexo de conflitos
- Negociación, mediación e arbitraxe como solucións ao conflito interpersoal e grupal
- Habilidades para a negociación e o negociador
O PODER NAS ORGANIZACIÓNS
- Basees e fontes de poder nas organizacións
- Poder e personalidade
- Tácticas de poder nas organizacións
- Tácticas políticas nas organizacións
- O contrato psicolóxico
COMUNICACIÓN VERBAL E NON VERBAL
- Elementos de comunicación organizacional
- Comunicación verbal
- Comunicación non verbal
- Habilidades para a comunicación interpersoal
- Redes de comunicación e estruturas de grupo.
CLIMA Y CULTURA
- O clima psicolóxico nas organizacións: Características e avaliación
- Cultura Nacional e cultura organizacional
Bibliografía básica e complementaria- Bonache, J. y Cabrera, A. (2005), Dirección de personas. Evidencias y perspectivas para el siglo XXI. Madrid: Financial Times- Prentice Hall.
-Collado, C. (2006). La comunicación en las organizaciones.Méjico: Trillas
-Giraudier, M. (2004). Cómo gestionar el clima laboral: escuchar, dar feedback, comunicar, negociar, motivar.... Barcelona: Obelisco.
- Gibson, Ivancevich, Donnelly y Konopaske (2006). Organizaciones: comportamiento, estructura, procesos. México: McGraw Hill.
-Ivancevich, J. (2007). Comportamiento organizacional. México:McGrawHill.
-Kinicki, A. y Kreitner, R. (2003). Comportamiento Organizacional: conceptos, problemas y prácticas. México: McGraw Hill.
- Landy, F. J y Conte, J.M. (2005). Psicología industrial. México : McGraw Hill.
-Luthans, F. (2008). Comportamiento organizacional. México: McGrawHill.
-Munduate, L. y Medina, F. (2005). Gestión del conflicto, negociación y mediación. Madrid: Pirámide
-Newstrom, J. (2007). Comportamiento humano en el trabajo. México: McGrawHill
-Osca, A. (2004). Psicología de las Organizaciones. Madrid: Sanz y Torres
- Robbins, S.P. (2006). Fundamentos de comportamiento organizacional. México: Prentice Hall.
-Salgado, J. (1997). Comportamiento organizacional. Vigo: Escuela de Negocios CaixaVigo
- Spector, P. (2002). Psicología Industrial y Organizacional. Investigación y práctica. México: Manual Moderno
-Wagner III, J.A y Hollenbeck, J.R. (2004). Comportamiento organizativo. Consiguiendo la ventaja competitiva.
-Yukl, G. (2007). Liderazgo en las organizaciones. Madrid : Pearson Prentice Hall
Competencias- Competencias da titulación ás que contribúe a materia
• Traballar individualmente e en equipo
• Localizar, analizar, sistematizar e xestionar diferentes fontes e tipos de información
• Aplicar o razoamento crítico no estudo e análise dun determinado asunto ou tema
• Expor e defender, oralmente e/ou por escrito, un asunto ou tema de carácter xeral ou relacionado coa súa especialidade
• Aprender autónomamente
• Traballar e relacionarse cos demais, respectando as normas básicas de convivencia, os dereitos fundamentais e os valores democráticos
- Competencias específicas da materia
Ao finalizar o curso, o alumno debería ser capaz de exhibir as competencias/destrezas/habilidades básicas (a un nivel non especializado) requiridas para:
• Identificar e comprender a importancia do factor humano no traballo.
• Coñecer, e saber aplicar a un nivel básico, algunhas das principais técnicas de intervención e tratamento psicolóxico sobre o comportamento, individual, grupal e social, no contexto e ámbito de intervención nas organizacións.
• Coñecer os modelos nos que se basea o funcionamento das organizacións actuais e a xestión do comportamento organizacional.
• Saber aplicar algúns dos principais métodos, técnicas, instrumentos estratexias e procedementos de avaliación e de intervención sobre o comportamento nas organizacións.
• Desenvolver habilidades de comunicación (oral/escrita, verbal, non verbal, etc).
• Mostrar unha actitude positiva cara ás achegas que, desde a materia de Comportamento Organización pódense realizar para o logro dos obxectivos organizacionais e persoais.
• Orientar a súa actuación profesional a partir do respecto e a consideración dos principios e valores propios da materia e do Código Deontolóxico da profesión
Metodoloxía da ensinanza As clases expositivas e prácticas están orientadas á capacitación dos estudantes respecto da adquisición dos coñecementos relativos aos contidos da materia. Para iso o profesor explicará os diferentes temas apoiado en material audiovisual e ferramentas TIC. As clases prácticas serán de varios tipos: (1) Análise de casos, exercicios, traballos e simulacións para pór en práctica os conceptos aprendidos nas clases expositivas e adquirir as competencias específicas (a nivel elemental) necesarias para superar a materia. (2) Dinámicas de grupo pequeno nas que ademais de desenvolver as competencias específicas relacionadas directamente cos contidos da materia os estudantes practicarán as habilidades de comunicación oral. Ademais de todo isto, ao longo do curso os alumnos poderán participar na realización de experimentos e estudos relacionados coa materia así como terán que realizar varias lecturas obrigatorias.
As titorías supoñen unha relación directa e presencial, para un asesoramento continuo e a profundización nos contidos teóricos, prácticos do traballo do estudante, así como atender dúbidas.
As actividades de avaliación teñen unha dobre vertente, por unha banda, as actividades de avaliación continua, permitirán ao alumno ter unha retroalimentación constante da súa progresión ao longo do curso, respecto do seu grao de adquisición de competencias tanto relativas a coñecementos, como a técnicas e actitudes; mentres que, os exames parciais e o final, tratarán de avaliar o nivel de coñecementos adquirido polo suxeito respecto dos contidos dos temas incluídos no programa da materia.
Ademais, o alumno terá á súa disposición, no Campus Virtual da USC, unha e-aula de apoio á docencia presencial da materia de Psicoloxía do Traballo, na que atopará multitude de ferramentas que lle facilitasen diversos tipos alternativos de actividades relacionadas coa docencia, o traballo en grupo ou as titorías personalizadas (grupos de traballo virtual, titorías on-line, foros de debate, etc.).
Sistema de evaluaciónDébese asistir como mínimo ao 80% das clases interactivas e expositivas ara poder superar a asignatura.
A avaliación das competencias específicas da materia que están máis relacionadas coa adquisición de coñecementos teóricos e prácticos realizarase mediante o exame final e/ou os exames parciais que valerá un 70% da cualificación final.
A avaliación das competencias tanto específicas como aquelas relacionadas coa titulación farase de modo continuo, en función do desempeño dos alumnos en cada unha das actividades (prácticas, traballos, lecturas). Esta parte valerá un 30%.
Será necesario aprobar a parte do exame ( 5 sobre 10) para poder superar a materia.
Tempo de estudo e traballo persoalEstímase que o alumno necesitará unhas cen horas de traballo de estudo e persoal. Repartido entre estudo persoal, realización de traballos individuais ou en grupo, preparación de presentacións e realización de lecturas.
Recomendacións para o estudo da materiaOs alumnos deberán levar a materia ao día, tanto no que se refire ás clases expositivas como prácticas.
Para poder obter o máximo aproveitamento nesta materia recoméndase que o alumno teña superada a materia de Psicoloxía do Traballo xa que isto permitiralles ter uns coñecementos previos que lle axudarán a comprender e contextualizar os temas impartidos en Comportamento Organizacional