G3021223 - Dereito Administrativo II: Procedementos e Recursos Administrativos (Elementos Xurídicos para as Relacións Laborais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
- Áreas: Dereito Administrativo
- Centro: Facultade de Relacións Laborais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaPrioritariamente perséguese que o alumno, empregando a terminoloxía e o vocabulario-técnico pertinente, sexa capaz de:
- describir o concepto e fases do procedemento administrativo.
- describir o concepto, elementos, eficacia, execución e invalidez dos actos administrativos.
- describir o réxime xurídico do silencio administrativo.
- describir as principais características dos procedementos de revisión dos actos administrativos na vía administrativa.
Contidos1.- O procedemento administrativo: concepto e fases.
2.- O acto administrativo: concepto, elementos, eficacia, execución e invalidez.
3.- O silencio administrativo: natureza e consecuencias.
4.- A revogación dos actos administrativos: a revisión de oficio e os recursos.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- Sánchez Morón, M., Derecho Administrativo. Parte General, Tecnos, Madrid, última edición.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- García de Enterría, E. e Fernández Rodríguez, T. R., Curso de Derecho Administrativo, Civitas, Madrid, última edición.
- Santamaría Pastor, J. A., Principios de Derecho Administrativo, Iustel, Madrid, última edición.
- Parada Vázquez, R., Derecho Administrativo, Marcial Pons, Madrid, última edición.
- Base de datos de lexislación e xurisprudencia Westlaw-Aranzadi.
- Martín Rebollo, L., Legislación Administrativa, Aranzadi, Madrid, última edición.
CompetenciasPersíguese que o alumno:
- manexe, correcta e productivamente, as ferramentas de busca de información xurídica, tradicionais (repertorios lexislativos e xurisprudenciais, fontes doctrinais, etc..) e modernas (bases de datos e buscadores especializados).
- sexa capaz de seleccionar e sistematizar a información obtida.
- estea en condicions de planificar e conducir o propio aprendizaxe, e a actualización de coñecementos, no seo dunha materia cuxos contidos e fontes cambian a grande velocidade.
Metodoloxía da ensinanza Empregaranse os seguintes métodos docentes:
- A lección maxistral programada con implicación dos alumnos.
- As clases prácticas.
Sistema de evaluaciónA avaliación dos alumnos levarase a cabo a través dos seguintes instrumentos:
-Resolución de casos prácticos, exposicións orais ou outras actividades programadas pola profesora, que terán un valor que non superará o 10% da puntación total.
-A realización dun exame, cuxo valor complementará a puntuación obtida cos demais instrumentos ata o 100% da puntuación total.
A efectos da normativa de permanencia da USC só terá a consideración de actividade avaliable o exame da materia.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais: 60 (nas que se atopan comprendidas as clases teóricas e interactivas).
Horas de traballo do alumno: 90.
Recomendacións para o estudo da materiaTer cursado Dereito Administrativo I.