Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Relacións Laborais  »  Información da Materia

G3021226 - Organización do Traballo (Organización do Traballo, Dirección e Xestión de Recursos Humanos) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 30.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
  • Áreas: Organización de Empresas
  • Centro: Facultade de Relacións Laborais
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Álvarez Fernández, Carlos Javier.NON
BASTIDA DOMINGUEZ, MARIA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo A - horario de mañá (L-Z)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo B - horario de tarde (A-K)OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O que se pretende é que o alumno sexa capaz de ter unha visión clara da evolución dos modos de organizar os lugares de traballo, así como a relación existente entre as estratexias, as tecnoloxías, as fórmulas organizativas nos lugares de traballo e os intentos de mellora da productividade. Que sexa capaz de diferenciar as características mais relevantes de cada modelo de organización do traballo, de calcular diferentes tipos de productividade e de comprender a evolución empresarial e organizativa dos últimos tempos, cara a unha mayor flexibilización dos seus modos de funcionamento, en particular no que se refire ás actuacións sobre ó tempo de traballo, aspecto moi relevante a estes efectos.
    Todo elo debería permitir ó alumnado facer propostas e aplicar diferentes técnicas na súa futura labor profesional como técnico/a ou responsable de unidades de recursos humanos.

    Contidos
    Tema 1.- Empresa e actividade productiva. O sistema de producción o de operacións
    1.1.- Producción e proceso de producción
    1.2.- A estratexia de producción
    1.3.- As alternativas estratéxicas en producción

    Tema 2.- A productividade
    2.1.- Concepto de productividade
    2.2.- Os factores que influen na productividade
    2.3.- Formulación e medición da productividade
    2.4.- Algunhas consideracións sobre a productividade

    Tema 3.- Os modelos de organización do traballo e a producción
    3.1.- A organización do traballo
    3.2.- O modelo artesanal
    3.3.- O modelo taylorista
    3.4.- O modelo fordista e a producción en masa
    3.5.- Calidade de vida no traballo: rediseño de postos e enfoque sociotécnico
    3.6.- O modelo toyota ou de producción lixeira

    Tema 4.- Flexibilidade laboral
    4.1.- A flexibilidade organizativa
    4.2.- As estratexias ou tipos de flexibilidade
    4.3.- A flexibilidade laboral
    4.4.- A empresa flexible

    Tema 5.- Flexibilidade e tempo de traballo
    5.1.- Flexibilidade numérica externa
    5.2.- Flexibilidade numérica interna
    5.2.1.- Organización do tempo de traballo
    5.2.2.- Duración da xornada de traballo
    Bibliografía básica e complementaria
    Albizu, E. (1997): Flexibilidad laboral y gestión de los recursos humanos, Ariel, Barcelona
    Aldag, R. J.(1993): Diseño de tareas y motivación de personal, Trillas, México
    Aguirre de Mena, J. M. et al.(2002): Organización y métodos de trabajo, Pirámide, Madrid
    Alonso García, A. (1998): Conceptos de organización industrial, Marcombo, Barcelona
    Álvarez Fernández, C. J. (2010): Organización del trabajo. Modelos, Bubok Publishing, Madrid
    Asociación Española de Dirección de Personal (1995): Flexibilidad en el trabajo. Estrategias y prácticas en Europa, Gestión 2000, Barcelona
    Boyer, R.; Freyssenet, M. (2003): Los modelos productivos, Fundamentos; Madrid
    Castillo, J. J. (compil.) (1991): Las nuevas formas de organización del trabajo, Ministerio de Trabajo y Seguridad Social, Madrid
    Coriat, B. (1993): El taller y el cronómetro. Ensayo sobre el taylorismo, el fordismo y la producción en masa, Siglo XXI, Madrid
    Coriat, B. (1993): Pensar al revés, Siglo XXI, Madrid
    Dominguez Machuca, J. A.(Coordinador) (1995): Dirección de operaciones. Aspectos estratégicos en la producción y los servicios, Mc Graw-Hill, Madrid
    Duval, G. (2004): L’entreprise efficace a l’heure de Swatch et de Mc Donald’s. La seconde vie du taylorisme, La Decouverte, París
    Fernández Sánchez, E. (1993): Dirección de la producción. Fundamentos estratégicos, Civitas, Madrid
    Finkel, L. (1994): La organización social del trabajo, Pirámide, Madrid
    Gómez Sánchez, A. (Coordinador) 1994): Cambio Tecnológico y organización del trabajo en la industria del automóvil, Comisiones Obreras, Madrid
    Martín Artiles, A. (1995): Flexibilidad y relaciones laborales, CES, Madrid
    Kanawaty, G. (1996): Introducción al estudio del trabajo, OIT, Ginebra
    Ohno, T. (1991): El sistema de producción Toyota, Gestión 2000, Barcelona
    Prokopenko, J. (1989): La gestión de la productividad, O.I.T., Ginebra
    Rodriguez Fernández, M. (2007): Procesos de trabajo. Teoría y casos prácticos, Pearson, Madrid
    Sarries Sanz, L. (1994): Nuevos modelos de organización industrial, Dykinson, Madrid
    Womack, J. P.; Jones, D. T.; Roos, D. (1992): La máquina que cambió el mundo, Mc Graw-Hill, Madrid


    Competencias
    Contribución a competencias xerais da titulación:
    Localizar, analizar, sintetizar e xestionar diferentes tipos e fontes de información
    Traballar individualmente e en equipo
    Expoñer e defender axeitadamente un asunto ou tema de caracter xeral ou relacionado coa súa especialidade
    Traballar e relacionarse con outros respetando as normas básicas de convivencia, os dereitos fundamentais e los valores democráticos.
    Planificar, organizar e tomar decisións no desarrollo de actividades e procesos diversos

    Contribución a competencias específicas da titulación:
    Diferenciar, describir e aplicar técnicas, así como tomar decisións no ámbito organizativo e da xestión de recursos humanos
    Recoñecer e relacionar os procesos de cambio social, dende unha perspectiva histórica, económica e sociolóxica, coas innovacións en materia de organizazción do traballo e a evolución dos sistemas de relacións laborais.

    Competencias específicas da materia:
    Capacidade para valorar o rendimento ou productividade dos procesos productivos e de traballo
    Coñecemento de diferentes formas e sistemas de organización do traballo
    Capacidade para realizar diagnósticos e propostas de mellora organizativa
    Coñecemento e capacidade para elexir e aplicar diferentes sistemas e fórmulas de distribución do tempo de traballo e facer propostas nese senso.
    Metodoloxía da ensinanza
    A ensinanza da materia divídese en dous grandes apartados: as clases maxistrais en grupos expositivos e as clases interactivas nas que se farán exposicións, resolución de exercicios e análisis de casos.
    Os alumnos contarán, como apoio complementario á docencia, cun curso virtual, ó que poderán acceder todo-los matriculados oficialmente na materia, debendo estar rexistrados ou de alta no campus virtual da USC para poder facer uso do mismo.

    Sistema de evaluación
    A calificación final do alumnado será o resultado de dúas valoracións diferentes:
    A) Os coñecementos, mediante o examen final da materia.
    B) A capacidade do alumno para desenrolar o conxunto de competencias enumeradas con anterioridade, o que se deducirá das súas intervencións nas clases interactivas. Precisarase, para elo, da asistencia e a participación activa, o que permitirá avaliar de xeito continuo as súas actitudes e capacidades. Teranse tamén en conta os traballos realizados.
    Farase un único examen final, na data oficial aprobada pola Xunta de Centro.
    Na calificación final da materia, o resultado do examen suporá, como máximo, un 70% (nota máxima: 7) e a participación, avaliación na aula, así como os traballos realizados, como máximo un 30% (nota máxima: 3). Para superar a materia, a suma das dúas calificacións deberá ser igual ou maior que 5, debendo a nota do exame ser igual ou superior a 2,8 e a calificación das clases interactivas igual ou superior a 1,2. Si non se cumplise algun destes requisitos, a calificación final será tamén o resultado de sumar as dúas notas,pero, si aquela fose igual ou superior a 5, a calificación final será 4,5.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Cursar con anterioridade as materias "Empresa e organizacións" e "Planificación e diseño organizativo" de primeiro curso, ainda que non sexa obligatorio superalas previamente.
    A existencia dun curso de apoio virtual á docencia presencial será unha ferramenta moi util para o alumno, que deberá preocuparse por manterse ó día respecto dos contidos que no mismo se introduzan, a medida que avance a asignatura. A axeitada utilización dos contidos do curso virtual pode facilitar en boa medida a superación da materia.
    En cualquera caso, a asistencia a clase é un factor decisivo para afrontar con éxito o estudo e superación da asignatura. O curso virtual non sustitue, sinon que complementa, á docencia presencial.
    Observacións
    Os alumnos terán a sua disposición, na fotocopiadora do centro, a medida que os temas vaian sendo impartidos na aula, os esquemas, os exercicios e as lecturas que complementan a cada un dos incluídos no programa.