Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Relacións Laborais  »  Información da Materia

G3021321 - Dereito da Seguridade Social I (Marco Normativo das Relacións Laborais e da Seguridade Social) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 30.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Mercantil e do Traballo
  • Áreas: Dereito do Traballo e da Seguridade Social
  • Centro: Facultade de Relacións Laborais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CALO AMIGO, CANDIDO.NON
FERREIRO REGUEIRO, MARIA CONSUELO.SI
GERPE CASTRO, JUAN BAUTISTA.NON
VILLALBA SANCHEZ, ALICIA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo A - horario de mañá (A-K)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo B - horario de tarde (L-Z)OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Coñecer os antecedentes da Seguridade Social, especialmente o máis significativo: os seguros sociais.
    - Coñecer as fontes do Dereito da Seguridade Social, desde unha perspectiva transversal que comprende o Dereito español e ao comunitario.
    - Distinguir os distintos niveis de protección social e a súa estrutura.
    - Entender o campo subxectivo de aplicación e a forma de practicar os actos de aseguramento, así como a obriga de cotizar.
    - Distinguir entre riscos comúns e profesionais e a protección do sistema en ambos os dous.

    Contidos
    Os contidos coinciden exactamente co Programa da materia que se detalla a continuación:


    SEGURIDADE SOCIAL I. PARTE XERAL

    Lección 1ª. FORMACIÓN HISTÓRICA e CONCEPTO.
    I. Os riscos sociais. A perda de rendas do traballo.- II. Técnicas de protección: 1) a beneficencia; 2) o aforro; 3) o seguro privado e a mutualidade; 4) a responsabilidade por accidentes de traballo. Os seguros sociais.- III. Tránsito á seguridade social.- IV. Antecedentes e formación do sistema español de Seguridade Social.- V. Concepto e carácteres do Sistema de Seguridade Social

    Lección 2ª FONTES.
    I. Fontes. A Seguridade Social na Constitución. II. Distribución de competencias entre o Estado e as Comunidades Autónomas. III. Dereito Internacional. IV. O Dereito Social Comunitario.

    Lección 3ª. ÁMBITO SUBXECTIVO.
    I. Suxeitos protexidos: 1) nivel contributivo; 2) nivel asistencial. - II. Ámbito de aplicación do Réxime Xeral. – III. Ámbito de aplicación dos Réximes Especiais. – IV. Estranxeiros e traballadores da Unión Europea. – V. Españois non residentes en territorio nacional.

    Lección 4ª. XESTIÓN.
    I. Entidades xestoras: Instituto Nacional da Seguridade Social. Instituto Nacional de Xestión Sanitaria e Servizos de Saúde das Comunidades Autónomas. Instituto de Maiores e Servizos Sociais; transferencias. Instituto Social da Marina. II. Organismos Autónomos: Servizo Público de Emprego Estatal. - III. Servizos comúns: A Tesouraría Xeral da Seguridade Social.- IV. Outros organismos con funcións de xestión.- V. Entidades colaboradoras: 1) Mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais; 2) Empresas.

    Lección 5º ASEGURAMENTO.
    I. Os actos de aseguramento.- II. Inscrición de empresas.- III. Afiliación.- IV. Altas: 1) situacións asimiladas á de alta; Subscrición de Convenio coa Seguridade Social.- 2) alta de pleno dereito.- V. Baixa.

    Lección 6ª. RÉXIME ECONÓMICO-FINANCIERO.
    I. Fins e medios da Seguridade Social.- II. Recursos do sistema español de Seguridade Social.

    Lección 7ª COTIZACIÓN.
    I. Cotización: 1) Suxeitos cotizantes. Responsabilidade solidaria e subsidiaria no pagamento das cotas; 2) Bases e tipos de cotización, primas por accidentes de traballo; nacemento duración e extinción da obriga de cotizar. A cota: continxencias comúns; continxencias profesionais; horas extraordinarias; conceptos de recadación conxunta; 3) Supostos especiais da obriga de cotizar. 4) Bonificacións e reducións.

    Lección 8ª. RECADACIÓN.
    I. Normas de carácter xeral.- Pagamento e outras formas de extinción das obrigas.- II. Procedemento de recadación en período voluntario.- III. Procedemento de recadación en vía executiva.- IV. Procedementos de impugnación e de revisión dos actos de xestión recaudatoria.

    Lección 9ª. RISCOS SOCIAIS
    I. Riscos comúns e profesionais.- II. O accidente de traballo: 1) concepto legal; 2) o nexo traballo-lesión e as súas ampliacións. III. A enfermidade profesional: 1) concepto. 2) lista de enfermidades profesionais. IV. Especialidades da acción protectora en materia de riscos profesionais.

    Lección 10ª. I. Procedementos administrativos. II. Particularidades procesais en materia de Seguridade Social.-


    Bibliografía básica e complementaria
    Para o estudo da materia é IMPRESCINDIBLE o manexo dun código de normas de Seguridade Social actualizado.

    Recoméndase, así mesmo, o manexo ou consulta da última edición dalgún dos manuais relacionados a continuación:

    -María José Rodríguez Ramos, Gorelli , Vílchez, Sistema de Seguridad Social (Tecnos)
    - BLASCO LAHOZ, Curso de Seguridad Social, Tirant lo Blanch (Valencia)
    - BLASCO LAHOZ et al., Curso de Seguridad Social, Tirant lo Blanch (Valencia).
    - BLASCO LAHOZ et al., Curso de Seguridad Social II: Prestaciones, Tirant lo Blanch (Valencia).
    - BLASCO LAHOZ et. al., Regímenes especiales de la Seguridad Social, Tirant lo Blanch (Valencia).
    - COLINA ROBLEDO et al., Derecho Social Comunitario, 2ª ed., Tirant lo Blanch (Valencia, 1995).
    - DE LA VILLA GIL et al., Derecho de la Seguridad Social, 4ª ed., Tirant lo Blanch (Valencia, 2005).
    - MARTÍNEZ GIRÓN, ARUFE VARELA y CARRIL VÁZQUEZ, Derecho de la Seguridad Social, Netbiblo (La Coruña).
    - MONTOYA MELGAR, Derecho del Trabajo, Tecnos (Madrid).


    Competencias
    Os alumnos e alumnas estudarán a parte xeral da materia de Seguridade Social, cos obxectivos arriba indicados e como base para o ulterior estudo das prestacións do sistema de Seguridade Social.
    Metodoloxía da ensinanza
    Clases expositivas presenciais, nas que se expoñerán os aspectos básicos de cada unha das leccións do programa.
    Clases interactivas nas que se practicará sobre os aspectos máis relevantes explicados nas clases expositivas.
    Organización de seminarios e conferencias.
    Lecturas recomendadas.
    Sistema de evaluación
    A nota final obterase a partir de dous elementos:
    a) Exame final. A cualificación nel obtida supoñerá o 80% da nota final.
    b) Realización e exposición de casos prácticos nas clases interactivas, que supoñerán ata o 20% da nota final. Só se terá en conta esta cualificación no caso de que se tivese aprobado o exame final.

    En todo caso, para aprobar a materia será necesario ter aprobado o exame final.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Precísase suficiente tempo de estudo dada a dificultade desta materia.

    - Procurar a comprensión dos contidos da materia, á par que evitar a súa simple retención memorística. Para lograr tal fin, encóntranse as titorías, ademais da formulación en clase das cuestións que poidan resultar máis complexas.
    - Afrontar o estudo como unha tarefa continua.
    - Utilizar a aula virtual en que se deixarán materiais que facilitan o estudo.
    - Consultar as redes informáticas para encontrar as novidades lexislativas e xurisprudenciais, de sorte que se introducen coñecementos cun menor esforzo.

    Recomendacións para o estudo da materia
    A asistencia a clase é imprescindible.