G3021322 - Deseño de Procesos de Traballo (Organización do Traballo, Dirección e Xestión de Recursos Humanos) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
- Áreas: Organización de Empresas
- Centro: Facultade de Relacións Laborais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaTrátase de proporcionar ó alumnado unha visión o mais completa posible das diferentes alternativas coas que podemos atoparnos na práctica cando se trate de deseñar procesos de traballo. Ó mesmo tempo, preténdese que aquel adquira unha formación básica nas técnicas de estudo do traballo, en particular as relacionadas co estudo de métodos e co estudo de tempos de traballo, pois istos afectan de xeito particular sobre os traballadores e, en unha moi boa medida, determinan o grado de productividade do factor traballo
ContidosTEMA 1.- PRODUCCIÓN E PROCESO DE TRABALLO
1.1.- Produción e cadea de valor
1.2.- A produción como proceso: funcións, tarefas e operacións
1.3.- Clases de procesos de produción
TEMA 2.- INFLUENCIADORES DO DESEÑO DE PROCESOS
2.1.- O deseño de procesos de produción e traballo
2.2.- Os factores condicionantes do proceso de produción e de traballo
TEMA 3.- EFICACIA E EFICIENCIA DO PROCESO DE TRABALLO
3.1.- A eficacia e a eficiencia: dúas medidas diferentes
3.2.- A produtividade
3.3.- A produtividade e o tempo: o contido básico de traballo
TEMA 4.- TÉCNICAS PARA O DESEÑO DE PROCESOS DE TRABALLO: O ESTUDIO DO TRABALLO
4.1.- Concepto e técnicas
4.2.- Normalización
4.3.- Acondicionamento de centros e postos de traballo
4.4.- Manexo de materiais e distribución en planta
4.5.- Estudo e mellora de métodos de traballo
4.6.- Estudo de tempos de traballo
TEMA 5.- O ESTUDO DE MÉTODOS E MOVEMENTOS NO TRABALLO
5.1.- Concepto e obxectivos do estudo de métodos de traballo
5.2.- Procedemento básico para o estudo de métodos
5.3.- A selección do traballo a mellorar
5.4.- O rexistro do método de traballo e as súas técnicas
5.4.1.- Os diagramas de proceso
5.4.1.1.- O cursograma sinóptico
5.4.1.2.- O cursograma analítico
5.4.1.3.- O diagrama de recorrido e o diagrama de fíos
5.4.1.4.- O gráfico de actividades simultáneas e o gráfico de Gantt
5.5.- O estudo de movementos e micromovementos: concepto e técnicas
5.5.1.- O diagrama bimanual
5.5.2.- O simograma
5.6.- Examinar con espírito crítico: a técnica do interrogatorio e os principios de economía de movementos
5.7.- Idear un método mellor
5.8.- Definir o novo método, implantalo e mantelo en uso
TEMA 6.- A MEDICIÓN DO TEMPO DE TRABALLO
6.1.- Concepto e obxectivos do estudo de tempos de traballo
6.2.- Procedemento básico para o estudo de tempos de traballo
6.3.- As técnicas empregadas para o estudo de tempos
6.3.1.- A estimación
6.3.2.- Os datos históricos
6.3.3.- O mostraxe
6.3.4.- O cronometraxe ou medición directa
6.3.5.- Os tempos predeterminados
6.3.6.- Os datos tipo
6.4.- A medición do traballo e os traballadores
Bibliografía básica e complementariaAguirre de Mena y otros (2002): Organización y métodos de trabajo, Madrid, Pirámide
Caso Neira, A. (2003): Técnicas de medición del trabajo, Madrid, Fundación Confemetal
Castanyer figueras, F. (1993) Control de métodos y tiempos, Barcelona, Marcombo
Domíncuez Machuca, J. A. (2005): Dirección de operaciones:aspectos estratégicos en la producción y los servicios, Madrid, McGraw-Hill, 2005
Fernández Sánchez, Esteban (2006): Estrategia de producción, Madrid, McGraw-Hill
Heizer, Jay (2004): Dirección de la producción: decisiones estratégicas, Madrid, Prentice Hall
Heyzer, J., Render, B. (2009): Dirección de la producción y de operaciones. Decisiones estratégicas, Madrid, Pearson - Prentice Hall
Kanawaty, G. (1996): Introducción al estudio del trabajo, Ginebra, OIT
Martín López, M. y otros (2002): Métodos de trabajo. Casos prácticos, Madrid, Pirámide
Niebel, B: W. (1996): Ingeniería industrial. Métodos y tiempos, Bogotá, Alfaomega
Rodríguez Fernández, M. (2007): Procesos de trabajo. Teoría y casos prácticos, Madrid, Pearson
Sempere Ripoll yotros (2003): Aplicaciones de mejora de métodos de trabajo y medición de tiempos, Valencia, UPV
Velasco Sánchez, J. (2010): Organización de la producción. Distribuciones en planta y mejora de los métodos y los tiempos. Teoría y práctica, Madrid, Pirámide
CompetenciasContribución a competencias xerais da titulación:
- Localizar, analizar, sintetizar e xestionar diferentes fontes de información
-Traballar individualmente e en equipo
-Expoñer e defender axeitadamente, de xeito oral y/ou escrito, un asunto ou tema de carácter xeral o relacionado coa súa especialidade. Traballar e relacionarse cos outros respetando as normas básicas de convivencia, os dereitos fundamentais e los valores democráticos.
Contribución a competencias específicas da titulación
-Diferenciar, describir e aplicar técnicas, así como tomar decisións, no ámbito organizativo e da xestión de recursos humanos
Competencias específicas da materia:
-Capacidade para identificar e valorar os elementos dun proceso de traballo
-Comprensión das diferentes alternativas para a configuración dos procesos de traballo
-Capacidade para valorar a eficacia e a eficiencia dun método de traballo
-Capacidade para propor milloras no método de traballo
-Capacidade para comprender a importancia da medición do traballo
Metodoloxía da ensinanza A ensinanza da materia pódese dividir en dous grandes apartados: as clases maxistrais en grupos expositivos e as clases interactivas, nas que se realizarán exposicións, resolución de exercicios e análisis de casos.
O profesor, nas clases expositivas, tratará de explicar os conceptos e procesos básicos da materia, debendo o alumno complementar tales explicacións coa utilización dos materiais de traballo e manuais recomendados polo profesor en cada caso.
Nas clases interactivas, en base ó explicado nas de tipo expositivo, o alumnado deberá demostrar a adquisición ou posesión das competencias que se pretenden avaliar na asignatura. Para elo deberá resolver diferentes exercicios e casos, exporá temas e realizará diferentes aportacións personais solicitadas polo profesor
Sistema de evaluaciónA calificación final do alumnado será o resultado de dúas valoracións diferentes:
A) Os coñecementos, mediante o examen final da materia.
B) A capacidade do alumno para desenrolar o conxunto de competencias enumeradas con anterioridade, o que se deducirá das súas intervencións nas clases interactivas. Precisarase, para elo, da asistencia e a participación activa, o que permitirá avaliar de xeito continuo as súas actitudes e capacidades. Teranse tamén en conta os traballos realizados.
Farase un único examen final, na data oficial aprobada pola Xunta de Centro.
Na calificación final da materia, o resultado do examen suporá, como máximo, un 70% (nota máxima: 7) e a participación, avaliación na aula, así como os traballos realizados, como máximo un 30% (nota máxima: 3). Para superar a materia, a suma das dúas calificacións deberá ser igual ou maior que 5, debendo a nota do exame ser igual ou superior a 2,8 e a calificación das clases interactivas igual ou superior a 1,2. Si non se cumplise algun destes requisitos, a calificación final será tamén o resultado de sumar as dúas notas, pero, si aquela fose igual ou superior a 5, a calificación final será 4,5.
Recomendacións para o estudo da materiaA asistencia ás clases presenciais e interactivas (independentemente da súa obligatoriedade)facilitará, en grande medida, o estudo dos contidos da materia. Si esto fose así, estímase que, para o alumno tipo da titulación, bastaría cunha media de 3 horas semanais de estudo para poder superar a materia, incluindo neste tempo o que se lle debe dedicar á preparación de traballos que deberán ser realizados fora da aula.
Dado que existe unha importante relación entre as dúas, sería convinte que o alumnado afrontase o estudo da materia despois de haber superado a materia de 2º curso Organización do traballo.
Aqueles que teñan especial interés pola materia, atoparán a súa continuidade na optativa de 4º curso Dirección de operacións: programación e control do traballo.
ObservaciónsOs alumnos terán a sua disposición, na fotocopiadora do centro, a medida que os temas vaian sendo impartidos na aula, os esquemas, os exercicios e as lecturas que complementan a cada un dos incluídos no programa.