G3021323 - Facenda Pública: Réxime Fiscal da Empresa (Economía e Mercado de Traballo) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Aplicada
- Áreas: Economía Aplicada
- Centro: Facultade de Relacións Laborais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaPretendese que o estudante adquira os coñecementos necesarios para a organización e administración dos recursos do Sector Público. Compréndase o funcionamento xeral das finanzas do Sector Público. -Coñecemento da terminoloxía e significado conceptual dos distintos elementos dun imposto. Saber aplicar e resolver as líñas xerais do cálculo e liquidación dos impostos máis relevantes. Empregar os coñecementos adquiridos como base en asignaturas posteriores máis enfocadas á lexislación impositiva actual do noso país.
Contidos- Sector Público: Natureza e funcións
- Imposición e eficiencia. Principais distorsións do sistema impositivo: imposto sobre la renda, imposto de sociedades, imposto sobre o consumo.
- Estrutura do imposto: imposto sobre a renda, imposto de sociedades, imposto sobre o consumo. Sistemas de integración do imposto de sociedades o do imposto sobre a renda.
- Valoración económica da imposición: imposto sobre a renda, imposto de sociedades, imposto sobre o consumo.
Bibliografía básica e complementaria- ALBI IBÁÑEZ, E. e GARCÍA ARIZNAVARRETA, J. L., Sistema fiscal español, Barcelona, Ariel Economía, última edición.
- CARAMÉS VIÉITEZ, L., Introducción a la hacienda local y autonómica, Civitas, Madrid, 1994.
- COMÍN COMÍN, F., Historia de la hacienda pública, II, Crítica, Barcelona, 1996.
- Memento práctico Edersa, Francis Lefèvre, Madrid, última edición.
- ORTIZ CALZADILLA, R., Esquemas del sistema fiscal español, , Actualidad, Madrid, última edición.
- PÉREZ ROYO, F., Derecho financiero y tributario (parte general), Civitas, Madrid, última edición.
- Ruiz-Huerta, J. y Villoria, M. (2010). Gobernanza democratica y fiscalidad. Madrid. Tecnos
Bibliografía complementaria:
- PANIAGUA SOTO, f.j. y NAVARRO PASCUAL, R, (2010): Hacienda Pública I. Teoría del presupuesto y gasto público. Madrid. Uned y Prentice Hall.
- PANIAGUA SOTO, f.j. y NAVARRO PASCUAL, R, (2010): Hacienda Pública II. Teoría de los ingresos públicos. Madrid. Uned y Prentice Hall.
Códigos
É imprescindible que o alumno dispoña dun texto que recolla a regulación actualizada dos impostos que van ser obxecto de estudo durante o curso.
CompetenciasProporcionar ó alumno os coñecementos básicos, desde o punto de vista económico, da organización e funcionamento do Sector Público nas economías de mercado; así como, presentar os instrumentos cós que conta para exercer a súa actividade económica, examinalos problemas e efectos que plantexa o deseño e a utilización de ditos instrumentos e analizar as relacións financeiras entre os diferentes niveis de goberno (descentralización e harmonización).
Metodoloxía da ensinanza O curso desensenvolveráse mediante a exposición de clases teóricas e a realización de exercicios prácticos. Nas clases teóricas explicaranse os conceptos contidos en cada tema mediante a utilización de razoamentos verbais e gráficos. Periodicamente, realizaranse exercicios ou problemas relativos á materia estudada. Nambos casos, potenciarase a participación dos alumnos, tanto á hora de preguntar dubidas, como á de comentar cuestións actuais da materia obxecto de estudo. As prácticas consistirán na corrección de exercicios e comentarios de texto previamente realizados polos alumnos, sobre temas de actualidade relacionados có sector público español.
Sistema de evaluaciónA avaliación da asignatura levarase a cabo de maneira individual e continuada, tendo en conta os seguintes criterios:
- Exame escrito sobre os contidos das sesións maxistrais e prácticas. Esta cualificación suporá o 60% da nota final.
- Traballo de curso desenvolvido en grupo para elaborar un traballo especializado do tema correspondente asignado o do traballo escrito presentado, así como a súa defensa pública. Esta cualificación suporá el 30% da nota final.
- Exercicios presentados ó longo do curso sobre os diferentes temas teóricos tratados nas sesións maxistrais. Ditos exercicios serán realizados en clase, de forma individual ou en grupo, e serán corrixidos polos profesores e devoltos ós estudantes cos comentarios correspondentes. Esta cualificación suporá un 10% de la nota final.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NO AULA_______________________________________Horas
Clases expositivas _______________________________________30
Clases interactivas _____________________________________ 13
Clases con ordenador/laboratorio en grupo reducido________________________ 5
Titorias, outras sesións co profesor e avaliacións __________________________12
Total horas traballo presencial no aula_________________________________ 60
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO______________________________________Horas
Estudo autónomo individual ou en grupo_________________________________55
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos_____________________25
Programación/experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio__ 5
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar________________ 5
Total horas traballo persoal do alumno _ ______________________________90
Recomendacións para o estudo da materiaO alumno debe ter coñecementos básicos de economía e dereito.