Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Relacións Laborais  »  Información da Materia

G3021326 - Dereito Tributario (Elementos Xurídicos para as Relacións Laborais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 30.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Público Especial
  • Áreas: Dereito Financeiro e Tributario
  • Centro: Facultade de Relacións Laborais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
DUARDO SANCHEZ, ALIUSKA.NON
IGLESIAS CASAIS, JOSE MANUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo A - horario de mañá (A-K)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo B - horario de tarde (L-Z)OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Obxectivos da materia.
    • Afondamento no sistema conceptual propio do Dereito Tributario.
    • Estudo da problemática específica da aplicación do Tributo: manexo das categorías tributarias.
    • Coñecemento das fontes para:
    o Argumentar loxicamente.
    o Afondar no coñecemento.
    o Actualizar e autoxestionar o propio coñecemento.
    • Interrelación do Dereito Tributario co resto do ordenamento, sinaladamente neste eido co Dereito Público.
    • Formación de valores universais

    Contidos
    PROGRAMA
    Lección 1. Concepto, obxecto e autonomía.
    1.- A actividade financeira e a ciencia xurídica. Disciplinas que a estudan: a economía financeira, o dereito financeiro.
    2.- O dereito financeiro: concepto, obxecto e contido
    3.- Autonomía do dereito financeiro
    4.- O dereito tributario

    Lección 2. As fontes do Dereito Financeiro e Tributario.
    1.- A Constitución: o seu valor normativo.
    2.- Os tratados internacionais e o dereito supranacional.
    3.- A lei: lei orgánica, lei ordinaria. Leis codificadoras do Dereito Tributario: a Lei Xeral Tributaria. O principio de legalidade e a reserva de lei.
    4.- O decreto-lei.
    5.- Lexislación delegada.
    6.- O regulamento
    7.- Outras fontes

    Lección 3. Aplicación e interpretación das normas tributarias.
    1.-Eficacia da norma tributaria no espazo.
    2.- Eficacia da norma tributaria no tempo. A retroactividade e os seus límites.
    3.- Interpretación.
    4.-Integración: analoxía.
    5.- Simulación.
    6.- Conflito na aplicación da norma tributaria

    Lección 4. Principios constitucionais de xustiza tributaria
    Principio de capacidade económica
    Principio de progresividade e non confiscatoriedade.
    Principio de igualdade e xeneralidade.
    Outros principios.

    Lección 5. O poder financeiro dos entes territoriais.
    O poder financeiro do Estado
    O poder financeiro das Comunidades Autónomas
    O poder financeiro das Corporacións Locais
    O poder financeiro da Unión Europea.

    Lección 6. Os ingresos públicos.
    1.- Os ingresos públicos: caracterización.
    2.- Ingresos de dereito público/ingresos de dereito privado
    3.- Ingresos tributarios/ingresos non tributarios

    LECCIÓN 7 .- Categorías tributarias
    1.- Categorías tributarias.
    2.- O imposto: concepto e clases.
    3.- Contribucións especiais: concepto, carácteres e réxime xurídico.
    3.- A taxa: concepto e réxime xurídico.
    4.- Exaccións parafiscais: concepto, carácteres, evolución e situación actual.

    Lección 8. Relación xurídico- tributaria e obriga tributaria.
    1.- A relación xurídico- tributaria e a obriga tributaria.
    2.- Nacemento da obriga tributaria.
    3.- O feito impoñible: concepto, e elementos.
    4.-Exención e non suxeición.

    Lección 9. Suxeitos da obriga tributaria. (I)
    1.- Suxeitos activos.
    2.- Suxeitos pasivos.
    3.- Capacidade xurídica e capacidade de obrar tributaria.
    4.- Representación.
    5.- Domicilio fiscal.

    Lección 10.- Suxeitos da obriga tributaria. (II).
    1.- O contribuínte. Solidariedade por cotitularidade.
    2.- A substitución.
    3.- A responsabilidade tributaria.
    4.- A sucesión en dereito tributario

    Lección 11. Cuantificación da obriga tributaria.
    1.- Cuantificación: tributos fixos e variables
    2.- Base impoñible: concepto, modalidades e réximes de determinación.
    3.- Base liquidable.
    4.- Tipo de gravame: concepto e modalidades.
    5.- Cota tributaria.
    6.- Débeda tributaria.

    Lección 12.- Extinción da obriga tributaria.
    1.- Extinción da obriga: causas.
    2.- O pagamento: concepto e réxime xurídico.
    3.- Prescrición.
    4.- Outras causas de extinción.
    5.- Garantías do crédito tributario.

    LECCIÓN 13.- PROCEDEMENTOS DE APLICACIÓN DOS TRIBUTOS. CUESTIÓNS XERAIS.

    1.- Aproximación á evolución do procedemento de xestión tributaria:
    A) O sistema tradicional de xestión tributaria.
    B) A xestión tributaria trala extensión das autoliquidacións.
    2.- Ámbito de aplicación dos tributos.
    3.- Principios de aplicación dos tributos.
    4.- A organización administrativo-tributaria: a Axencia Estatal da Administración Tributaria e o Consello para a Defensa do Contribuínte.
    5.- Información e asistencia ós obrigados tributarios:
    a) publicacións;
    b) actuacións de información;
    c) as Consultas á Administración;
    d) información previa sobre o valor dos bens inmobles;
    e) acordos previos de valoración.
    6.- A colaboración social na aplicación dos tributos.

    LECCIÓN 14.- OS PROCEDEMENTOS DE APLICACIÓN DOS TRIBUTOS: NORMAS COMÚNS SOBRE ACTUACIÓNS E PROCEDEMENTOS TRIBUTARIOS.

    1.- Fases dos procedementos tributarios: inicio, desenvolvemento e remate.
    2.-Notificacións: lugar, suxeitos e clases.
    3.- As liquidacións tributarias: concepto, clases e notificación.
    4.- Entrada en domicilio.
    5.- A proba: carga da proba, medios e presuncións.
    6.-Obriga de resolver e prazos de resolución.
    7.- Denuncia pública.
    8.- Potestades e función de comprobación e investigación.

    LECCIÓN 15.- ACTUACIÓNS E PROCEDEMENTO DE XESTIÓN TRIBUTARIA.

    1.- Contido das funcións de xestión tributaria.
    2.- Formas de inicio: de oficio, a instancia do obrigado tributario.
    3.- A declaración: concepto e clases.
    4.- A autoliquidación.
    5.-A comunicación de datos.
    6.- Procedementos de xestión tributaria:
    a) Procedemento iniciado mediante declaración.
    b) Procedemento de verificación de datos.
    c) Procedemento de comprobación limitada.
    d) Procedemento de comprobación de valores. A taxación pericial contraditoria.
    e) Procedemento de devolución iniciado mediante autoliquidación, solicitude ou comunicación de datos.

    LECCIÓN 16.- ACTUACIÓNS E PROCEDEMENTO DE INSPECCIÓN.

    1.- A comprobación a través do procedemento de inspección: órganos, funcións e facultades.
    2. Procedemento de inspección:
    a) Inicio.
    b) Alcance, lugar e prazo das actuacións inspectoras.
    3.- Documentación das actuacións inspectoras: dilixencias, informes e actas.
    4.-Actas: concepto, contido e clases.

    LECCIÓN 17.-A RECADACIÓN.

    1.- A recadación: concepto e obxecto.
    2.- Órganos de recadación.
    3.- Recadación en período voluntario. O pagamento: concepto e réxime xurídico. Os ingresos espontáneos.
    4.- Aprazamentos e fraccionamentos.
    5.- Recadación en vía executiva: inicio e efectos.
    6.- O procedemento de prema:
    A) Normas xerais.
    B) Inicio e desenvolvemento: execución de garantías, dilixencia e práctica do embargo, enaxenación dos bens embargados.
    C) Terminación do procedemento
    7.- Procedemento fronte a responsables e sucesores.


    LECCIÓN 18.- A POTESTADE SANCIONADORA. INFRACCIÓNS TRIBUTARIAS E PROCEDEMENTO SANCIONADOR.

    1.- Dereito penal vs. dereito sancionador tributario.
    2.- Principios do dereito sancionador tributario.
    3.- Concepto de infracción tributaria.
    4.- Suxeitos infractores e circunstancias que exclúen a responsabilidade.
    5.-Extinción da responsabilidade.
    6.- Sancións tributarias: cualificación, clases e gradación.
    7.- Procedemento sancionador.

    LECCIÓN 19.-REVISIÓN DOS ACTOS DE NATUREZA TRIBUTARIA.

    1.- A revisión dos actos de natureza tributaria.
    2. Os procedementos especiais de revisión:
    2.2.- Declaración de lesividade de actos anulables;
    2.3.- A revogación;
    2.4.- Rectificación de erros;
    2.5.- A devolución de ingresos indebidos.
    3.- O recurso de reposición.
    4.- As reclamacións económico-administrativas:
    4.1.- Actos impugnables;
    4.2.- Órganos competentes;
    4.3. Tramitación;
    5.- Procedemento abreviado ante órganos unipersoais.
    6.- Recurso de alzada ordinario.
    7.- Recurso extraordinario de alzada para a unificación de criterio.
    8.- Recurso extraordinario para a unificación de doutrina.
    9.Recurso extraordinario de revisión.

    MATERIAS AFÍNS
    Facenda Pública
    Dereito Administraivo
    Dereito Civil
    Dereito Mercantil
    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica e complementaria.
    - FERREIRO LAPATZA, J. J., Derecho Tributario. Parte General. (Teoría general del tributo. Obligaciones. Procedimiento. Sanciones), Marcial Pons, Madrid-Barcelona, última edición.
    - CASADO OLLERO, LOZANO SERRANO, MARTÍN QUERALT e TEJERIZO LÓPEZ, Curso de Derecho Financiero y Tributario, Tecnos, Madrid, última edición
    - PÉREZ ROYO, F., Derecho Financiero y Tributario. Parte General, Civitas, Madrid, última edición

    Coleccións lexislativas: calquera delas, sempre que estean actualizadas (setembro de 2011)

    - Código Tributario, Aranzadi, Pamplona
    - Derecho Financiero y Tributario. Normas básicas, Lex Nova, Valladolid
    - Derecho Financiero y Tributario,Ariel, Madrid.

    Algunhas direccións de interese:

    http://www.aeat.es/ Axencia Estatal de Administración Tributaria.
    http://www.boe.es/ Boletín Oficial do Estado.
    http://www.tribunalconstitucional.es/. Tribunal Constitucional.
    http://www.aedaf.es/ Asociación Española de Asesores Fiscales.
    http://www.europa.eu.int/ Información sobra a Unión Europea
    http://www.europa.eu.int/eur-lex/es/index.html Repertorio de Dereito da Unión Europea

    Competencias
    Competencias
    Obxectivos relacionados cos novos coñecementos.
    • Acercamento ao sistema conceptual propio do Dereito Financeiro e Tributario, especialmente na vertente do Dereito Tributario
    • Estudio da problemática específica da aplicación do Dereito Financeiro e Tributario.
    • Coñecemento do réxime normativo das categorías tributarias.
    • Aplicación das categorías xerais do Dereito Financeiro e tributario.
    • Resolución de problemas derivados das fontes e o réxime xurídico xeral dos tributos.
    • Coñecemento do réxime normativo da obriga tributaria.
    Obxectivos relacionados co dominio de certas ferramentas de aprendizaxe ou de formación (xenéricas)
    • Coñecemento das fontes para:
    o Argumentar loxicamente.
    o Profundar no coñecemento.
    o Actualizar e autoxestionar o propio coñecemento.
    • Plasmación práctica das solucións aos problemas (Escritos, formularios, etc.)
    • Interrelación do Dereito Financeiro e Tributario co resto do ordenamento.
    Obxectivos vinculados a valores ou actitudes importantes en función da materia ou do seu sentido no plano de estudos:
    • Coñecemento dos conceptos básicos do Dereito tributario.
    • Manexo dos textos normativos para a resolución de casos prácticos.
    • Manexo das ferramentas informáticas coma instrumento de traballo.
    • Análise crítica das normas e principais resolucións xurisprudenciais obxecto de estudo


    Metodoloxía da ensinanza
    Metodoloxía da ensinanza
    Horas de teoría e de práctica (seminario). Nas horas teóricas abordaranse os problemas esenciais das diversas cuestións básicas da disciplina e nas horas prácticas afondarase nos seus aspectos concretos a través da análise de resolucións de casos prácticos, comentarios de textos ou calquera outro aspecto que permita achegarse á realidade da actividade financeira nestes aspectos iniciais.

    Sistema de evaluación
    Sistema de avaliación da aprendizaxe
    Preténdese establecer, se o número de alumnos o permite, un sistema de avaliación continua no que se terán en consideración diversos elementos e que poderá supoñer o 40% da nota final.
    Así, faránse:
    * Exames tipo test (resposta única e cualificación negativa das respostas incorrectas) despois de certos grupos temáticos, que valerán 2 puntos
    * Entrega de traballos, solución de casos prácticos, etc., que valerán 1 punto
    * Asistencia e participación nas clases, que valerán 1 punto.
    * Un exame final teórico e práctico que valerá os 6 puntos restantes.

    Será necesario superar cada unha das diversas partes para poder superar a asignatura (non basta, xa que logo, sumar 5 puntos para superar a materia, é preciso que eses 5 puntos se obteñan de xeito repartido en cada unha das pautas valorativas recollidas.
    Aos efectos da Normativa de Permanencia da USC, son actividades académicas avaliables o exame final, a participación activa nas clases interactivas e, no seu caso, a presentación de traballos.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Créditos ECTS
    Créditos ECTS: 6.00
    Total: 6.0
    Horas ECTS
    Clase Expositiva: 30.00
    Clase Interactiva: 18.00
    Horas de Titorías: 3.00
    Total: 51.0


    Tempo total de estudo recomendado: 60 horas teóricas e 36 prácticas.


    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase o estudo diario da materia –vinculando a asimilación de conceptos á súa explicación nas clases– e, tamen, a resolución dos diversos casos prácticos, que permitan ao alumno contrastar –case coma un sistema de autoavaliación– o nivel de comprensión acadado. De igual xeito, é altamente recomendable o recurso ás titorías para aclarar conceptos e resolver problemas.

    Observacións
    As clases impartiránse en castelán e/ou galego.
    Coordinador: Prof. Iglesias Casais