G3021328 - Técnicas de Apoio á Dirección (Organización do Traballo, Dirección e Xestión de Recursos Humanos) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 12.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 3.00
- Clase Interactiva Seminario: 33.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
- Áreas: Organización de Empresas
- Centro: Facultade de Relacións Laborais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaComo futuros expertos en materia de organización do traballo e recursos humanos, os graduados están chamados a ocupar distintos postos de dirección relacionados con aquelas actividades en diferentes organizacións. O obxectivo desta materia é familiarizar ó alumnado con un conxunto de técnicas de diferente tipo que lle permitan a interpretación de certas informacións que todo directivo debe saber empregar, facilitarlles a toma de decisións, a resolución de problemas e o deseño e interpretación de diferentes gráficos e documentos de uso habitual.
ContidosTEMA 1.- FINANZAS E INVERSIÓN: CÁLCULO DO BENEFICIO E A RENDABILIDADE. MÉTODOS DE SELECCIÓN DE INVERSIÓNS
TEMA 2.- ANÁLISE E RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS: TÉCNICA DOS PORQUÉS. DIAGRAMA DAS SEIS PALABRAS. DIAGRAMA CAUSA - EFECTO. TORMENTA DE IDEAS. DIAGRAMA DE PARETO. DIAGRAMAS DE FLUXO
TEMA 3.- GRÁFICOS ORGANIZATIVOS: ORGANIGRAMAS. ESQUEMAS LINEAIS DE RESPONSABILIDADE. GRÁFICOS DE DISTRIBUCIÓN DO TRABALLO
TEMA 4.- CÓMO REDACTAR INFORMES E DOCUMENTOS: O INFORME. OUTROS DOCUMENTOS EMPRESARIAIS
Bibliografía básica e complementaria- - BERNAL, J J., SÁNCHEZ, J. F. y MATÍNEZ, S. M. (2007): 20 herramientas para la toma de decisiones. MÉTODO DEL CASO, Madrid, Especial Directivos
- GALLOWAY, D. (1998): Mejora continua de procesos. Cómo rediseñar los procesos con diagramas de flujos y análisis de tareas, Gestión 2000, Barcelona
- Gestionar proyectos : una guía práctica para gestionar tareas y personas (2006). Harvard Bussines School Press. Pocket mentor, Deusto, Barcelona
- GONZÁLEZ DOMÍNGUEZ, F. J. y GANAZA VARGAS, J. D. (2007): Principios y fundamentos de gestión de empresas, Pirámide, Madrid
- GUERRA PEÑA, L. et al. (2002): Gestión integral de proyectos FC Editorial, Madrid
- MOYANO FUENTES, J. et al. (2002): Prácticas de organización de empresas. Cuestiones y ejercicios resueltos, Prentice Hall-Pearson, Madrid
- PALOMO VADILLO, M. T. (2010): Liderazgo y motivación de equipos de trabajo, ESIC, Madrid
- RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, M. (2007): Procesos de trabajo. Teoría y casos prácticos, Pearson-Prentice Hall, Madrid
- ROBBINS, S. Y COULTER, M. (2005) : Administración. Prentice Hall- Pearson, México (8ª y 6ª Ed.)
- VELILLA BARQUERO, R. (1995): Guía práctica para la redacción de informes, EDUNSA, Barcelona
- WINTERS, R. S. (2000): Manual de trabajo en equipo, Díaz de Santos, Madrid
CompetenciasContribución a competencias xerais da titulación:
- Localizar, analizar, sintetizar e xestionar diferentes fontes e tipos de información
-Traballar individualmente e en equipo
- Expoñer e defender axeitadamente, de forma oral e/ou escrita, un asunto ou tema de carácter xeral o relacionado coa súa especialidade.
-Traballar e relacionarse cos outros respectando as normas básicas de convivencia, os dereitos fundamentais e os valores democráticos.
Contribución a competencias específicas da titulación
- Diferenciar, describir e aplicar técnicas, así como tomar decisións no eido organizativo e da xestión de recursos humanos.
Competencias específicas da materia:
-Capacidade para valorar a aplicabilidade de diferentes técnicas de apoio á adopción de decisións en materia de xestión de personal e organización do traballo.
-Capacidade para elexir as técnicas mais axeitadas en cada caso e proceder a súa aplicación
Metodoloxía da ensinanza Ainda que na asignatura se lle dedicará un certo tempo ós fundamentos teoricos, ésta ten un caracter eminentemente práctico, o que se materializa nunha diferente distribución no número de horas expositivas e interactivas. De este xeito, para cada tema, ol profesor, nas sesións expositivas ou teoricas, realizará unha introducción, na que exporá os conceptos xerais e explicará as diferentes técnicas cos alumnos deben coñecer, apoiándose nos diferentes documentos e bibliografía que aquel aportará e/ou suxerirá. Despois, nas clases interactivas ou prácticas, propondranse exemplos e casos prácticos que os alumnos deberán resolver, individualmente ou en grupo, na aula pero tamén fora dela; realizarase algunha exposición; deseñaranse enunciados e problemas, así como outros tipos de actividades, dependendo de cada tema e do calendario de clases.
Os alumnos contarán tamén, como apoio complementario á docencia, cun curso virtual, ó que poderán acceder todos os matriculados oficialmente na asignatura, debendo estar rexistrados ou dados de alta no campus virtual da USC para facer uso do mesmo.
Sistema de evaluaciónO sistema de avaliación da materia axeitarase ó tipo de docencia empregada: as clases maxistrais en grupos expositivos e as clases interactivas en grupos reducidos. Valoraránse, por unha banda, os coñecementos, e pola outra, as capacidades e habilidades do alumnado relacionadas co conxunto de competencias enumeradas con anterioridade. Para que isto sexa posible, será fundamental a asistencia e a participación activa do alumnado,pois soio así poderanse avaliar de xeito continuo as actitudes e capacidades demostradas nas clases interactivas.
Realizarase un único examen final, na data oficial aprobada pola Xunta de Centro, publicada no taboleiro de anuncios e na páxina web do centro. O examen terá caracter práctico (exercicios e casos), ainda que pode incorporar algunha pregunta teorica.
Na calificación final da materia, o resultado do examen suporá un 70% sendo necesario acadar una nota de 4 sobre 10 para poder sumar a parte relativa á participación, e a participación (non chega coa asimple asistencia) e avaliación na aula, así como os traballos realizados, un 30%, aproximadamente.
Recomendacións para o estudo da materiaOs alumnos terán a súa disposición, na fotocopiadora do centro, a medida clos temas vaian siendo impartidos na aula, os esquemas, os exercicios e as lecturas que complementan a cada un dos incluídos no programa
Utilización das lecturas recomendadas e dos apuntes dispoñibles na fotocopiadora do centro.
Aproveitamento das posibilidades do curso virtual
ObservaciónsA existencia dun curso de apoio virtual á docencia presencial será unha ferramenta de grande utilidade para o alumno, que deberá preocuparse por manterse ó día respecto dos contidos que no mesmo vaian sendo introducidos a medida que avance a asignatura. A axeitada utilización dos contidos do curso virtual pode facilitar en boa medida a superación da materia.
En cualquera caso, a asistencia a clase é un factor decisivo á hora de afrontar con éxito o estudio e superación da asignatura. O curso virtual non sustituie, sinon que complementa á docencia presencial.
O tema 4 será preparado polo alumnado, e avaliado mediante a presentación dun informe, a nota de dito informe incluírase na parte da participación do alumnado.